Capítulo 16

1 2 3 A os quince días do segundo mes despois de que saíran da terra de Exipto, toda a congregación dos fillos de Israel partiu de Elim e chegou ao deserto de Sin, que está entre Elim e Sinaí. Entón toda a congregación dos fillos de Israel murmurou contra Moisés e Aarón no deserto. E dixéronlles os fillos de Israel: quen nos dera ter morto por man de IaVeH na terra de Exipto, cando nos sentabamos xunto á pota de carne, cando comiamos pan a fartar. Sacástesnos a este deserto para matar de fame a toda esta multitude! 4 Entón IaVeH díxolle a Moisés: velaí que eu fago chover pan dos ceos para vós, e sairá o pobo e recollerá diariamente a porción dun día, para que eu o probe se anda na miña ley, ou non. 5 Mais o sexto día prepararán para gardar o dobre do que adoitan recoller cada día. 6 Entón dixéronlle Moisés e Aarón a tódolos fillos de Israel: ao atardecer saberedes que IaVeH sacouvos da terra de Exipto, 7 e pola mañá veredes a gloria de IaVeH, porque El oiu as vosas murmuracións contra IaVeH. Pois nós, quen somos para que murmuredes contra nós? 8 Dixo Moisés: IaVeH daravos pola mañá carne para comer e pola tarde pan a fartar. Porque IaVeH oiu as vosas murmuracións que murmuráchedes contra El. Porque nós, que somos? As vosas murmuracións non son contra nós, senón contra IaVeH. 9 E díxolle Moisés a Aarón: dille a toda a congregación dos fillos de Israel: vinde á presenza de IaVeH, porque oiu as vosas murmuracións. 10 E mentres Aarón lle falaba a toda a comunidade dos fillos de Israel, miraron cara o deserto, e velaí a gloria de IaVeH apareceu na nube. 11 E IaVeH faloulle a Moisés, dicindo: 12 Eu oín as murmuracións dos fillos de Israel. Fálalles, dicindo: ao atardecer comeredes carne, e pola mañá fartarédesvos de pan, e saberedes que Eu son IaVeH o voso Deus. 13 E aconteceu que pola tarde subiu o paspallás e cubriu o campamento, e pola mañá había unha capa de orballo arredor do campamento. 14 Cando se evaporou o orballo, velaí sobre a superficie do deserto había unha fina folerpa, fina coma xeada sobre a terra. 15 Cando o viron os fillos de Israel, dixéronse os uns aos outros: que é isto? Pois non sabían que era aquilo. Entón Moisés díxolles: iso é o pan que IaVeH vos da para comer. 16 Isto é o que mandou IaVeH: recollede cada un o que ha de comer. Conforme ao número das vosas persoas, tomaredes cada un para os da súa tenda, un gomer por cabeza. 17 Así fixeron os fillos de Israel, e uns recolleron máis e outros menos. 18 Medíano por gomer, e non lle sobrou ao que recollera moito, nin lle faltou ao que recollera pouco. Cada quen recolleu conforme ao que había de comer. 19 E díxolles Moisés: que ninguén garde nada del para mañán. 20 Pero non escoitaron a Moisés, e algúns gardaron del até o día seguinte, e criou vermes, e fedeu, e Moisés enfadouse con eles. 21 E recollíano de mañá en mañá, cada quen segundo o que había de comer, e cando o sol quentaba, derretíase. 22 O sexto día recolleron o dobre de pan, dous gómers para cada quen, e viñeron todos os xefes da comunidade e informaron a Moisés. 23 E díxolles: isto é o que dixo IaVeH: mañán é día de repouso, sábado santo a IaVeH. O que teñades que cocer, cocédeo, e o que teñades que ferver, fervédeo, e todo o que sobre gardádeo para vós para mantelo ata a mañá. 24 E eles gardárono até a mañá, como Moisés mandara, e non fedeu, nin houbo vermes nel. 25 E dixo Moisés: comédeo hoxe, porque hoxe é día de repouso para IaVeH. Hoxe non o acharades no campo. 26 Seis días o recolleredes, máis o sétimo día é día de repouso, ese día non haberá. 27 E o sétimo día saíron algúns do pobo a recoller e non acharon. 28 E díxolle IaVeH a Moisés: Ata cando vos negaredes a gardar os meus mandamentos e as miñas instrucións? 29 Mirade que IaVeH deuvos o día de repouso, e por iso o sexto día davos pan para dous días. Qedádevos cada un no seu lugar e non saia ninguén do seu sitio no sétimo día. 30 Así o pobo descansou no sétimo día. 31 E a casa de Israel chamouno Maná. Era coma a semente do cilantro, branco, e o seu sabor era como escamas con mel. 32 E dixo Moisés: isto é o que mandou IaVeH: enchede un gómer del e gardádeo para os vosos descendentes, para que vexan o pan que vos din comer no deserto, cando vos saquei da terra de Exipto. 33 34 35 36 E díxolle Moisés a Aarón: colle unha vasilla e pon nela un gómer de maná completo, e colócaa diante de IaVeH, para gardalo para os vosos descendentes. E Aarón púxoo diante do Testimonio para gardalo, tal e como IaVeH lle mandou a Moisés. Así comeron os fillos de Israel maná durante corenta anos, até que chegaron a terra habitada. Comeron maná ata que chegaron ao borde da terra de Canaán. E un gómer é a décima parte dun efa.