1 Entón Moisés e os fillos de Israel cantaron un cántico a IaVeH, dicindo: Cantarei eu a IaVeH porque glorificouse grandemente, botou ao mar o cabalo e o xinete. 2 IaVeH é a miña fortaleza e o meu cántico, e foi a miña salvación. Este é o meu Deus, e alabareino, Deus de meu pai, e enaltecereino. 3 ¡IaVeH é varón de guerra! ¡IaVeH é o seu nome! 4 Botou ao mar os carros de Faraón e o seu exército, e os mellores dos seus capitáns foron afundidos no Mar Vermello. 5 Os abismos cubríronos, descenderon ás profundidades como pedras. 6 A túa destra, oh IaVeH! É magnificada en poder. A túa destra, oh IaVeH! Quebrantou ao inimigo. 7 E na grandeza do teu poder derribaches aos teus oponentes. Enviaches a túa ira, consumiunos como restrollo. 8 Có vento dos teus narices amontoáronse as augas, mantivéronse como muro fluido, os abismos calláronse no corazón do mar. 9 O inimigo dixo: perseguirei, apresarei; repartirei despoxos; A miña alma saciarase deles; Sacarei a miña espada; Destruiraos a miña man. 10 Sopraches co teu vento, Cubriunos o mar; Afundíronse como chumbo nas augas impetuosas. 11 Quen coma ti, oh IaVeH, entre os deuses? Quen coma ti, magnífico en santidade, terrible en marabillosas fazañas, artesán de prodixios? 12 Extendiches a túa man destra; A terra tragounos. 13 Conduciches na túa misericordia a este pobo que redimiches; Guiáchelo no teu poder cara a túa santa morada. 14 Os pobos oirano e tremerán; Angustia sobresaltará aos habitantes de Filistea. 15 Entón aterrorizaranse os xefes de Edom; Aos líderes de Maob sobresaltará o tremor. Hanse acovardar todos os habitantes de Canaán. 16 Caia sobre eles terror e espanto; Á grandeza do teu brazo enmudezan como a pedra; Até que pase o teu pobo, oh IaVeH! Até que pase o pobo que ti adquiriches. 17 Ti os introducirás e os plantarás no monte da túa herdanza. O lugar que preparaches para a túa morada, oh IaVeH! O santuario, oh IaVeH, que estableceron as túas mans. 18 IaVeH reinará eternamente e para sempre! 19 Porque cando entrou no mar a cabalería de Faraón, cos seus carros e os seus xinetes, IaVeH volveu sobre eles as augas do mar, mentres que os fillos de Israel andiveron en seco polo medio do mar. 20 Entón Miriam, a profetisa, irmá de Aarón, colleu un pandeiro na man, e tódalas mulleres saíron tras dela con pandeiros e con danzas. 21 E Miriam respondíalles: Cantade a IaVeH, porque magnificouse grandemente, botou ao mar o cabalo e o xinete! 22 E fixo Moisés que Israel partise do Mar Vermello. E saíron ao deserto de Shur. Andiveron tres días polo deserto, e non atoparon auga. 23 Chegaron a Mara, pero non puideron beber as augas de Mara porque eran amargas, por iso lle puxeron o nome de Mara. 24 Entón o pobo murmurou contra Moisés, dicindo: que beberemos? E 25 Moisés clamou a IaVeH, e IaVeH mostroulle madeira, e botouna nas augas e as augas endulzáronse. E foi alí onde lle deu decreto e mandamento, e onde os probou. 26 E dixo: se escoitas atentamente a voz de IaVeH teu Deus, e fas o recto ante os seus ollos, e prestas oído aos seus mandamentos, e gardas todos os seus estatutos, ningunha enfermidade das que puxen sobre Exipto porei sobre ti, porque Eu son IaVeH o teu Curador. 27 E chegaron a Elim, onde había doce fontes de auga o setenta palmeiras, e acamparon alí xunto ás augas.