1 Faloulle IaVeH a Moisés, dicindo: 2 fálalle aos fillos de Israel que regresen e acampen diante de Pi-harirot, entre Migdol e o mar, frente a Baal-Zefón. Diante del acamparedes xunto ao mar. 3 E dirá Faraón sobre os fillos de Israel: eles están perdidos pola terra, o deserto encerrounos. 4 Eu endurecerei o corazón de Faraón e el perseguiravos, e glorificareime en Faraón e en todo o seu exército, e saberán os exipcios que eu son IaVeH. E así fixeron eles. 5 E foi comunicado ao rei de Exipto que o pobo huira, e mudou o corazón de Faraón e dos seus servintes contra o pobo, e dixeron: que fixemos deixando marchar a Israel da nosa escravitude? 6 Entón preparou o seu carro e tomou o seu pobo consigo, 7 tomou seiscentos carros escollidos e tódolos carros de Exipto con capitáns sobre cada un deles. 8 E endureceu IaVeH o corazón de Faraón rei de Exipto e persegiu aos fillos de Israel, mais os fillos de Israel saíran con man alzada. 9 Os exipcios perseguíronos e alcanzáronos acampando xunto ao mar, con todos os cabalos dos carros de Faraón, os seus xinetes e o seu exército, xunto a Pi-hahirot, fronte a Baal Zefón. 10 Cando Faraón se acercou, os fillos de Israel alzaron os seus ollos e velaí os exipcios ían tras eles. Entón os fillos de Israel asustáronse moito e clamaron a IaVeH. 11 E dixéronlle a Moisés: Non había nichos en Exipto que nos trouseches morrer no deserto? Que nos fixeches ao sacarnos de Exipto? 12 Acaso non cho dixemos en Exipto, que nos deixases para servirmos a Exipto? Pois era mellor para nós servir a Exipto que morrer no deserto. 13 Díxolle Moisés ao pobo: non temades! Estade firmes e vede a salvación de IaVeH que El fará para vós hoxe, os exipcios que vedes hoxe non os volveredes ver nunca máis! 14 IaVeH loitará por vós, e vós quedádevos quietos. 15 Entón IaVeH díxolle a Moisés: por que clamas a min? Dille aos fillos de Israel que se poñan en marcha! 16 E ti alza a túa vara, extende a túa man sobre o mar e divídeo, e pasen os fillos de Israel en medio do mar por terra seca! 17 E velaí eu endurecerei o corazón dos exipcios e irán tras eles, e glorificareime en Faraón e en todo o seu exército, nos seus carros e nos seus xinetes. 18 E saberán os Exipcios que Eu son IaVeH cando me glorifique en Faraón, nos seus carros e nos seus xinetes. 19 Entón o anxo de Deus que marchaba diante da multitude de Israel retirouse e púxose detrás deles, a moveuse a columna de nube de diante deles e colouse detrás. 20 A nube ía entre o campamento dos exipcios e o campamento de Israel. Era nube de escuridade para os exipcios, mais para os israelitas alumeaba a noite. E non se achegaron os uns aos outros en toda a noite. 21 Moisés extendeu a súa man sobre o mar, e IaVeH retirou o mar por medio dun forte vento oriental toda a noite, e as augas dividíronse e volveu o mar en terra seca. 22 Entón os fillos de Israel entraron polo medio do mar, sobre o seco, e as augas eran para eles paredes a súa dereita e a súa esquerda. 23 Os exipcios perseguíronos e todo cabalo de Faraón, os seus carros e os seus xinetes foron tras deles no medio do mar. 24 Máis á vixilia da mañá, IaVeH mirou ao exército de Exipto dende a columna de lume e nube, e confundiu ao exército de Exipto, 25 facendo caer as rodas dos seus carros, de xeito que os conducían con dificultade, polo que Exipto dixo: fuxamos de diante de Israel, pois IaVeH loita por eles contra os exipcios! 26 IaVeH dixo a Moisés: extende a túa man sobre o mar e as augas volverán sobre os exipcios, os seus carros e os seus xinetes. 27 Entón Moisés extendeu a súa man sobre o mar e ao amencer volveu o mar ao seu lugar, e os exipcios atopábanse con el ao fuxir, e IaVeH deribbou aos exipcios no medio do mar. 28 As augas retornaron e cubriron os carros, os xinetes e todo o exército de Faraón que fora tras deles, non quedou nin un deles. 29 E os fillos de Israel pasaron en seco polo medio do mar, tendo as augas como muro á súa dereita e á súa esquerda. 30 Así salvou IaVeH aquel día a Israel de man dos exipcios, e Israel viu os exipcios mortos á ribeira do mar. 31 E viu Israel o gran poder que IaVeH exercera contra os exipcios, e o pobo temeu a IaVeH, e creron en IaVeH e en Moisés seu servo.