1
Irmáns, o desexo do meu corazón e miña oración a Deus é para a súa salvación.
2
Pois dou testemuño a seu favor de que teñen celo de Deus, pero non conforme a un pleno coñecemento.
3
Pois descoñecendo a xustiza de Deus e procurando establecer a súa propia, non se someteron á xustiza de Deus.
4
Pois Cristo é o obxectivo da lei para xustiza a todo aquel que cre.
5
Porque Moisés escribe que o home que practica a xustiza que é da lei, vivirá por ela.
6
Pero a xustiza que é da fe di así: NON DIGAS NO TEU CORAZÓN: "QUEN SUBIRÁ AO CEO?" (isto é, para facer baixar a Cristo),
7
ou "QUEN DESCENDERÁ AO ABISMO?" ( isto é, para subir a Cristo de entre os mortos).
8
Mais, que di? CERCA DE TI ESTÁ A PALABRA, NA TÚA BOCA E NO TEU CORAZÓN, esto é, a palabra de fe que predicamos:
9
que se confesas coa túa boca a Xesús por Señor, e cres no teu corazón que Deus o resucitou de entre os mortos, será salvo;
10
porque co corazón crese para xustiza, e coa boca se confesa para salvación.
11
Pois a Escritura di: "TODO O QUE CRE NEL NON SERÁ AVERGOÑADO".
12
Porque non hai distinción entre xudeu e grego, pois o mesmo Señor é Señor de todos, sendo rico en riquezas para todos os que o invocan;
13
porque TODO AQUEL QUE INVOQUE O NOME DO SEÑOR SERÁ SALVO.
14
Como, pois, invocarán a aquel en quen non creron? E como crerán naquel de quen no ouviron? E como ouvirán sen haber quen lles pregue?
15
E como pregarán se non son enviados? Tal como está escrito: QUE FERMOSOS SON OS PÉS DOS QUE ANUNCIAN O EVANXEO DO BEN.
16
Porén, non todos fixeron caso ao Evanxeo, porque Isaías di: SEÑOR, QUEN CREU O NOSO ANUNCIO?
17
Así que a fe ven polo ouvir, e o ouvir, pola palabra de Cristo.
18
Pero eu digo, acaso nunca ouviron? Certamente que si: POR TODA A TERRA SAÍU SÚA VOZ, ATA OS CONFÍNS DO MUNDO AS SÚAS PALABRAS
19
E digo: Acaso Israel non sabía? En primeiro lugar, Moisés di: EU PROVOCAREIVOS A CIUMES CUN pobo QUE NON É POBO; CUN POBO SEN ENTENDEMENTO PROVOCAREIVOS A IRA.
20
E Isaías é moi ousado e di: FUN ACHADO POLOS QUE NON ME PROCURABAN; MANIFESTEIME AOS QUE NON PREGUNTABAN POR MIN.
21
Pero en canto a Israel di: TODO O DÍA EXTENDÍN MIÑAS MIÑAS MÁNS A UN POBO DESOBEDIENTE E REBELDE.