1
Aceptade ao que está débil na fe, pero sen xulgar as súas opinions.
2
Un que ten fé pode comer de todo, mais o débil só come verduras
3
O que come que non menosprece ao que non come e o que non come non xulgue ao que come, porque Deus o aceptou así.
4
Quen es ti para xulgar ao criado alleo? Quede en pé ou que caia é para o seu amo, e querdará en pé, porque poderoso é o Señor para mantélo firme
5
Un xulga que un día é mellor que outro, outro pensa que todos os días son iguais. Cada quen estea completamente convencido do seu propio sentir.
6
O que aparta certo día, para o Señor o aparta; e o que come, para o Señor come; e o que non come, para o Señor se abstén, e da grazas a Deus.
7
Porque ningún de nós vive para si e ningun morre para si mesmo;
8
xa que se vivimos, para o Señor vivimos, e se morremos, para o Señor morremos, polo tanto xa sexa que vivamos ou que morramos, do Seños somos.
9
Porque por isto morreu Cristo e resucitou, para ser o Señor tanto dos mortos coma dos vivos.
10
Mais ti, por que xulgas ao teu irmán? Ou tamén, ti, por que menostrezas ao teu irmán? Xa que todos compareceremos ante o tribunal de Deus.
11
Porque está escrito: Porque eu vivo - di o Señor - diante de min se axeollará todo o mundo e toda lingua ha confesar a Deus.
12
De xeito que cada un de nós dará conta de si mesmo.
13
Entón non nos xulguemos os uns aos outros, senon tomade esta decisión: non pór obstáculo aou pedra de tropezo diante do irmán.
14
Sei, e estou convencido no Señor Xesús, de que nada é inmundo en si mesmo; mais para o que pensa que algo é inmundo, para el si o é.
15
Porque se por mor da comida o teu irmán se pon triste, xa non obras segundo o amor. Non destruas coa comida a aquel por quen Cristo morreu.
16
Polo tanto, non permitades que se fale mal do que para nós é bo.
17
Porque o Reino de Deus non é comida nen bebida, senon xustiza, paz e gozo no Espírito Santo.
18
Porque o que sirve a Cristo nisto, é agradable a Deus e aprobado polos homes.
19
Así que busquemos o que contribue á paz e á edificación o un do outro.
20
Non destruas a obra de Deus por causa da comida. Certamente todas as cousas son limpas, mais son malas para a persoa que escandaliza a outro co que come.
21
É mellor non comer carne nen beber viño nen facer calquera cousa que faga tropezar ao teu irmán.
22
A convicción que ti tes, gárdaa para ti proprio diante de Deus. Feliz o que non se condena a si mesmo no que aproba.
23
Mais o que dubida, se come se condena porque non o fai por convicción; e todo o que non procede da fe, é pecado.