Capítulo 9

1 Reunindo aos doce, deulle poder e autoridade sobre demonios e para sanar enfermedades. 2 E os enviou para proclamar o reino de Deus e sanar ao enfermos 3 E lles dixo: No collades nada para o camiño, nen caxato, nen alforxa, nen pan, nen diñeiro, nen collades dúas túnicas cada un. 4 En calquera casa onde entredes, quedade alí, y saíde tamén desde alí. 5 Tocante aos que non vos reciban, ao sair desa cidade, sacudide o pó dos vosos pés para testemuña en contra deles. 6 Entón saíron, e ían polas aldeas anunciando o evanxeo e sanando por todas partes. 7 Herodes, o tetrarca, enterouse de todo o que estaba pasando e estaba perplexo, porque algúns dician que Xoán resucitara de entre os mortos, 8 outros, que Elías aparecera, e outros, que algún profeta dos antigos resucitara. 9 Entón Herodes dixo: Fixen decapitar a Xoán, entón, quen é este do que escoito estas cousas? E buscaba o xeito de velo. 10 cando os apóstolos volveron, diron conta a Xesús de todo o que fixeran. E El, colléndoos consigo, retirouse a unha cidade chamada Betsaida. 11 Mais cando a xente se decatou disto, seguino, e Xesús, recibíndoos, lles falaba do reino de Deus, e sanaba aos enfermos. 12 Comezaba o solpor, e achegandose os doce, e lle dixeron: Despide á multitude, para que vaian para as suas aldeas e para os campos de derredor, e encontren un sitio onde se hospedaren e algo de comer; porque aquí estamos nun deserto. 13 Pero El lles dixo: Dádelle vos de comer. E eles responderon: Só temos cinco pans e dous peixes, a menos que vaiamos e merquemos comida para toda esta xente. 14 (Porque había uns cinco mil homes.) E Xesús lles dixo aos discípulos: Facede que se senten en grupos de una cinquenta cada un. 15 Así lles dixeron, e todos sentaron. 16 E collendo El os cinco pans e os dous peixes, mirou cara o ceo, bendeciunos e os partiu, e llos deu aos discípulos para que os repartisen entre a xente. 17 Todos comeron e quedaron fartos; e recolleron o que sobrou en doce cestas. 18 Mentres Xesús oraba so, estaban con el os discípulos e lle perguntou dicindo: Quen din as xentes que son eu? 19 Eles reponderon: Uns, Xoán o Bautista; outros, Elías; e outros, que algún pfofeta dos antigos que resucitou. 20 El lles dixo: E vós, quen decides que son eu? E Pedro respondendo dixo: O Cristo de Deus. 21 Mais El, adevertíndoos seriamente, mandoulles que non lles dixese nada a ninguén, 22 dicindo: O Fillo do Home ten que sofrir moito, e ser rexeitado desde ancianos e até os principais sacerdores e escribas, e ser morto, e resucitar ao terceiro día. 23 E lles decía a todos: Se algún me quere seguir, néguese a si mesmo, tome cada día a súa cruz e sigame. 24 Porque o que queira salvar a súa vida, perderaa; mais o que perda a súa vida pola miña causa, ese a salvará. 25 Porque, de que lle sirve ao home ter gañado o mundo enteiro, si el mesmo se destrue ou se arruina? 26 Porque o que se avergoñe de min e das miñas palabras, deste se avergoñará o Fillo do Home cando veña na súa gloria, a do Pai e a dos santos anxos. 27 Mais dígovos de verdade que hai algúns aquí, que non probará a morte sen antes ver o Reino de Deus. 28 Oito días despois destas palabras, Xesús tomou consigo a Pedro, a Xoán e a Xacobe e subiu ao monte a orar. 29 Mentres oraba, a aparencia do seu rostro mudou, a súa roupa se volveu branca e resplandecente 30 Velaí, dous homes que falaban con El, eran Moisés e Elías, 31 quen apareceron en gloria, falaban da partida de Xesús, que estaba a punto de se cumprir en Xerusalén 32 Pedro e os seus compañeiros queradan durmidos, mais cando acordaron, viron a gloria de Xesús e aos dous homes que estaban con El. 33 E sucedeu que ao marchar eles, Pedro dixo: Mestre, que ben que esteamos aquí; fagamos tres enramadas, unha para ti, unha para Moisés e outra para Elías, pero non sabía o que dicía. 34 Entón, mentres el dicía isto, se formou unha nube que os cubriu, e, ao entrar na nube, tiveron moito medo. 35 Unha voz saiu da nube, e dicía: ese é o meu Fillo, o meu escollido; escoitadeo. 36 Despois de que se escoitou a voz, Xesús quedou so. Eles calaron e non lle contaron a ninguén o que viran por aqueles días. 37 Ao día seguinte, cando baixaban do monte, saiulle ao paso unha grande multitude. 38 Velaí un home de entre a xente que berrou, dicindo: Mestre, suplícoche que vexas ao meu fillo, xa que é o único que teño. 39 Un espirito apoderase del e de súpeto berra e convulsiona, botando espumallos, e feríndoo, e custa moito que o deixe. 40 Entón supliqueille aos teus discípulos que o botasen fora e no puideron. 41 Respondendo Xesús, dixo: Xeración incrédula e perversa! Até cando terie que estar con vós e vós soportar? Trae aquí ao teu fillo. 42 E cando este se achegaba, o demo retorceuno e lle fixo caer con convulsións. Mais Xesús reprendeu ao espírito inmundo e sanou ao rapaz e llo devolveu ao seu pai. 43 E todos estaban admirados pola grandeza de Deus. Mentres todos se mavavillaban de todas as cousas que facía, Xesús dixo aos dicípulos: 44 Facede que estas palabras entren nos vosos ouvidos, porque o Fillo do Home vai ser entregado aos homes. 45 Mais eles non entendían estas palabras, xa que lles estaban veladas para que non as entendesen; el lles daba medo preguntar a cerca delas. 46 E comezaron a discutir sobre quen sería o mais importante de eles. 47 Entón Xesús, sabendo o que pensaban nos seus corazóns, tomou un neno e o puxo ao seu carón, 48 e lles dixo: O que recibe este neno no meu nome, me recibe a min; e o que me recibe a min, recibe ao que me enviou; porque o mais pequeno de entre vos, ese é o mais importante. 49 Respondendo Xoán, dixo: Mestre, vimos a un que botaba fora demos no teu nome e tratamos de impedirllo porque non anda con nós. 50 Mais Xesús lle dixo: non llelo impidades; porque o que non está contra de vós, está con vós. 51 Cando se cumpriron os días da súa ascensión, El, decidiu firmemente ir cara Xerusalén. 52 Mandou mensaxeiros por diante, eles foron e entraron nunha vila de samaritanos para facer os preparativos. 53 Pero non o recibiron ben, porque sabían que estaba determinado a ir a Xerusalén. 54 Vendo isto, os discípulos Xacobe e Xoán, dixeron: Señor, queres que mandemos que baixe lume do ceo e os consuma? 55 Mais El, volvendose, reñiulles, dicindo: Vos non sabedes de que espirito sodes, 56 porque o Fillo do Home non viu para destruir as almas dos homes, senon para salvalas. E marcharon para outra aldea. 57 E mentres ían de camiño, un lle dixo: Seguireite onde queira que vaias. 58 E Xesús lle dixo: as raposas teñen tobeira e as aves teñen niño, mais o Fillo do Home non ten onde pousar a cabeza. 59 Díxolle a outro: Sígueme. Mais el respondeu: Señor, deixa que vaia primeiro enterrar o meu pai. 60 Mais El lle dixo: Deixa que os mortos enterren aos seus mortos; mais ti, vai e anuncia o reino de Deus. 61 Tamén outro lle dixo: Seguireite, Señor; mais primeiro deixa que me despida dos da miña casa. 62 Mais Xesús lle dixo: Ninguén que, despois de por a man no arado e mira atrás, é apto para o reino de Deus.