1
Aconteceu despois destas cousas, que o Señor nomeou a setenta (72) a maiores, e comisionounos en parellas diante del, para que foran abrindo camiño en toda vila e aldea onde El había de ir.
2
Dicíalles: hai moito que colleitar, pero escasean os xornaleiros; rogade ao Señor da colleita que mande máis xornaleiros á súa sega.
3
Ide, e entendede que vos mando coma años entre os lobos.
4
Non levedes cartos, nin provisións, nin calzado de reposto, e non vos entreteñades no camiño con ninguén.
5
E na casa que entredes dicide de antemán: "Paz a esta casa".
6
E se os que viven alí son xente de paz, a vosa paz repousará sobre ela, e se non o son a vosa paz seravos devolta.
7
Non andedes de casa en casa, senón participade da comida e da bebida deles, pois o xornaleiro é digno do seu soldo.
8
Comede do que vos dean alí onde vaiades e sexades recibidos; sanade aos enfermos que haxan,
9
e dicídelles que o reino de Señor se achegou a eles.
10
Pero si entrades nalgunha vila e non sodes ben recibidos, dicide nas prazas:
11
Non levaremos da vosa vila nin o po que se nos pegou aos pés. Aí vos queda, sacudímolo das nosas sandalias; pero entendede que o reino de Deus se achegou a vós.
12
Asegúrovos que o día do xuízo será máis soportable para Sodoma que para esa vila.
13
Ai de ti Corazím! Ai de ti Betsaida! Porque se Tiro e Sidon fosen testemuñas das milagres que vós vistes, xa estiveran arrepentidos hai moito tempo, sentados en cicilio e cinza reconsiderando os seus feitos.
14
Por iso, no xuízo, o castigo será máis tolerable para Tiro e Sidón que para vós.
15
E ti, Capernaún, será que pensas que podes ser exaltado no ceo? Ti vas ser afundido na profundidade do abismo.
no orixinal Hades16
O que vos escoite, a min me escoita, e o que vos rexieta, rexéitame a min; e o que me rexeita a min, rexeita ao que me enviou.
17
Os setenta (72) regresaron felices dicindo: Señor, aínda os demos se nos suxeitan no teu nome.
18
E díxolles El: Eu vía como Satanás caía do ceo coma se dun lóstrego se tratara.
19
Mirade, dinvos autoridade para pisar sobre serpes e alacráns, e sobre todo poder do inimigo, e nada vos poderá mancar.
20
Con todo, non vos alegredes tanto cando vexades que os espíritos se someten a vós, senón antes sede felices sabendo que os vosos nomes están inscritos no ceo.
21
Na mesma hora, El estaba cheo da alegría do Espírito Santo, e dixo: Doute lovor, Pai, Señor do ceo e da terra, porque agochaches estas cousas aos sabios e entendidos, e llas descubriches aos que aínda non sabían falar. Sí, Pai, poque foi como che agradou facer.
22
Volvéndose aos discípulos referíulles: Todas as cousas me foron transmitidas polo meu Pai, e ninguén coñece ao Fillo non sendo o Pai, nin quen é o Pai senón o Fillo, e aquel a quen o Fillo llo queira revelar.
23
E volvéndose cara os seus discípulos faloulles en privado: Benditos os ollos que ven o que vos vedes;
24
de certo vos digo que moitos profetas e reis desexaron ver o que vós vedes, e non o viron, e oír o que vós oídes, e non oíron.
25
E velaquí, que se ergueu un intérprete da lei que quería probalo e dixo: Mestre, que podo facer para herdar a vida eterna?
26
El díxolle: Que está escrito na lei? que é o que entendes ti?
27
Respondeulle: Amarás ao Señor o teu Deus con todo o teu corazón, e conta a túa alma, e con todas as túas forzas, e con toda a túa mente; e ao teu próximo coma se foses ti.
28
Entón Xesús díxolle: ben dias; mantente facendo así e vivirás.
29
Pero querendo o intérprete xustificar os seus actos, preguntoulle a Xesús: E quen ven sendo o meu próximo?
30
Respondendo Xesús dixo: Un home baixaba de Xerusalén a Xericó, cando lle saíron ao camiño uns matóns, que logo de mallar nel e roubarlle ata a ropua, deixárono alí medio morto e fuxiron.
31
De casualidade un sacerdote baixaba por aquel camiño, e cando reparou no home, pasou polo outro lado.
32
Chegou por alí un levita, e fixo igual que o anterior.
33
Pero un samaritano, que ía de viaxe, ao chegar a onde estaba el, veuno e tivo compaixón del,
34
e achegándose, vendoulle as feridas, cubríndoas con aceite e viño; e montouno no seu propio burro, levouno a unha pousada e coidou del.
35
Ao día seguinte, sacou cartos e pagou a estancia por dous días ao pousadeiro dicíndolle: Coida del, e o que precises a maiores, pagareicho á volta.
36
Quen dos tres , pensas ti, que demostrou ser o próximo do home malferido?
37
E el dixo: O que tivo compaixón del. E Xesús dixo: Vai e fai ti o mesmo
38
Aconteceu que no medio da travesía, El entrou nunha vila; e unha muller que se chamaba Marta, recibeuno na súa casa.
39
Ela tiña unha irmá que se chamaba María, que sentada aos pés de Xesús, escoitaba as súas ensinanzas.
40
Mais a preocupación de Marta era outra, estaba afanada cos preparativos e achegándose a El díxolle: Señor, non tes coidado de que a miña irmá me deixe servir soa? Dille que me bote unha man.
41
Respondeulle o Señor: Marta, Marta, ti estás tan afanada e conturbada por tantas cousas; que non te estás dando conta de que
42
somentes hai unha cousa necesaria, e María foi quen de descubrila e ninguén llo poderá quitar.