1
Sucedeu que cando Xesús estaba orando en certo lugar, un dos seus discípulos dixo: "Señor, ensínanos a orar tal e coma Xoán lle ensinou aos seus discípulos."
2
Xesús lles dixo: "Cando oredes, dicide: "Pai, sexa santificado o teu nome. Veña o teu Reino.
3
Danos cada día o noso pan.
4
Perdoa os nosos pecados, así como nós perdoamos a quen está en débeda con nós. Non nos metas en tentación."
5
Xesús díxolles: "Quen de vos ten un amigo e vai a este a media noite e lle di: "Amigo, préstame tres pans,
6
xa que un amigo meu acaba de chegar polo camiño e non teño nada que lle poñer diante.
7
Entón o que está dentro pode que lle conteste: "Non me amoles. A porta está pechada xa e os meus meniños están na cama comigo. Non me é posible levantarme e darchos."
8
Eu vos digo que aínda que se el non se levante e che dea, porque ti es o seu amigo, debido á túa desvergonza, levantarase e darache tanto como precises.
9
Eu tamén vos digo: pedide e darásevos, buscade e atoparedes, petade e abrirásevos.
10
Pois toda persoa que pide recibe, quen busca atopa e ao que peta, ábreselle.
11
Que pai de entre vos, se o seu fillo lle pide pan, lle dará unha pedra? ou tamén peixe, daralle unha serpe en lugar de peixe?
12
Ou se lle pide un ovo daralle un escorpión?
13
Polo tanto, se vos, que sodes malos dabedes como darlle bos regalos aos vosos fillos, canto máis o voso Pai dos ceos lles dará o Espírito Santo a aqueles que llo pidan?
14
Máis tarde, Xesús estaba expulsando un demo mudo. Sucedeu que cando o demo saiu, o home mudo falou e as multitudes estaban abraiadas.
15
Pero algunhas das persoas dixeron: "El bota fora demos por Belcebú, o gobernador dos demos."
16
Outros para probalo demandábanlle unha sinal do ceo.
17
Pero Xesús coñecía os seus pensamentos e díxolles: "Todo reino dividido contra sí mesmo é desolado, caendo casa sobre casa."
18
Se Satán é dividido contra sí mesmo, cómo permanecerá o seu reino? Vós dicides que eu boto fora demos por Belcebú.
19
Se eu boto fora demos por Belcebú, por quen os botan fora os vosos fillos? Por isto, eles serán os vosos xuíces.
20
Pero se eu boto fora demos polo dedo de Deus, entón o reino de Deus chegou a vós.
2123
Cando un home forte que está completamente armado vixía o seu pazo, os seus bens están seguros
22
pero cando un home máis forte atacao e o vence, quítalle tódalas armas nas que descansaba e reparte o botín. O que non está comigo está contra min e o que non recolle comigo, espalla.
24
Cando un espírito inmundo sae do home, percorre lugares secos buscando descanso. Se non o atopa di:
25
"Volverei á casa de onde saín. Cando regresa atopa a casa varrida e arranxada.
26
Entón vai e trae canda el sete espíritos peores que el mesmo e van vivir alí chegando a ser o final dese home peor que o primeiro."
27
Aconteceu que segundo Él dicía estas cousas, certa muller da multitude levantou a súa voz e dixolle: Ditoso o ventre que te levou e os peitos que te criaron!"
28
Pero el dixo: "Máis ben ditosos aqueles que escoitan a Palabra de Deus e a gardan."
29
Namentres as multitudes se apiñaban, el comezou a dicir: "Esta xeración é unha xeración malvada. Busca unha sinal e sinal ningún se lle dará, agás o sinal de Xonás.
30
Pois como Xonás veu a ser un sinal para os ninivitas, así tamén o Fillo do Home o será para esta xeración."
31
A Raiña do Sur levantarase en xuízo cos homes desta xeración e condenaraos, porque ela veu dos confíns da terra para escoitar a sabiduría de Salomón, e vede, algo maior que Salomón está aquí.
32
Os homes de Nínive levantaranse en xuízo con esta xeración e condenaranos, porque eles arrepentíronse coa predicación de Xonas, e mirade, algo maior que Xonás está aquí.
33
Ninguén, cando acende unha lámpada, colócaa nun soto ou debaixo dun almude, senón sobre un candeeiro para que os que entren vexan o resplandor.
34
O voso ollo é a lámpada do corpo. Cando o teu ollo está san, todo o teu corpo está cheo de luz. Pero cando o teu ollo está mal, todo o corpo está cheo de escuridade.
35
Polo tanto, ten coidado que a luz en ti non sexa escuridade.
36
Se todo o teu corpo está cheo de luz, sen ningunha parte en tebras, estará totalmente iluminado como cando a lámpada te alumea cos seus raios.
37
Cando rematou de falar, un fariseo pediulle que xantara con el, así que Xesús entrou e recostouse.
38
O fariseo sorprendeuse de que Él non se lavase as mans primeiro antes de comer.
39
Pero o Señor díxolle: "Vos os fariseos limpades o exterior da copa e vaso pero o voso interior está cheo de rapina e maldade.
40
Babecos! Acaso aquel que fixo o exterior non fixo tamén o interior?
41
Ofrecede o de dentro como obra de beneficencia e logo tódalas cousas serán limpas para vós.
42
Ai de vós fariseos! porque pagades o décimo da menta e a ruda e calquera outra legume, pero pasades por alto a xustiza e o amor de Deus. Isto é o que deberiades practicar sen descoidar o outro.
43
Ai de vós, fariseos, porque amades os asentos principais das sinagogas e as reverencias nas prazas.
44
Ai de vós! porque sodes coma sepulturas indistinguibles, polas que a xente camiña por enriba sen sabelo.
45
Respondendo algún dos intérpretes da lei díxolle: Mestre, o que dis insúltanos.
46
Xesús dixo: Ai de vós, intérpretes da lei! porque cargades aos homes con cargas difíciles de levar pero vós nin sequera tocades esas cargas cun dos vosos dedos.
47
Ai de vós, porque construídes tumbas conmemorativas aos profetas e foron os vosos pais os que os mataron.
48
Así que sodes testemuñas e consentides as obras dos vosos pais, porque eles mataron e vós construídes.
49
Por isto tamén a sabiduría de Deus dixo: Enviareilles profetas e apóstolos perseguirán a uns e matarán a outros.
50
para que o sangue de tódolos profetas derramada dende a fundación do mundo, se lle cargue a esta xeración.
51
dende o sangue de Abel ata o sangue de Zacarías quen foi asasinado entre o altar e o templo. Si, dígovos que lle será cargada a esta xeración.
52
Ai de vós, intérpretes da leis, porque quitastes a chave do coñecemento, non entrades vós e entorpecedes aos que están entrando.
53
E saíndo de alí, os escribas e os fariseos acosábano terriblemente e inerrogábano minuciosamente sobre máis cousas
54
tentando collelo nas Súas propias verbas.