Capítulo 12

1 Estando as multitudes reunidas, tantos que se esmagaban uns aos outros, Él comezou a decirlles primeiramente aos seus discípulos: "Gardádevos do lévedo dos fariseos que é finximento. 2 Nada hai encuberto que non será revelado, e nada agachado que non se coñecerá. 3 Polo que toda cousa dita na escuridade será escoitado na luz, e que falaches ao oído na despensa será proclamado dende as azoteas. 4 Eu dígogos, meus amigos, non teñades medo de aqueles que matan o corpo e despois diso non teñen máis nada que facer. 5 Pero Eu mostrareivos a quen tedes que temer. Temede a aquel que despois de matar ten autoridade para botarvos ao inferno. Si, Eu dígolles, temédeo. 6 Non se venden cinco paxariños por dous cuartos? E ningún deles é esquecido á vista de Deus. 7 Pero aínda tódolos cabelos da vosa cabeza foron contados. Non teñades medo, vós sodes máis valiosos que moitos paxariños. 8 Eu dígovos que quen me recoñeza diante dos homes, o Fillo do Home recoñecerao ante os anxos de Deus, 9 pero o que me negue diante dos homes será negado ante os anxos de Deus. 10 E todo o que diga unha verba en contra do Fillo de Home se lle consentirá, pero aquel que blasfeme contra o Espírito Santo, iso non lle consentirá. 11 Cando vos leven ás sinagogas e aos gobernantes e as autoridades non vos preocupedes de cómo ou que falar na vosa defensa ou qué diredes 12 porque o Espírito Santo vos ensinará nese momento o que precisedes dicir. 13 Alguén procedente da multitude díxolle: " Mestre, dille ao meu irmán que reparta a súa herdanza comigo. 14 Pero El díxolle: "Home, quen me fixo xuíz ou partidor sobre vós?" 15 E díxolles: "Estade atentos e gardádevos de todo xeito de avaricia, porque a vida dunha persoa non consiste na abundancia das súas posesións." 16 Engadiulles unha parábola dicindo: "A terra dun home rico produciu abundantemente 17 e el razoou consigo mesmo dicindo: Qué farei porque non teño onde gardar as miñas colleitas? 18 E dixo: Isto é o que farei: Destruirei os meus graneiros e construirei uns máis grandes, e alí gardarei tódolos meus produtos e os meus bens. 19 E direille á miña alma: Alma, tes moitos bens gardados para moitos anos. Descansa tranquilo, come, bebe, goza." 20 Pero Deus díxolle: Necio, esta noite requírese a túa alma e as cousas que preparaches de quen serán? 21 Así é alguén que garda tesouros para si mesmo e non se enriquece no relacionado a Deus." 22 Díxolle aos seus discípulos: Por isto dígovos: non vos preocupedes pola vosa vida, que comeredes; nin polo voso corpo, qué vestiredes. 23 Porque a vida é máis que a comida e o corpo más que a roupa. 24 Pensade nos corvos, que non sementan nin colleitan. Eles non teñen despensa nin graneiro pero Deus os alimenta. Cánto máis valiosos sodes vós que os paxaros 25 e quen de vós pode engadir un cóbado aos seus anos de vida por preocupado que estea? 26 Se vos non sodes capaces de facer nin as cousas máis pequenas, por qué vos preocupades polo demáis? 27 Considerade os lirios. Nin fían nin tecen pero dígovos que nin Salomón en toda a súa gloria non se vestiu coma un destes. 28 Se Deus viste a herba do campo, a que existe hoxe e mañán e mañán bótase ao forno, canto máis a vos, homes de pouca fe! 29 Non busquedes que comer e que beber e non estedes ansiosos. 30 Porque tódolos pobos do mundo buscan estas cousas pero o Pai sabe que necesitades destas cousas. 31 Máis ben buscade o seu reino e todas estas cousas vos serán engadidas. 32 Non teñades medo, pequeno rabaño, porque o voso Pai está contento de darvos o reino. 33 Vendede as vosas posesións e dade esmola. Facede bolsas que non se deterioren, tesouro nos ceos que non se esgota onde ningún ladrón se achegue e ningunha polilla os destrúa. 34 Porque onde estén o voso tesouro, alí estarán tamén o voso corazón. 35 Estén os vosos lombos ceñidos con cinturón e deixade as lámparas acendidas 36 e sede semellantes as persoas que están agardando que o seu señor regrese da festa de casamento, para que cando el veña e chame, eles inmediatamente abran a porta para él. 37 Ditosos son eses servos, aos que o señor os atope vixiantes cando veña. Verdadeiramente vos digo que se ceñirá o cinto e faralles sentar á mesa e lles servirá. 38 E sexa que o señor veña na segunda vixilia da noite ou na terceira e os atopa listos, ditosos serán. 39 Mais sabede isto, que se o señor da casa sobese a hora na que ía vir o ladrón, non permitiría que entrase na súa casa. 40 Estade preparados tamén porque non sabedes a hora cando o Fillo do Home virá. 41 Pedro dixo: "Señor, disnos esta parábola a nós ou tamén a todos?" 42 O Señor dixo: "Quen é realmente o fiel e prudente administrador a quen o seu señor porá por enriba dos seus outros servos para darlle a súa ración no tempo sinalado? 43 Ditoso o servo, a quen o señor atope facendo isto cando el veña. 44 Verdadeiramente vos digo que o porá a cargo de toda a súa propiedade. 45 Pero se aquel servo di no seu corazón: "Meu señor tarda en vir" e comeza a golpear aos servos e ás servas, e a comer e a beber e a emborracharse, 46 o señor daquel servo virá nun día cando el non o agarda e nunha hora que él non o sabe, e castigarao fortemente e botarao fora cos incrédulos. 47 Aquel servo que coñecendo a vontade do seu señor non se preparou de acordo á súa vontade, será golpeado+ con moitos azotes. 48 Pero o que non sabía e fixo cousas merecedoras de golpes, será batido a golpes. Todo aquel a quen se lle da moito, moito se lle require e a quen se lle confía moito, se demandará aínda máis del. 49 Eu vin para botar lume sobre a terra e como desexo que xa estivera acendido! 50 Pero dun bautismo teño que ser bautizado, e como estou aflixido ata cando remate! 51 Pensades que vin a dar paz na terra? Non, dígovos que máis ben división. 52 Porque de agora en diante nunha casa cinco estarán divididos; tres contra dous e dous contra tres. 53 Estarán divididos o pai contra o fillo e o fillo contra o pai, a nai contra a filla e filla contra a nai; a sogra contra nora e a nora contra sogra." 54 Xesús tamén lle dicía ás multitudes: Cando vedes unha nube levantándose sobre a parte occidental dicides inmediatamente: "Ven chuvia", e así acontece. 55 E cando sopra vento do sur dicides "Haberá unha calor abrasadora" e así ocorre. 56 Hipócritas, sabedes cómo distinguir as apariencias da terra e dos ceos pero como é que non sabedes cómo interpretar o tempo presente? 57 Por qué non xulgades o que é xusto por vos mesmos? 58 Porque cando vaias co teu adversario ante o maxistrado, fai un esforzo para resolver o asunto con el no camiño non sexa que che arrastre ao xuíz e o xuíz te entregue ao alguacil, e o alguacil bóteche á cadea. 59 Dígovos que nunca sairedes de alí ata que paguedes ata o último peso.