\r\n
\r\n\r\n1\r\nE aconteceu pouco despois, percorría vilas e aldeas, pregoando e dando as boas novas do reino de Deus; e ían canda El os doce, \r\n\r\n\r\n2\r\ne algunhas mulleres que foran sandadas de espíritos malos e de enfermidades: María, chamada magdalena, da que saíran sete demos, \r\n\r\n\r\n3\r\ne Xoana, muller de Chuza, mordomo de Herodes, e Susana, e outras moitas máis que os axudaban cos seus bens.\r\n\r\n\r\n4\r\nPero xuntándose unha grande multitude, e dos que se lle achegaban de distintas cidades, faloulles por parábola: \r\n\r\n\r\n5\r\no sementador saíu sementar a súa sementeira; e ao sembrala, unha das partes caeu á beira do camiño, e foi %pisada%, e os paxaros do ceo comérona. \r\n\r\n\r\n6\r\nOutra delas caeu sobre a pedra, e ao abrollar, secou por falta de humidade.\r\n\r\n\r\n7\r\nE outra caeu en boa terra, e medrou, e dela saiu unha colleita a cento por un. \r\n\r\n\r\n8\r\nE ao falar estas cousas, Xesús daba voces dicindo: o que teña oídos para ouvir, oia.\r\n\r\n\r\n9\r\nOs seus discípulos preguntábanlle que quería dicir esta parábola, \r\n\r\n\r\n10\r\ne El dixo: a vós concedéusevos coñecer os misterios do reino de Deus, pero aos demais, por parábolas, para que vendo, non vexan; e oíndo, non entendan.\r\n\r\n\r\n11\r\nEsta é a parábola: a semente é a palabra de Deus. \r\n\r\n\r\n12\r\nE os que están ao longo do camiño son os que oíron, pero despois vén o diaño e arrinca a palabra dos seus corazóns, para que non crean e sexan salvos. \r\n\r\n\r\n13\r\nE os da pedra son aqueles que, cando oen, reciben a palabra con ledicia; pero ao non teren unha raíz, cren por un tempo, pero no tempo da proba afástanse.\r\n\r\n\r\n14\r\nE a semente que caeu entre os espiños, son os que logo de oíren, ao seguir adiante no seu camiño afóganse polas preocupacións, as riquezas e os praceres da vida, e o seu foirto non madura. \r\n\r\n\r\n15\r\nPero a semente na boa terra, son os que oíron cun corazón bo e nobre a palabra, e retéñena, e dan froito con tenacidade.\r\n\r\n\r\n16\r\nNinguén prende unha lámpada e lle pon un recipiente enriba, ou a pon embaixo da cama, senón que a pon sobre un candeeiro para que os que entran vexan a luz. \r\n\r\n\r\n17\r\nPois non hai nada oculto que non sexa manifesto, nen segredoque non sexa coñecido e saia á luz. \r\n\r\n\r\n18\r\nXa que logo, mirade ben como oídes; porque ao que teña, seralle dado, e ao que non teña, mesmo o que imaxina ter lle será quitado.\r\n\r\n\r\n19\r\nDaquela súa nai mailos seus irmáns chegaron onda El, pero non podían achegárselle por mor do xentío. \r\n\r\n\r\n20\r\nE avisárono: a túa nai e os teus irmáns están fóra parados e desexan verte. \r\n\r\n\r\n21\r\nPero, respondendo El, díxolles: miña nai e meus irmáns son estes que oen a palabra de Deus e a poñen por obra.%a practican%\r\n\r\n\r\n22\r\nPero nun día daqueles, entrou na barca cos seus discípulos, e díxolles: vaiamos á outra beira do lago. E partiron. \r\n\r\n\r\n23\r\nPero entrementres navegaban, El quedou durmido; e veu un temporal sobre o lago, e asolagáronse e corrían perigo.\r\n\r\n\r\n24\r\nE achegándose a El, espertárono dicindo: Mestre, Mestre, morremos! E El erguéndose do sono reprendeu ao vento e ás bravas ondas, e pararon e e chegou a calma. \r\n\r\n\r\n25\r\nE díxolles El: u-la vosa fe? Pero eles estaban cheos de medo e abraiados, dicíndose uns aos outros: quen é Este que mesmo manda aos ventos e á auga e lle obedecen?\r\n\r\n\r\n26\r\nVogaron cara a terra dos gadarenos que está en fronte da Galilea; \r\n\r\n\r\n27\r\ne ao baixar El a terra, saíu ao encontro un home da cidade que tiña demos, e que levaba tempo abondo sen poñer roupa ningunha, nen tiña un fogar, senón que vivía entre as tumbas.\r\n\r\n\r\n28\r\nAo ver a Xesús, berrou e caeu diante del, e dixo en voz alta: que tes ti comigo, Xesús, Fillo do Deus Altísimo? Pídoche que non me atormentes. \r\n\r\n\r\n29\r\nPorque lle estaba a mandar ao espírito inmundo que saíse do home, porque se tiña apoderado del en moitas ocasións, e tíñao atado con cadeas e ferros, baixo vixía.; e así e todo rachaba as ataduras e era empurrado%impelido% polo demo aos desertos.\r\n\r\n\r\n30\r\nEntón preguntoulle Xesús: cal é o teu nome? Pero el díxolle: Lexión, porque entraran moitos demos nel. \r\n\r\n\r\n31\r\nE pedíanlle que non os mandara ir cara o abismo.\r\n\r\n\r\n32\r\nE había por alí comendo no monte unha manda de porcos; e os demos pedíronlle que lles deixara entrar nos porcos. E El deixoulles. \r\n\r\n\r\n33\r\nSaíron os demos do home e entraron nos porcos; e a manda precipitouse barranco abaixo cara o lago, e afogaron.\r\n\r\n\r\n34\r\nE cando viron o que aconteceran os que os coidaban, fuxiron e contaárono todo na cidade e polos campos adiante. \r\n\r\n\r\n35\r\nSaíron as xentes para ver o que acontecera; e achegáronse onda Xesús, e atopáronse co home do que saíran os demos, sentado aos pés de Xesúa, vestido e cordo, e enchéronse de temor.\r\n\r\n\r\n36\r\nE os que o viran, contáronlles como fora sanado o que estaba endemoñado. \r\n\r\n\r\n37\r\nE toda aquela xente derredor dos gadarenos pediulle a Xesús que se afastara deles, porque estaban agoniados co medo. Pero El subindo a unha barca, foi de volta.\r\n\r\n\r\n38\r\nPero o home de quen saíran os demos rogáballe que o deixara ir canda El; mais El despediuno, dicindo: \r\n\r\n\r\n39\r\nvolve á túa casa, e conta as grandes cousas que fixo o Señor por ti. E foise, pregoando por toda a cidade as cousas tan randes que o Señor fixera por el.\r\n\r\n\r\n40\r\nAo volver Xesús, a multitude deulla a benvida, porque todos agardaban por el. \r\n\r\n\r\n41\r\nE velaquí que se achegou un home chamado Xairo, que era un oficial da sinagoga; e caendo aos pés de Xesús pedíalle que entrara na súa casa; \r\n\r\n\r\n42\r\nporque tiña unha única filla, como de doce anos, que estaba a piques de morrer. Entrementres El ía, o xentío oprimíao.\r\n\r\n\r\n43\r\nE unha muller que padecera de fluxo de sangue por doce anos e que gastara todo canto tiña nos médicos e non podía ser sanada por ninguén, \r\n\r\n\r\n44\r\nachegóuselle a Xesús por detrás e tocou o bordo do seu manto; e ao momento o fluxo de sangue parou.\r\n\r\n\r\n45\r\nE díxolle Xesús: quen foi o que me tocou? Mentres o negaban todos, dixo Pedro, e os que estaban canda el: Mestres, as multitudes están a apertarte e oprímente. \r\n\r\n\r\n46\r\nPero Xesús dixo: alguén me tocou, porque Eu sentín que saíu poder de min.\r\n\r\n\r\n47\r\nAo darse conta a muller se que non pasara por alto, achegóuselle tremendo, e caendo diante del, confesou diante de todo o pobo a razón pola que o tocara, e como fora sandada ao instante. \r\n\r\n\r\n48\r\nE El díxolle: filla, a túa fe sanoute; vai en paz.\r\n\r\n\r\n49\r\nMentres estaba aínda falando, veu alguén da casa do principal da sinagoga, dicindo: a túa filla morreu; non molestes máis ao Mestre. \r\n\r\n\r\n50\r\nPero cando Xesús o escoitou, respondeulle: non temas; só cre, e ela sanará.\r\n\r\n\r\n51\r\nE cando El chegou á casa, non deixou que ninguén entrara con El senón Pedro, Xoán e Xacobe, e o pai maila nai da rapaza. \r\n\r\n\r\n52\r\nE todos a choraban e lamentábanse; pero El dixo: non choredes, porque non morreu, senón que durme. \r\n\r\n\r\n53\r\nE burlábanse del, sabendo que ela morrera.\r\n\r\n\r\n54\r\nPero El, colléndoa da man, deu voces, dicindo: nena, levántate! \r\n\r\n\r\n55\r\nEntón volveulle o seu espírito, e levantouse no momento, e El mandou que lle deran de comer. \r\n\r\n\r\n56\r\nE os seus pais estaban abraiados; pero El encargoulles que non lle dixeran a ninguén o que acontecera.\r\n\r\n
\r\n\r\n\r\n\r\n"],"byteCount":[0,0],"verseCount":[0,56]}],[0,{"number":[0,"9"],"label":[0,"9"],"content":[0,null],"byteCount":[0,0],"verseCount":[0,62]}],[0,{"number":[0,"10"],"label":[0,"10"],"content":[0,null],"byteCount":[0,0],"verseCount":[0,42]}],[0,{"number":[0,"11"],"label":[0,"11"],"content":[0,null],"byteCount":[0,0],"verseCount":[0,54]}],[0,{"number":[0,"12"],"label":[0,"12"],"content":[0,null],"byteCount":[0,0],"verseCount":[0,59]}],[0,{"number":[0,"13"],"label":[0,"13"],"content":[0,null],"byteCount":[0,0],"verseCount":[0,35]}],[0,{"number":[0,"14"],"label":[0,"14"],"content":[0,null],"byteCount":[0,0],"verseCount":[0,35]}],[0,{"number":[0,"15"],"label":[0,"15"],"content":[0,null],"byteCount":[0,0],"verseCount":[0,32]}],[0,{"number":[0,"16"],"label":[0,"16"],"content":[0,null],"byteCount":[0,0],"verseCount":[0,31]}],[0,{"number":[0,"17"],"label":[0,"17"],"content":[0,null],"byteCount":[0,0],"verseCount":[0,37]}],[0,{"number":[0,"18"],"label":[0,"18"],"content":[0,null],"byteCount":[0,0],"verseCount":[0,43]}],[0,{"number":[0,"19"],"label":[0,"19"],"content":[0,null],"byteCount":[0,0],"verseCount":[0,48]}],[0,{"number":[0,"20"],"label":[0,"20"],"content":[0,null],"byteCount":[0,0],"verseCount":[0,47]}],[0,{"number":[0,"21"],"label":[0,"21"],"content":[0,null],"byteCount":[0,0],"verseCount":[0,38]}],[0,{"number":[0,"22"],"label":[0,"22"],"content":[0,null],"byteCount":[0,0],"verseCount":[0,71]}],[0,{"number":[0,"23"],"label":[0,"23"],"content":[0,null],"byteCount":[0,0],"verseCount":[0,56]}],[0,{"number":[0,"24"],"label":[0,"24"],"content":[0,null],"byteCount":[0,0],"verseCount":[0,53]}]]],"lastRendered":[0,"2025-02-24T21:56:43.2852948Z"]}]]],"words":[0,null],"navigation":[0,null],"downloadLinks":[1,[[0,{"link":[0,"source.usfm"],"title":[0,"USFM"]}]]],"lastRendered":[0,"2025-02-24T21:56:43.2852948Z"],"wholeResourceByteCount":[0,195564],"appMeta":[0,null]}],"user":[0,"LoidaCM"],"repositoryName":[0,"gl_luk_text_reg"],"preferredLocale":[0,"en"],"initialDict":[0,{"ariaNavigateBackwardsOneChapter":[0,"Navigate backwards one chapter"],"ariaNavigateForwardsOneChapter":[0,"Navigate forwards one chapter"],"book":[0,"Book"],"books":[0,"Books"],"bookAlreadySaved":[0,"Book is already saved offline."],"bookSavedAndOutOfDate":[0,"There is an update available for this book saved offline"],"cacheFirst":[0,"Use saved version first and Internet if needed"],"cacheNetworkFirst":[0,"Internet first"],"cacheOnly":[0,"Use saved version only"],"chapters":[0,"Chapters"],"close":[0,"Close"],"code":[0,"en"],"currentBook":[0,"Current Book"],"details":[0,"Details"],"download":[0,"Download"],"downloadPrintAll":[0,"Print whole book"],"downloadSource":[0,"Download source (zip of repository)"],"downloadUsfmSource":[0,"Download source USFM"],"english":[0,"English"],"errorSaving":[0,"There was an error saving this resource offline"],"fileSize":[0,"File Size"],"fileType":[0,"File Type"],"homeTitle":[0,"Free Bible Translation Tools for the Global Chuch"],"language":[0,"Language"],"lastModified":[0,"Last Modified"],"loading":[0,"Loading"],"loadingBehavior":[0,"Loading behavior"],"menu":[0,"Menu"],"newTestament":[0,"New Testament"],"notYetSupported":[0,"That combination is not yet supported"],"oldTestament":[0,"Old Testament"],"openSettings":[0,"open settings"],"print":[0,"Print"],"processes":[0,"Processes"],"removingPercent":[0,"Removing {{ percent }}%"],"resource":[0,"Resource"],"resources":[0,"Resources"],"resourceType":[0,"Resource Type"],"saveForOfflineReading":[0,"Read the current book without internet access."],"saveWhole":[0,"Save whole resource for reading offline"],"saving":[0,"Saving"],"savingPercent":[0,"Saving {{ percent }}%"],"searchBooks":[0,"Search books"],"settings":[0,"Settings"],"success":[0,"Success"],"successSaving":[0,"{{ bookname }} is now available to read without internet. Bookmark this page so you can easily reference it later."],"successRemoving":[0,"{{ bookname }} has been successfully removed from offline availability."],"spanish":[0,"Spanish"],"support":[0,"Support"],"contact-us":[0,"Support"],"thisLanguage":[0,"English"],"tools":[0,"tools"],"church-owned-bible-translation":[0,"Church-Owned Bible Translation"],"resources/languages":[0,"Translations"],"updateAvailable":[0,"Update Available"],"updateResource":[0,"Update Resource"],"translations":[0,"translations"],"software":[0,"tools"],"wholeAlreadySaved":[0,"This resource is already saved offline"],"wholeSavedAndOutOfDate":[0,"A new version of this resource is available."],"wacsSource":[0,"See Source"]}],"hasDownloadIndex":[0,true],"wasPostRequest":[0,false]}" ssr="" client="idle" opts="{"name":"ReaderWrapper","value":true}" await-children="">1 E aconteceu pouco despois, percorría vilas e aldeas, pregoando e dando as boas novas do reino de Deus; e ían canda El os doce, 2 e algunhas mulleres que foran sandadas de espíritos malos e de enfermidades: María, chamada magdalena, da que saíran sete demos, 3 e Xoana, muller de Chuza, mordomo de Herodes, e Susana, e outras moitas máis que os axudaban cos seus bens. 4 Pero xuntándose unha grande multitude, e dos que se lle achegaban de distintas cidades, faloulles por parábola: 5 o sementador saíu sementar a súa sementeira; e ao sembrala, unha das partes caeu á beira do camiño, e foi %pisada%, e os paxaros do ceo comérona. 6 Outra delas caeu sobre a pedra, e ao abrollar, secou por falta de humidade. 7 E outra caeu en boa terra, e medrou, e dela saiu unha colleita a cento por un. 8 E ao falar estas cousas, Xesús daba voces dicindo: o que teña oídos para ouvir, oia. 9 Os seus discípulos preguntábanlle que quería dicir esta parábola, 10 e El dixo: a vós concedéusevos coñecer os misterios do reino de Deus, pero aos demais, por parábolas, para que vendo, non vexan; e oíndo, non entendan. 11 Esta é a parábola: a semente é a palabra de Deus. 12 E os que están ao longo do camiño son os que oíron, pero despois vén o diaño e arrinca a palabra dos seus corazóns, para que non crean e sexan salvos. 13 E os da pedra son aqueles que, cando oen, reciben a palabra con ledicia; pero ao non teren unha raíz, cren por un tempo, pero no tempo da proba afástanse. 14 E a semente que caeu entre os espiños, son os que logo de oíren, ao seguir adiante no seu camiño afóganse polas preocupacións, as riquezas e os praceres da vida, e o seu foirto non madura. 15 Pero a semente na boa terra, son os que oíron cun corazón bo e nobre a palabra, e retéñena, e dan froito con tenacidade. 16 Ninguén prende unha lámpada e lle pon un recipiente enriba, ou a pon embaixo da cama, senón que a pon sobre un candeeiro para que os que entran vexan a luz. 17 Pois non hai nada oculto que non sexa manifesto, nen segredoque non sexa coñecido e saia á luz. 18 Xa que logo, mirade ben como oídes; porque ao que teña, seralle dado, e ao que non teña, mesmo o que imaxina ter lle será quitado. 19 Daquela súa nai mailos seus irmáns chegaron onda El, pero non podían achegárselle por mor do xentío. 20 E avisárono: a túa nai e os teus irmáns están fóra parados e desexan verte. 21 Pero, respondendo El, díxolles: miña nai e meus irmáns son estes que oen a palabra de Deus e a poñen por obra.%a practican% 22 Pero nun día daqueles, entrou na barca cos seus discípulos, e díxolles: vaiamos á outra beira do lago. E partiron. 23 Pero entrementres navegaban, El quedou durmido; e veu un temporal sobre o lago, e asolagáronse e corrían perigo. 24 E achegándose a El, espertárono dicindo: Mestre, Mestre, morremos! E El erguéndose do sono reprendeu ao vento e ás bravas ondas, e pararon e e chegou a calma. 25 E díxolles El: u-la vosa fe? Pero eles estaban cheos de medo e abraiados, dicíndose uns aos outros: quen é Este que mesmo manda aos ventos e á auga e lle obedecen? 26 Vogaron cara a terra dos gadarenos que está en fronte da Galilea; 27 e ao baixar El a terra, saíu ao encontro un home da cidade que tiña demos, e que levaba tempo abondo sen poñer roupa ningunha, nen tiña un fogar, senón que vivía entre as tumbas. 28 Ao ver a Xesús, berrou e caeu diante del, e dixo en voz alta: que tes ti comigo, Xesús, Fillo do Deus Altísimo? Pídoche que non me atormentes. 29 Porque lle estaba a mandar ao espírito inmundo que saíse do home, porque se tiña apoderado del en moitas ocasións, e tíñao atado con cadeas e ferros, baixo vixía.; e así e todo rachaba as ataduras e era empurrado%impelido% polo demo aos desertos. 30 Entón preguntoulle Xesús: cal é o teu nome? Pero el díxolle: Lexión, porque entraran moitos demos nel. 31 E pedíanlle que non os mandara ir cara o abismo. 32 E había por alí comendo no monte unha manda de porcos; e os demos pedíronlle que lles deixara entrar nos porcos. E El deixoulles. 33 Saíron os demos do home e entraron nos porcos; e a manda precipitouse barranco abaixo cara o lago, e afogaron. 34 E cando viron o que aconteceran os que os coidaban, fuxiron e contaárono todo na cidade e polos campos adiante. 35 Saíron as xentes para ver o que acontecera; e achegáronse onda Xesús, e atopáronse co home do que saíran os demos, sentado aos pés de Xesúa, vestido e cordo, e enchéronse de temor. 36 E os que o viran, contáronlles como fora sanado o que estaba endemoñado. 37 E toda aquela xente derredor dos gadarenos pediulle a Xesús que se afastara deles, porque estaban agoniados co medo. Pero El subindo a unha barca, foi de volta. 38 Pero o home de quen saíran os demos rogáballe que o deixara ir canda El; mais El despediuno, dicindo: 39 volve á túa casa, e conta as grandes cousas que fixo o Señor por ti. E foise, pregoando por toda a cidade as cousas tan randes que o Señor fixera por el. 40 Ao volver Xesús, a multitude deulla a benvida, porque todos agardaban por el. 41 E velaquí que se achegou un home chamado Xairo, que era un oficial da sinagoga; e caendo aos pés de Xesús pedíalle que entrara na súa casa; 42 porque tiña unha única filla, como de doce anos, que estaba a piques de morrer. Entrementres El ía, o xentío oprimíao. 43 E unha muller que padecera de fluxo de sangue por doce anos e que gastara todo canto tiña nos médicos e non podía ser sanada por ninguén, 44 achegóuselle a Xesús por detrás e tocou o bordo do seu manto; e ao momento o fluxo de sangue parou. 45 E díxolle Xesús: quen foi o que me tocou? Mentres o negaban todos, dixo Pedro, e os que estaban canda el: Mestres, as multitudes están a apertarte e oprímente. 46 Pero Xesús dixo: alguén me tocou, porque Eu sentín que saíu poder de min. 47 Ao darse conta a muller se que non pasara por alto, achegóuselle tremendo, e caendo diante del, confesou diante de todo o pobo a razón pola que o tocara, e como fora sandada ao instante. 48 E El díxolle: filla, a túa fe sanoute; vai en paz. 49 Mentres estaba aínda falando, veu alguén da casa do principal da sinagoga, dicindo: a túa filla morreu; non molestes máis ao Mestre. 50 Pero cando Xesús o escoitou, respondeulle: non temas; só cre, e ela sanará. 51 E cando El chegou á casa, non deixou que ninguén entrara con El senón Pedro, Xoán e Xacobe, e o pai maila nai da rapaza. 52 E todos a choraban e lamentábanse; pero El dixo: non choredes, porque non morreu, senón que durme. 53 E burlábanse del, sabendo que ela morrera. 54 Pero El, colléndoa da man, deu voces, dicindo: nena, levántate! 55 Entón volveulle o seu espírito, e levantouse no momento, e El mandou que lle deran de comer. 56 E os seus pais estaban abraiados; pero El encargoulles que non lle dixeran a ninguén o que acontecera.