Capítulo 7

1 Cando Xesús rematou todo o que estaba dicíndolle á xente, entrou en Cafarnaúm. 2 Un centurión tiña un servo moi prezado por el que estaba enfermo e a punto de morrer. 3 Cando o centurión oíu falar sobre Xesús, envioulle uns anciáns dos xudeos, pedíndolle que viñera e sanara ao seu servo. 4 Cando eles chegaron a Xesús rogáronlle ferventemente dicindo: "Merece que fagas isto por el, 5 porque ama ao noso pobo e foi quen nos construíu a sinagoga." 6 Xesús foi en camiño con eles. Pero cando xa non estaba lonxe da casa, o centurión enviou uns amigos para dicirlle: "Señor non te molestes, porque non son digno de que entres baixo o meu teito." 7 Nin tan sequera considereime digno de ir canda ti, pero tan só di unha verba e o meu servo sandará. 8 Pois eu tamén son un home que está baixo autoridade, e teño soldados baixo o meu mando. Dígolle a este "Vai", e el vai; e ao outro "ven", e el vén; e ao meu servo, "Fai isto" e el faino. 9 Cando Xesús escoitou isto, estaba abraiado e virándose á multitude que o seguía dixo: Dígovos que nin sequera en Israel atopei unha fe tal. 10 E cando os que foron enviados regresaron á casa, atoparon san ao servo. 11 Pouco despois disto Xesús foi a unha aldea chamada Naín, e ían con El os seus discípulos e unha gran multitude. 12 Segundo se acercaba á entrada da aldea, sacaban fora a un home que morrera, fillo único da súa nai (que era unha viúva), e unha grande multitude da vila estaba con ela. 13 Ao vela, o Señor compadeceuse dela e díxolle: "Non chores". 14 Entón tocou o ataúde, e aqueles que o levaban pararon. El díxolle: "Mozo, dígoche a ti, levántate." 15 O morto incorporouse e comezou a falar e Xesús entregoullo á súa nai. 16 Entón todos eles cheos de temor louvaban a Deus, dicindo: "Un gran profeta levantouse entre nós", e "Deus revelouse ao seu pobo". 17 Esta nova sobre Xesús difundiuse por Xudea enteira e todas as rexións veciñas. 18 Os discípulos de Xoán informáronlle sobre todas estas cousas. 19 Entón Xoan chamou a dous dos seus discípulos e enviounos ao Señor para dicirlle: Es ti o que ía vir, ou agardaremos a outro? 20 Cando os homes chegaron a Xesús dixéronlle: "Xoán o bautista enviounos a preguntarche: Es ti o que ía vir ou agardaremos a outro?" 21 Nese intre El sandou a moita xente de enfermidades e afliccións e de espíritos malos, e a moitos cegos deulles vista. 22 Xesús respondeulles e dixo: "Ide e contádelle a Xoan o que vistes e oístes: Os cegos recobran a vista, os coxos andan, os leprosos quedan limpos, os xordos oen, os mortos resucitan, e aos pobres se lle está anunciando o evanxelio. 23 E ditoso é quen non se escandaliza de min." 24 Despois que os mensaxeiros de Xoán marcharon, Xesús empezou a falar sobre Xoán ás multitudes: Que saístes a ver no deserto? Unha cana abaneada polo vento? 25 Pero qué saístes a ver? Un home vestido con roupas finas? Mirade, eses que visten con roupas espléndidas e viven con luxo, están nos pazos dos reis. 26 Pero, que saístes a ver? Un profesta? Si, eu vos digo, e moito maior que un profeta. 27 Este é de quen se escribiu: Velaquí eu envío ao meu mensaxeiro diante túa, quen preparará o teu camiño diante de ti. 28 Dígoche que entre aqueles nacidos de muller, ninguén é máis grande que Xoán. Así e todo, o máis pequeno no reino de Deus, é maior ca el. 29 Cando toda a xente e os recadadores de impostos escoitaron isto, declararon que Deus é xusto, bautizándose co bautismo de Xoán. 30 Pero os fariseos e os intérpretes da lei xudía, rexeitaron o propósito de Deus para eles, ao non ser bautizados por Xoán. 31 A qué podo eu comparar á xente desta xeración? Como son? 32 Son coma nenos xogando no mercado, que sentan e chaman uns por outros e din: "Tocamos a frauta para vós e non bailastes. Lamentámonos, e non chorastes." 33 Porque veu Xoán o Bautista que nin come pan nin bebe viño, e vós dicides: "Ten un demo." 34 E veu o Fillo do Home que come e que bebe e vós dicides: "Mira, é un papador e bebedor, amigo de recadadores de impostos e pecadores! 35 Pero a sabiduría é xustificada por todos os seus fillos." 36 Un dos fariseos convidou a Xesús a comer con el e entrando na casa do fariseo tomou o seu lugar na mesa. 37 Había unha muller na cidade que era pecadora. Cando soubo que El estaba na mesa da casa do fariseo, ela trouxo un frasco de alabastro con aceite perfumado. 38 E poñéndose detrás del, chorando ao carón dos seus pes, comezou a regarlos coas súas bágoas, e secáballos co cabelo da súa cabeza e bicaba tenramente os pés, unxíndoos con aceite perfumado. 39 Ao ver isto o fariseo que invitara a Xesús, dixo para si: "Se este fose un profeta sabería que tipo de muller o está tocando, sabería que ela é unha pecadora." 40 Xesús respondeulle dicindo: "Simón, teño algo que che dicir." El contestou: "Di, Mestre." 41 Certo prestamista tiña dous debedores. Un debía cincocentos denarios e o outro cincuenta. 42 Non tendo eles como pagar, perdoou xenerosamente a ámbolos dous. Así que, Cal deles o amará máis? 43 Simón respondeulle e dixo: "Eu coido que ao que máis se lle perdoou." Xesús dixo: Xulgaches correctamente. 44 E volvéndose cara a muller díxolle a Simón: "Ves a esta muller. Eu entrei na túa casa. Ti non me deches auga para os meus pés, pero ela regou os meus pés coas súas bágoas e secounos cos seus cabelos. 45 Ti non me deches un bico, pero dende que cheguei, ela non parou de bicar con tenrura os meus pés." 46 Non unxiches a miña cabeza con aceite, pero ela unxiu os meus pés con aceite perfumado. 47 Polo tanto dígoche que os seus pecados, que son moitos, foron perdoados pois ela amou moito. Pero a que pouco se lle perdoa, ama pouco. 48 Logo díxolle a ela: "Os teus pecados son perdoados." 49 E os que estaban á mesa comezaron a dicirse entre eles: Quen é este que ata perdoa pecados? 50 Entón Xesús díxolle á muller: "A túa fe salvouche. Vai en paz."