Capítulo 6

1 E sucedeu que nun día de repouso pasaba Xesús por diante dunhas leiras sementadas, e os seus discípulos arrincaban e comían as espigas debullándoas coas mans. 2 Pero algúns dos fariseos dixeron: como facedes o que non convén no día de repouso? 3 Respondendo Xesús, dixo: E logo non lestes cando David e os que estaban con el, esfameados; 4 como entraron na casa de Deus, e colleu e comeu os pans consagrados, que ningén pode comer, agás os sacerdotes, e compartiunos cos seus compañeiros? 5 E dicíalles: O Fillo do Home é o Señor do día de repouso. 6 E noutro día de repouso sucedeu que entrou na sinagoga e ensinaba, e había alí un home tolleito da man dereita. 7 E os escribas e os fariseos non lle sacaban ollo, para ver si curaba no día de repouso, para ter algo de que acusalo. 8 Pero el coñecía os seus pensamentos, e díxolle ao tolleito: Érguete e ponte ahí no medio. E erguéndose, achegouse a el. 9 Xesús díxolles: Eu pregúntovos: é lexítimo no día de repouso facer ben ou facer mal; salvar unha vida ou deixar que morra? 10 E mirando arredor del, díxolle ao home: Estende a túa man. El fíxoo así e a man curou. 11 Pero eles enchéronse de xenreira, e barallaban distintas opcións para facerlle a Xesús. 12 Neses días, El foi ao monte a orar, e pasou alí toda a noite adorando e pregándolle a Deus. 13 Ao amencer, chamou aos seus discípulos, e escolleu 12 de entre eles, e chamóunos apóstolos. 14 Simón, a quen chamou Pedro, e Andrés o seu irmán; Xacobe e Xoan; Felipe e Bartolomé; 15 Mateo e Tomás; Xacobe, fillo de Alfeo, e Simón, o coñecido como o Zelote; 16 Xudas, fillo de Xacobe e Xudas Iscariote, quen chegou a ser un traidor. 17 Baixou do monte con eles e detívose nunha chaira; e unha gran multitude dos seus discípulos e infinidade de persoas do pobo, de toda Xudea, de Xerusalén e da rexión costeira de Tiro e Sidón, 18 que acudiron para oílo e para ser curados das súas doenzas; e os que eran perturbados por espíritos inmundos eran sandados. 19 Todos procuraban achegarse a El, porque del salía o poder para sandalos. 20 Volvendo a vista cara os discípuos, dicíalles: Felices sodes os pobres, porque o reino de Deus vos pertence. 21 Felices os famentos, porque vos fartaredes. Felices os que agora chorades, porque habedes rir.. 22 Felices sodes cando as persoas vos rexeitan, cando vos afastan deles, chamándovos de todo, e vos exclúan poñendo os vosos nomes na lista negra, por causa do Fillo do Home. 23 Alegrádevos cando vos vexades nestas, e dade brincos de ledicia, porque velaí, o voso premio é grande no ceo, xa que os seus pais fixeron do mesmo xeito aos profetas. 24 Pero ai de vós, os ricos, que xa vos contentades aquí. Ai de vós, os que agora tendes de todo, porque pasaredes fame. 25 Ai de vós, os que agora rides!, porque vos lamentaredes e habedes chorar os sete chorares. 26 Ai de vós, cando todas as persoas falen marabillas de vós! porque os seus devanceiros tamén falaban ben dos falsos profetas. 27 Aos que me estades a oír, dígovos: amade aos vosos inimigos; facede o ben aos que vos rexeitan, 28 bendicide a quen vos critica; orade polos que vos desacreditan. 29 30 Si alguén che dá unha labazada, ponlle a outra meixela; e ao que che quite o abrigo, dalle tamén a camiseta. A todo o que che pida, dalle, e a quen che roube, non llo reclames. 31 Facede con todas as persoas como queredes que fagan convosco. 32 Si amades aos que vos aman, cal é o voso mérito? Mesmo os pecadores aman a quen os ama. 33 Si facedes ben aos que bos fan ben, fixestes algo de máis? Os pecadores fan igualiño. 34 Si lle prestades a alguén que sabedes que volo pode devolver, que mérito tendes? Os pecadores prestan aos pecadores a cambio do reembolso completo. 35 É mellor que amedes aos vosos inimigos e que fagades o ben, que prestedes sen esperar nada a cambio, e a vosa recompensa será grande, e seredes fillos do Altísimo; porque El é amable cos desagradecidos e desalmados. 36 Sede compasivos, así como o voso Pai é compasivo. 37 Non xulguedes e non seredes xulgados; non sentenciedes e non haberá sentencia para vós; perdoade e seredes perdoados. 38 Dade e darásevos a vós; botarán no voso regazo boa medida, empacada, peneirada e desbordante. Coa medida que medides, seredes medidos. 39 Faloulles tamén por parábola: Poderá un cego guiar a outro cego? Non caerán os dous nun burato? 40 Un discípulo non está por riba do seu mestre, pero todo aprendiz, despois de prepararse en condicións, será coma o seu mestre. 41 E por que miras a palla no ollo do teu irmán e non ves a viga que tes no teu? 42 Ou como lle podes dicir: Irmán déixame que che saque esa palla que tes no ollo, cando nin ti mesmo podes ver a viga que está no teu? Hipócrita! Limpa primeiro a viga que está no teu ollo e logo poderás ver con claridade para sacar a palla no ollo do teu irmán. 43 Non hai árbore bo que de mal froito, nin ao revés, árbore mala que produza bo fruto. 44 Cada árbore é coñecida polo seu froito. Ningén recolle figos das toxeiras, nin vendiman uvas das silveiras. 45 A boa persoa, so pode sacar boas cousas do bo tesouro do seu corazón; e a persoa mala, do mal tesouro saca o que é malo, porque cada un fala segundo o que hai no seu interior. 46 Por que me chamades: "Señor, Señor", e non facedes o que vos digo? 47 Todo o que se achega a min e escoita as miñas palabras a as pon en práctica, direivos a quen se asemella: 48 Semella unha persoa que foi edificar unha casa e cavou ben fondo, e puxo os fundamentos da casa sobre a rocha, e cando veu unha enchente do río que botou por fóra, bateu contra aquela casa, pero non foi quen de botala abaixo porque estaba ben construída. 49 Pero a persoa que escoitou e quedou de brazos cruzados, semella unha persoa que foi edificar unha casa sobre terra, sin poñer os fundamentos, e a enchente bateu contra dela e no intre veu abaixo, e foi grande a ruina daquela casa.