Capítulo 5

1 Estando Xesús no lago de Xenesaret, sucedeu que a multitude se amoreaba ao redor del para escoitar a palabra de Deus, 2 viu dúas barcas que estaban na beira do lado, mais os pescadores baixaran delas e lavaban as redes. 3 Subindo nunha das barcas, a que era de Simón, pidiu que se separase un pouco de terra; e sentandose, ensinaba ás multitudes desde a barca 4 Cando terminou de falar, lle dixo a Simón: Sal á parte máis profunda e botade as vosas redes para pescar. 5 Respondendo Simón, dixo: Mestre, traballamos toda a noite e non pescamos nada, mais porque ti o pides, botarei as redes. 6 E cando o fixeron, colleron tal cantidade de peixes, que rompían as redes as redes. 7 Entón fixeron acenos aos seus compañeiros da outra barca para que viñeran axudalos. E viñeron e encheron as dúas barcas de tal xeito que se afundían 8 Ao ver isto, Simón Pedro caeu aos pés de Xesús, dicindo: Arreda de min, Señor, porque son home pecador! 9 Porque o asombro se apoderara del e de todos os seus compañeiros, pola grande cantidade de peixes que colleran; 10 e o mesmo ocurriu con Xacobe e con Xoán, fillos de Zebedeo, que eran compañeiros de Simón. E lle dixo Xesús a Simón: Non teñas medo; desde agora será pescador de homes. 11 E despois de arribar, deixando todo, seguíronno. 12 Estando Xesús un día nunha das cidades, velaí que había un home cuberto de lepra; e cando viu a Xesús caeu rostro a terra e lle suplicou: Señor, si queres, podes limparme. 13 Achegando Xesús a man, tocouno, dicindo: Quero, sé limpo. E a lepra o deixou ao instante. 14 El mandoulle que non llo dixera a ninguén. Mais anda - lle dixo - ensinalle ao sacerdote e fai unha ofrenda pola purificación segundo a lei de Moises, para que lles sexa de testemuña 15 E a súa sona crecía cada vez máis, e grandes multitudes viñan para ouvilo e que as sanase das súas enfermidades. 16 Mais con frecuencia El se retiraba a lugares solitarion para orar 17 Un dia que estaba ensinando, estaban sentados alí algúns fariseos e mestres da lei que viñeran de todas as aldeas de Galilea e Xudea, e de Xerusalén; e o poder do Señor estaba con El para sanar 18 E velaí que algúns homes trouxeron nunha padiola a un home paralítico; e tentaban metelo e poñelo diante de Xesús. 19 E non encontrando a maneira de achegalo a Xesús a través da multitude, subiron a azotea e o baixaron coa padiola a través do teito, colocandoo no medio, diante de Xesús 20 Vendo Xesús a fe que tiñan, dixo: Home, os teus pecados te son perdoados. 21 Entón os escribas e os fariseos comezaron a discutir, dicindo: Quen é este que fala blasfemias? Quen pode perdoar os pecados enon só Deus? 22 Sabendo Xesús os seus pensamentos, respondeu e lles dixo: Por qué cavilades nos vosos corazóns? 23 Que é máis fácil de dicir: "Os teus pecados sonche perdoados", o dicir: "Érguete e anda? 24 Pois para que saibades que o Fillo do Home ten autoridade na terra para perdoar pecados (díxolle ao paralítico): Dígoche: Érguete, colle a túa padiola e vai para á túa casa. 25 No mesmo momento se ergueu diante deles, colleu a padiola na que estivera deitado, e marchou glorificando a Deus. 26 E todos quedaron asombrados e daban gloria a Deus; e se encheron de temor dicindo: Hoxe vimos cousas extraordinarias 27 Pasadas estas cousas, Xesús marchou de alí e viu un cobrador de impostos chamado Levi sentado na oficina de tributos, e lle dixo: Sígueme. 28 El, deixando todo, ergueuse e o seguía 29 Entón Levi deu un grande banquete na súa casa. E había un grupo grande de recaudadores de impostos e de outras persoas que estaban sentados á mesa con eles. 30 E os fariseos e os escribas lles daban as queixas aos discípulos, dicindo: Por que comedes e bebedes cos recaudadores de impostos e cos pecadores? 31 Respondendo Xesús, lles dixo: Os sanos non precisan de médico, senon os que están enfermos. 32 Non viñen chamar aos xustos, sinon a pecadores para que se arrepintan. 33 Eles lle dixeron: Os discípulos de Xoán fan xexún con frecuencia e fan oracións; os fariseos tamén fan o mesmo, mais os teus discípulos comen e beben. 34 Entón Xesús lles dixo: Podedes facer que os acompañantes do noivo fagan xexún mentres o noivo está con eles? 35 Mais virán días cando o noivo lle será quitado, entón, por aqueles días, farán xexún. 36 Tamén lles contou unha parabola: Ninguén corta un remendo dunha prenda nova e o pon nun vestido vello; porque entón rompería a prenda nova e non encaixaría na prenda vella. 37 E ninguén pon viño novo en peles vellas, porque entón o viño novo rompería as peles e se vertería o viño e a pel se destruiría. 38 Senon que o viño novo debe botarse en peles novas. 39 E ninguén, despois de beber un viño vello, desexa viño novo, porque pensa: "O vello é mellor"