1
Entón toda a asemblea de eles levantouse, e levaron a Xesús fronte a Pilato.
2
E comezaron a acusalo dicindo: Achamos que este pervirte á nosa nación, prohibindo pagar imposto ao César, e dicindo que El mesmo é Cristo, un Rei.
3
Pilato entón, preguntoulle dicindo: Es ti o rei dos xudeus? E Xesús respondéndolle dixo: "Ti o dis".
4
Pilato dixo aos principais sacertotes e á multitude: Non atopo delito neste home.
5
Pero eles insistían dicindo: El incita ao pobo, ensinando por toda Xudea, comezando dende Galilea hasta aquí.
6
Cando Pilato oíu isto, preguntou se o home era galileo.
7
E ao saber que Xesús pertencía á xurisdicción de Herodes, remitiuno a Herodes, que tamén estaba en Xerusalén naqueles días.
8
Herodes ao ver a Xesús alegrouse moito, pois había moito tempo que quería velo polo que oíra falar del, e agardaba ver algunha milagre del.
9
E interrogouno polo miúdo, pero Xesús nada lle respondeu.
10
Os principais sacerdotes e os escribas tamén estaba alí, acusándoo ferozmente.
11
Entón Herodes, cós seus soldados, despois de tratalo con desprezo e burlarse de El, vestiuno cun espléndido manto e enviouno de novo a Pilato. Naquel mesmo día
12
Herodes e Pilato fixéronse amigos, pois antes estaban enemistados o un co outro.
13
Entón Pilato convocou aos principais sacerdotes, aos gobernantes e ao pobo
14
e díxolles: Presentáchedesme a este home coma un que incita ao pobo á rebelión, pero despois de interrogalo eu diante de vós, non achei ningún delito neste home das acusacións que facedes contra El.
15
Nin tampouco Herodes, pois nolo remitiu de novo, e nada fixo que mereza a morte.
16
Eu, Polo tanto, despois de castigalo, soltareino.
17
E tiña a obriga de soltarlles un preso en cada festa.
18
Pero todos eles gritaron a unha dicindo: Fora con este e sóltanos a Barrabás!
19
(Este fora botado no cárcere por un levantamento na cidade e por homicidio).
20
Pilato, querendo soltar a Xesús, volveu a falarlles
21
pero eles seguían berrando dicindo: Crucifícao! Crucifícao!
22
E el díxolles por terceira vez: Por qué? Qué mal fixo este? Non achei nel ningún delito que mereza a morte, polo tanto, castigareino e soltareino.
23
Pero eles insistían, pedindo a grandes voces que fose crucificado. E as súas voces comezaron a predominar.
24
Entón Pilato decidiu que se lles concedera a súa demanda.
25
E soltou ao que eles pedían, ao que fora botado no cárcere por sedición e homicidio, pero a Xesús entregouno á vontade de eles.
26
Namentres o levaban fora, colleron a un tal Simón de Cirene que viña do campo e lle puxeron a cruz enriba para que a levase detrás de Xesús.
27
E seguíao unha gran multitude do pobo e de mulleres que choraban e se laiaban por El.
28
Pero Xesús, volvéndose a elas, dixo: Fillas de Xerusalén, non choredes por min, chorade máis ben por vos mesmas e polos vosos fillos.
29
Porque veñen días nos que se dirá "Ditosas as estériles, e os ventres que nunca concebiron, e os peitos que nunca criaron".
30
Entón comenzarán a dicir aos montes: "Caede sobre nós"; e aos outeiros: "Cubrídenos"
31
Pois se fan estas cousas namentres a árbore está verde, Que pasará cando esté seca?
32
E levaban tamén a outros dous, que eran malfeitores, para ser mortos con Él.
33
Cando chegaron ao lugar chamado: "A Caveira", crucificaron alí a Xesús e aos malfeitores, un á dereita e outro á esquerda.
34
E Xesús dicía: Pai, perdónaos, porque non saben o que fan. E botaron sortes, repartíndose entre eles os seus vestidos.
35
O pobo estaba mirando; e aínda os gobernadores facían riso del dicindo: A outros salvou, que se salve a sí mesmo se este é o Cristo de Deus, o seu Escollido.
36
Os soldados tamén se burlaban del, acercándose e ofrecéndolle vinagre,
37
e dicindo: Se ti es o rei dos xudeos, sálvate a ti mesmo.
38
Había tamén unha inscripción enriba del: "Este é o rei dos xudeos".
39
Un dos malfeitores que estaban colgados lanzáballe inxurias dicindo: Non es ti o Cristo? Sálvate a ti mesmo e a nós!
40
Pero o outro contestoulle, e rifándolle dixo: Nin tan sequera temes ti a Deus a pesares de que estás baixo a mesma condea?
41
Nós sen dúbida estamos recibindo xustamente o que merecemos polos nosos feitos, pero este nada malo fixo.
42
E engadiu: Xesús, acórdate de min cando veñas no teu reino.
43
Entón El díxolle: Asegúrocho: Hoxe estarás comigo no paraíso.
44
Era como a hora sexta, cando descenderon tebras sobre toda a terra ata a hora novena
45
ao eclipsarse o sol. A cortina do Templo rachou en dous.
46
E Xesús, clamando a gran voz, dixo: Pai, nas túas mans encomendo o meu espirito. E dito isto, expirou.
47
Cando o centurión veu o que sucedera, glorificaba a Deus dicindo: Verdareiramente, este home era inocente.
48
E cando a s multitudes que re reuniran para presenciar este espectáculo, ao observar o que acontecera, volveron dándose golpes no peito.
49
Pero todos os seus coñecidos e as mulleres que o acompañaran dende Galilea, estaban a certa distancia vendo estas cousas.
50
E había un home chamado Xosé, membro do concilio, varón bo e xusto
51
(que non estivera de acordo co plan e o proceder dos demáis) de Arimatea, cidade dos xudeos e que agardaba o reino de Deus.
52
Este foi a Pilato e pediulle o corpo de Xesús,
53
e baixándoo, envolveuno nun lenzo de lino, e puxoo nun sepulcro excavado na rocha onde ninguén fora posto aínda.
54
Era o día da preparación, e estaba para comezar o día de repouso.
55
As mulleres que viñeran con El dende Galilea seguiron detrás (a Xosé), e viron o sepulcro e como foi colocado o corpo.
56
E cando regresaron, prepararon especias aromáticas e perfumes.
E no día de repouso descansaron conforme o mandamento.