1
Pero o primeiro día da semana, na madrugada, viñeron ao sepulcro traendo as especias aromáticas que prepararan.
2
E atoparon a pedra removida do sepulcro, e cando
3
entraron non atoparon o corpo do Señor Xesús.
4
E aconteceu que estando elas abraiadas por isto, de pronto puxéronse canda elas dous varóns en vestiduras resplandecentes;
5
e estando elas aterrorizadas e inclinadas as súas facianas a terra, eles dixéronlles: Por qué buscades entre os mortos ao que vive?
6
Non está aquí, senón que resucitou. Lembrádevos cómo vos falou cando aínda estaba en Galilea,
7
dicindo que o Fillo do Home debía ser entregado en mans de homes pecadores, e ser crucificado, e ao terceiro día resucitar.
8
Entón elas lembráronse das súas palabras
9
e regresando do sepulcro, anunciaron todas estas cousas aos once e a tódolos demáis.
10
Eran María Magdalena e Xoana e María, a nai de Xacobo; tamén as demáis con elas referían estas cousas aos apóstolos.
11
E a eles estas palabras parecéronlle andrómenas, e non as creron.
12
Pero Pedro levantouse e correu ao sepulcro e abaixándose viu só as envolturas de liño; e foise á súa casa marabillado do que acontecera.
13
Aquel mesmo día dous deles ían a unha aldea chamada Emaús, que estaba como a once kilómetros de Xerusalén.
14
E falaban entre si sobre todas estas cousas que sucederan.
15
E ocorreu que namentres falaban e discutían, Xesús mesmo acercouselles e camiñaba con eles.
16
Pero os seus ollos estaban velados para que non o recoñecesen.
17
Xesús díxolles: Que discusións son estas que tendes entre vós namentres que camiñades? E eles detivéronse, con rostro triste.
18
Respondendo un chamado Cleofas díxolle: Es ti o único visitante de Xerusalén que non sabe as cousas que nela sucederon nestes días?
19
Entón El díxolles: Que cousas? E eles dixéronlle: As refrentes a Xesús o Nazareno, que foi un profeta poderoso en obra e palabra diante de Deus e todo o pobo;
20
e como os principais sacerdotes e os nosos gobernantes entregáronno a sentencia de morte e o crucificaron.
21
Pero nós agardábamos que el era o que ía redimir a Israel. Pero ademais de todo isto, este é o terceiro día dende que estas cousas aconteceron.
22
E tamén algunhas mulleres de entre nós asombráronnos
23
cando foron de madrugada ao sepulcro e ao non atopar o seu corpo, viñeron dicindo que tamén viran unha aparición de anxos que dicían que El vivía.
24
Algúns dos que estaban connosco foron ao sepulcro e non o atoparon tan e como tamén as mulleres dixeran, pero a El non o viron.
25
Xesús díxolles: Que parvos e tardos de corazón en crer en todo o que os profetas dixeron!
26
Non era preciso que o Cristo sufrira estas cousas e entrara na súa gloria?
27
E comezando por Moisés e con todos os profetas, explicoulles o referente a El en tódalas Escrituras.
28
Acercáronse á aldea onde ían, e El fixo como que ía máis lonxe.
29
Eles instáronlle dicindo: Quédate connosco, porque está atardecendo e xa o día declinou. E entrou a quedarse con eles.
30
E sucedeu que ao sentarse á mesa con eles, tomou o pan e bendeciuno e partíndoo deullelo.
31
Entón foronlles abertos os seus ollos e recoñecéronno; pero el desapareceu da presencia deles.
32
E dixéronse o un ao outro: Non ardía dentro de nós o noso corazón namentras nos falaba no camiño, cando nos explicaba as Escrituras?
33
E levantáronse nesa mesma hora, regresaron a Xerusalén, e atoparon reunidos aos once e aos que estaban con eles que
34
dicían: É verdade que o Señor resucitou e apareceuse a Simón.
35
E eles contaban as súas experiencias no camiño, e como lle recoñeceran ao partires o pan.
36
Namentres eles relataban estas cousas, Xesús púxose en medio deles e lles dixo: Paz a vós.
37
Pero eles, aterrorizados e anguriados, pensaron que vían un espírito.
38
E el díxolles: Por que estades asustados, e por que xorden dúbidas no voso corazón?
39
Mirade as miñas mans e os meus pés, que son eu mesmo, apalpádeme e vede, porque un espírito non ten carne nin osos como vedes que eu teño.
40
E cando dixo isto, ensinoulles as mans e os pés.
41
Como eles aínda non o crían por mor da alegría e que estaban abraiados, díxolles: Tendes aquí algo de comer?
42
Entón eles déronlle parte dun peixe asado.
43
E El tomouno e comeu diante deles.
44
E díxolles: Isto é o que eu vos dicía cando aínda estaba convosco: que era preciso que se cumprira todo o que sobre min está escrito na lei de Moisés, nos profetas e nos salmos.
45
Entón abriulles a mente para que comprenderan as Escrituras,
46
e díxolles: Así está escrito, que o Cristo padecera e resucitara de entre os mortos ao terceiro día,
47
e que no seu nome se predicara o arrepentimento para o perdón dos pecados a tódalas nacións, comezando dende Xerusalen.
48
Vós sodes testemuña destas cousas.
49
Mirade, Eu enviarei sobre vós a promesa do meu Pai, pero vós permanecede na cidade ata que sexades investidos co poder do alto.
50
Entón levounos fora, ata preto de Betania, e levantando as súas mans bendeciunos.
51
E aconteceu que namentres os bendecía, separouse deles e foi levado arriba ao ceo.
52
Eles, despois de adoralo, voltaron a Xerusalen con gran gozo,
53
e estaban sempre no templo bendecindo a Deus.