Capítulo 22

1 Achegábase a festa dos ácimos, a Pascua. 2 E os principais sacerdotes e os escribas buscaban cómo matar a Xesús, porque tiñan medo da xente. 3 Pero entrou Satanás e Xudas o Iscariote, un dos 12; 4 e indo onde estaban os principais sacerdotes e os capitáns, falou con eles para ver como llelo podía entregar. 5 Eles enchéronse de alegría, e acordaron en darlle cartos. 6 El comprometeuse con eles, e andaba buscando a mellor oportunidade para entregalo, cando non houbera moita xente polo medio. 7 9 Chegou o día dos ácimos, no que debía sacrificarse o cordeiro da Pascua. 8 Enviou, entón, Xesús, a Pedro e a Xoan dicindo: Ide e preparade a Pascua para que podamos comela xuntos. Eles dixeron: Onde queres que a preparemos? 10 Respondeulles: Cando entredes na vila, sairá na vosa procura un home que leva un cántaro de auga; seguídeo á casa donde entre. 11 Diredes ao dono da casa: O Mestre mándache dicir: Onde está o cuarto de hóspedes, no que poida comer a Pascua cos meus discípulos? 12 El amosaravos un cuarto no piso superior, que xa está listo; facedea alí. 13 E foron e atoparon todo como El lles dixera, e prepararon a Pascua, 14 Cando chegou a hora, sentou á mesa xunto cos apóstolos, 15 e díxolles: Moito dexesei comer convosco esta Pascua antes de que empecen os meus sufrimentos; 16 pois dígovos que endexamais a volverei comer ata que se cumpra o reino de Deus. 17 E recibindo a copa, dou as gracias por ela, dixo: Tomade e repartidea entre vós; 18 porque vos digo que de agora en diante non beberei do fruto da vide, ata que veña o reino de Deus. 19 E tomando o pan, logo de dar gracias por el, partiuno, e doullelo dicindo: Esto é o meu corpo que se entrega por vós; facede isto en memoria de min. 20 Do mesmo xeito fixo coa copa tomándoa despois da cea dicindo: Esta copa é a nova alianza no meu sangue, que é derramado por vós. 21 Pero, mirade que vos digo, que a man do que me ha entregar está aquí nesta mesma mesa, ao meu carón. 22 Porque o Fillo do Home, vaise como foi determinado, pero ai daquel que o entrega! 23 Entón eles empezaron a discutir entre eles a ver quen sería o que tal faría. 24 Tiveron unha boa agarrada por ver quen debía ser o de maior relevancia entre eles. 25 E Xesús díxolles: os reis das nacións gobernan sobre eles, e os que teñen autoridade sobre eles, son considerados como benfeitores. 26 Pero entre vós non ha ser así: mais ben, o maior entre vós chegue a ser como o menor, e o que lidera como o servente. 27 Quen é o maior, o que se senta á mesa ou o que a serve? Non será o que se senta á mesa? Mais entre vós, eu son como o servente. 28 Vós sodes os que estuvestes sempre ao meu carón en todas a miñas probas; 29 Así como meu Pai dispuxo un reino para min, 30 eu concédovos que comades e bebades na mesa do meu reino; e sentaredes nos tronos xulgando ás 12 tribos de Israel. 31 Simón, Simón, mira que Satanás puxo unha demanda na vosa contra para zarandearvos coma a trigo; 32 pero eu roguei por ti para que a túa fe non che falte; e cando volvas, fortalece a teus irmáns. 33 Pero el díxolle ao Señor: estou listo para ir contigo á cadea ou mesmo á morte. 34 Pero Xesús díxolle: Ai Pedro, antes que o galo cante, xa terás negado coñecerme por 3 veces. 35 E díxolles; cando vos mandei ir sen cartos, nen privisións, nen con calzado de reposto, pasastes necesidade de cousa algunha? Eles dixeron: De nada. 36 El díxolles: pois agora, o que teña cartos, que os leve, e se ten provisións ,que as leve tamén, e o que non teña espada, que venda o seu abrigo e merque unha. 37 O que vos estou a dicir é que é preciso que se cumpra en min aquilo que está escrito: " E foi contado cos malfeitores"; e no tocante a min, ten o seu cumprimento. 38 Eles dixeron: Señor, mira, velaquí dúas espadas. El dixo: Xa está ben. 39 E coma de costume encamiñouse cara o monte das Oliveiras, e os discípulos sairon tras del. 40 E cando chegaron alí díxolles: non deixedes de orar para que non entredes en tentación. 41 E afastouse deles coma a un tiro de pedra de 40-50 metros 42 dicindo: Pai, se é a túa vontade, afasta de min esta copa; mais non sexa feita a miña vontade, senón a túa. 43 Entón, puido ver a un anxo do ceo que veu para darlle forza. 44 E nesa loita interna, oraba máis intensamente, e chegou a ser a súa suor coma callóns caendo na terra. 45 Erguéndose da oración, foi onde os discípulos e atopounos durmindo da tristeza que tiñan. 46 E díxolles: por que durmides? Erguédevos e orade para que non entredes en tentación. 47 E ainda estab falando el, cando unha morea de xente apareceu e adiantóuselles Xudas, un dos 12, e achegouse a Xesús e bicouno. 48 Pero Xesús díxolle: con este bico entregas ao Fillo do Home? 49 E os que estaban do seu redor, vendo o que pasaba dixeron: Ferirémolos coas espadas? 50 E un deles feriu ao escravo do sumo sacerdote e levoulle por diante a orella dereita. 51 Respondeu Xesús dixo: basta xa con esto! E tocando a orella do escravo, sanouno. 52 Entón Xesús dixo aos principais sacerdotes e aos oficiais do templo, e aos anciáns que viñeran na súa contra: Viñestes prenderme con espadas e con paus coma se eu fose un ladrón? 53 Non me puxestes a man enriba cando estaba convosco no templo, senón que este é o voso momento , o tempo no que reina sobre vós a escuridade. 54 Arrestándoo, levárono e metérono na casa do sumo sacerdote; pero Pedro seguíalles o rastro. 55 Prenderon o lume no medio do patio, e sentaron, e pedro sentou no medio deles. 56 E ao velo sentado onda o lume, fixándose ben nel, dixo unha criada: tamén este estaba con El. 57 Mais el negouno, dicindo: muller, se ti nen me coñeces. 58 Pero pouco despois véndoo outro dixo: Ti tamén eres un deles! Pero Pedro dixo: home, que dis? iso non é certo! 59 Como despois de unha hora, outro insistía, dicindo: En verdade que es dos que estaba con El, pois tamén es galileo. 60 Pero Pedro dixo: Home, eu non sei do que falas. E aínda estaba falando cando un galo cantou. 61 O Señor volveuse e mirou a Pedro. Pedro lembrou a palabra do Señor, que lle dixera: Antes que o galo cante, negarás coñecerme por 3 veces. 62 E saíndo para fora chorou amargamente. 63 Os homes que tiñan a Xesús baixo custodia, mofábanse del e batían nel; 64 e tapándolle os ollos, preguntábanlle: profetiza! a ver se sabes quen de nós está a bater en ti? 65 Tamén dicían moitas cousas na súa contra, insultándoo. 66 Cando se fixo de día, reuniuse o consello dos anciáns da vila, tanto os principais sacerdotes coma os escribas, e levaron a Xesús perante o seu consello, dicindo: 67 Se es ti o Cristo, dínolo. Pero El díxolles: Se volo digo, non creeredes; 68 e se vos pregunto, non me daredes resposta. 69 Pero de agora en diante, O Fillo do Home estará sentado á destra do poder de Deus. 70 Dixeron todos: Daquela, es ti o Fillo de Deus? E el díxolles: Sodes vós os que o estades dicindo. 71 E eles dixeron: Que necesidade temos de testemuña? Pois nós mesmos o escoitamos da súa boca.

de 40-50 metros, e axeonllándose falaba con Deus,