1
Xesús levantou a vista e viu aos ricos que botaban as súas ofrendas na arca do tesouro.
2
E viu tamén unha viuva pobre que botaba alí unhas moedas de cobre;
3
e dixo: Asegúrovos que esta viuva tan pobre botou máis que todos eles,
4
porque todos eles botaron do que lles sobraba, mais ela, da súa pobreza, botou o que tiña para vivir.
5
E mentres algúns falaban do templo, de como estaba adornado de pedras preciosas e exvotos, Xesús dixo:
6
encanto a estas cousas que estades vendo, virán días nos que non quedará pedra sobre pedra que non sexa derribada
7
Entón lle preguntaron, dicindo: Mestre, cando serán estas cousas e cal será o sinal de que van acontecer?
8
El dixo: Mirade que non vos enganen; porque moitos virán no meu nome, dicindo: "Eu son o cristo" e "O tempo está perto". Non os sigades.
9
E cando escoitedes de guerras e disturbios, non teñades medo; porque estas cousas teñen que vir primeiro, mais non será o fin.
10
Entón lles dixo: levantaráse nación contra nación e reino contra reino;
11
e haberá grandes terremotos, e pragas e fame en moitos sitios; e haberá cousas espantosas e grandes sinais no ceo
12
Mais antes de todas estas cousas vos botaran a man enriba e vos perseguirán, entregándovos as sinagogas e aos cárceres, levándovos ante reis e gobernantes pola miña causa.
13
E isto vos dará a oportunidade de testemuñar
14
Polo tanto, facede proposito de non perparar de ante man a vosa defensa;
15
porque eu vos darei palabra e sabedoría que ningún dos vosos inimigos poderá replicar
16
Mais ata vos entregarán os vosos pais, irmáns , parentes e amigos; e matarán a algúns de entre vos,
17
e pola miña causa seredes odiados por todos .
18
Sen embargo, non perderedes nin un pelo da vosa cabeza.
19
Gañaredes as vosas almas coa vosa perseverancia
20
Cando vexades a Xerusalén rodeada por exércitos, saberedes que a destrucción está perto.
21
Entón, os que estean en Xudea, fuxan aos montes, e os que están no medio da cidade, afastense; e os que estean no campo, non volten a ela;
22
porque estes son días de vinganza para que se cumpran todas as cousas que están escritas
23
Ai das que estean embarazadas e as que estean amamantando por aqueles días! Porque haberá unha grande calamidade e ira sobre o povo;
24
e morrerán a espada, e os levarán cautivos a todas as nacions; e os xentís pisarán a Xerusalén, ata que se cumpra tamén o tempo para os xentís.
25
E haberá sinais no sol, na lúa e nas estrelas, e sobre a terra angustia entre as nacións, asombradas polo ruxido do mar e das ondas,
26
desfalecendo os homes polo medo e o desacougo polas cousas que virán ao mundo; porque mesmo as potencias dos astros se axitarán.
27
E entón eles verán ao FILLO DO HOME QUE VEN NUNHA NUBEcon poder e gloria.
28
Cando todo isto comece a suceder, erguede as vosas cabezas, porque a vosa liberación está perto.
29
E Xesús lles deu unha parabola: Mirade a figueira e todas as árbores.
30
Cando xa saen as follas, ao vélo, vos mesmos sabedes que o verán está perto.
31
Así tamén, cando vexades que ocoren estas cousas, saberedes que o reino de Deus está perto.
32
Asegúrovos que non pasará esta xeración ata que todo isto suceda.
33
O ceo e a terra pasarán, mais as miñas palabras non pasarán.
34
Estade atentos a vos mesmos, non vaia ser que o voso corazón se encha de praceres e embriaguez e coas preocupacións da vida , e aquel día chegue de súpeto
35
sobre vos; porque virá sobre todos os que habitan a terra
36
Mais vixiade en todo tempo, orando para que teñades forza para fuxir de todas estas cousas que está por vir, e poidade comparecer ante oFillo do Home
37
Durante o día ensinaba no templo, mais ao oscurecer saía e pasaba a noite no monte das Oliveiras.
38
E todo o povo madrugaba para ir ao templo para escoitálo