Lucas 20

1 Un día dos que estaba ensinando á xente no templo e anunciando o evanxeo, presentáronselle os sumos sacerdotes e os escribas cos ancianos, 2 e lle falaron, dicindo: Dinos, con que autoridade fas estas cousas, ou que che deu a autoridade? 3 Respondendo el lles dixo: Eu tamén vos vou facer unha pregunta; dicídeme: 4 O bautismo de Xoán, era do ceo ou dos homes? 5 Falaban entre eles, dicindo: Se dicimos "do ceo", El dirá "Por que non críchedes?". 6 Mais si dicimos "dos homes", todo o povo nos matará a pedradas, pois están convencidos de que Xoán era un profeta 7 Responderon que non sabían de onde era. 8 Xesús entón lles dixo: Tampouco eu vos direi con que autoridade fago estas cousas 9 Entón comezou a contarlle ao pobo esta parábola: Un home plantou unha viña, e lla arrendou a uns labregos e marchou de viaxe por moito tempo. 10 No tempo da vendima, enviou a un criado aos labradores para que lle deran parte do froito da vide. Mais os labradores, despois de mallalo, enviáronno coas mans valeiras 11 Volveu a enviar outro criado, e, despois de mallar nel e aldraxálo, tamén o enviaron coas mans valeiras. 12 Volveu mandar un terceiro; e a este tamén o feriron e o botaron fora. 13 Entón o dono da viña dixo: "Que farei?" Enviarei ao meu fillo amado, quizais a el o respeten. 14 Mais cando os labregos o viron, pensaron entre si, dicindo: "Este é o herdeiro, matémolo para que a herdanza quede para nos" 15 E botáronno fora da viña e o mataron. Entón, que fará o dono da viña? 16 Virá e acabará a estes labregos e lle dará a viña a outros. E cando eles escoitaron isto, dixeron: Nunca ocorra tal cousa! 17 Mais el fitandoos, dixo: Entón, que quer dicir isto que está escrito: "A PEDRA QUE DESBOTARON OS CONSTRUCTORES, ESA SE CONVERTIU EN PEDRA ANGULAR?" 18 Todo o que caia sobre esa pedra, escachará; e sobre o que caia ela, esmagarao. 19 Os escribas e os sumos sacerdotes entenderon que a paráboloa era por eles e quixeron botarlle a man naquel mesmo momento, mais tiveron medo do pobo. 20 Axexandoo, puxeronlle uns espias que finxían ser xustos, para sorprendelo nalgunha palabra e entregalo ao poder e á autoridade do gobernador 21 E lle preguntaron, dicindo: Mestre, sabemos que falas e ensinas rectamente, e que non xulgas polas apariencias, sinon que ensinas con verdade o camiño de Deus. 22 É legal que paguemos impostos ao César, ou non? 23 Mais El, percibindo a súa astucia, lles dixo: 24 Ensinádeme un denario. De quen é esta imaxe e a inscripción que leva? Eles lle dixeron: Do César 25 Entón El lles respondeu: Pois dade a Céser o que é de César, e Deus o que é de Deus. 26 E non podían pillalo en ninguna palabra diante do pobo; e , pasmados pola súa resposta, calaron. 27 E achegándose a El alguns saduceos (que son os que din que non hai resurección), 28 lle preguntaron, dicindo: Mestre, Moises escribiu: "SI LLE MORRE A ALGÚN O IRMÁN CASADO E NON DEIXA FILLOS, QUE O SEU IRMÁN TOME Á VIUVA E LLE DEA DESCENDENCIA" 29 Había sete irmans; e o primeiro casou, e morreu sen deixar fillos; 30 o segundo 31 e o terceiro casaron coa viuva; e do mesmo xeito tamén os sete, e morreron sen deixar fillos. 32 Xa por último, morreu a muller tamén. 33 Entón, na resurección, de cal será muller? Porque foi muller dos sete. 34 E Xesús lles dixo: Os fillos deste mundo casan e se dan en matrimonio, 35 mais os que son dignos de acadar a vida vindeira e a resurección dos mortos, nen casan, nen se dan en matrimonio; 36 porque tampouco poden morrer, pois son coma os anxos, e son fillos de Deus sento fillos da resurección 37 Mais os mortos resucitan, ainda Moisés llo ensinou, naquela pasaxe da silva adendo, onde chama ao Señor O DEUS DE ABRAHAM, O DEUS DE ISAAC E O DEUS DE XACOBE. 38 El non é Deus de mortos, senon de vivos, porque todos viven para El. 39 Alguns escribas responderon e dixeron: Mestre, falache ben. 40 Porque xa non se atrevían a preguntar nada. 41 Entón Xesús lles dixo: Como din que o Cristo é fillo de David? 42 Xa que David mesmo di no libro dos Salmos: O SEÑOR DIXO AO MEU SEÑOR "SENTA Á MIÑA DEREITA, 43 ATA QUE POÑA OS TEUS INIMIGOS POR ESTRADO DOS TEUS PES". 44 David lle chama Señor. Entón, como pode El ser o seu fillo? 45 Mentre todo o pobo escoitaba, dixo aos seus discípulos: 46 Tende coidado cos escribas, aos que lles gosta andar con vestidos longos e gostan dos saludos respetuosos nas prazas e de ocupar os primeiros asentos nas sinagogas e os lugares de honor nos banquetes; 47 que devoran as casas das viuvas e, polas apariencias, fan oracións longas; eles recibirá maior castigo.