1
Entrando Xesús en Xericó pasaba pola cidade.
2
E había un home chamado Zaqueo que era xefe dos recadadores de impostos e era rico.
3
Tentaba ver quen era Xesús, pero non podía por causa da multitude, xa que era de pequena estatura.
4
Entón, correndo cara adiante, subiu a un sicómoro para velo, porque Xesús estaba a piques de pasar por alí.
5
Cando Xesús chegou ao lugar, mirou cara arriba e díxolle: Zaqueo, baixa de contado, porque hoxe vou quedarme na túa casa.
6
Así que el baixou axiña e recibiuno alegremente.
7
Cando todos viron isto queixáronse dicindo: Foi hospedarse cun home pecador.
8
E Zaqueo, posto en pé, díxolle ao Señor: Señor, a metade dos meus bens dareillos aos pobres, e se nalgo defaraudei a algún, restituireino cadriplicado.
9
E Xesús díxolle: Hoxe veu a salvación a esta casa, xa que el tamén é fillo de Abraham;
10
porque o Fillo do Home veu a buscar e a salvar que se perdera.
11
Namentres eles escoitaban estas cousas, continuando refereiulles unha parábola, porque El estaba preto de Xerusalem, e eles pensaban que o reino de Deus ía aparecer dun momento a outro.
12
Por iso dixo: Certo home de familia nobre foi a un pais de lonxe a recibir un reino pasa si e despois voltar.
13
E chamando a dez dos seus servos deulles dez minas e díxolles: "Negociade ata que eu volva".
14
Pero os seus cidadáns odiábano e enviaron unha delegación detrás del dicindo: "non queremos que este reine sobre nós".
15
E sucedeu que ao regresar él, despois de recibir o reino, mandou chamar á súa presencia a aqueles servos aos que lles dera o diñeiro para saber o que negociaran.
16
E presentouse o primeiro dicindo: "Señor, a túa mina produciu dez máis".
17
E el díxolle: "Ben feito, bo servo, porque foches fiel no moi pouco ten autoridade sobre dez cidades".
18
Entón veu o segundo dicindo: "A túa mina, señor, produciu cinco minas".
19
E dixo tamén a este: "E ti vas estar sobre cinco cidades".
20
E veu outro dicindo: "Señor, aquí está a túa mina, que decidín gardar nun pano pois tíñache medo
21
porque es un home esixente que recolles o que non depositaches e segas o que non sementaches."
22
El contestoulle: "Mal servo " vouche xulgar polas túas propias verbas. Sabías que son un home esixente, que recollo o que non depositei e sego o que non sementei.
23
Entón, por qué non puxeches os meus carto no banco e ao voltar eu recibiríao con intereses?
24
E dixo aos que estaban presentes: "Quitádelle a mina e dádella ao que ten dez minas"
25
E eles dixéronlle: "Señor, el xa ten dez minas".
26
Dígovos que a calquera que ten, máis se se lle dará, pero ao que non ten, aínda o que ten se lle quitará.
27
Pero a etes meus inimigos, que non querían que reinase sobre eles, trédeos aquí e matádeos diante de min.
28
Dito isto, ía diante subindo a Xerusalén.
29
E aconteceu que cando se achegou a Betfagué e a Betania, preto do monte que se chama das Oliveiras, enviou a dous dos seus discípulos
30
dicindo: Ide á aldea que está enfronte, na que ao entrares atoparedes un burriño atado sobre o que nunca se montou ninguén. Desatádeo e traédeo.
31
E se alguén vos pregunta: "Por qué o desatades?", falaredes deste xeito: "Porque o Señor precísao."
32
Entón os enviados foron e atopárono como lles dixera.
33
Namentres desataban o burriño, os seus donos dixéronlles: Por qué desatades o burriño?
34
E Eles responderon: Porque o Señor o precisa.
35
E trouxérono a Xesús, e botando os seus mantos sobre o burriño, montaron a Xesús nel.
36
E namentres El ía avanzando, tendían os seus mantos polo camiño.
37
Cando xa se acercaba, xunto á baixada do Monte das Oliveiras, toda a multitude dos discípulos cheos de ledicia empezaron a louvar a Deus a grande voz por tódalas obras de poder que miraran
38
dicindo: Bendito o rei que ven no nome do Señor! Paz no ceo e gloria nas alturas!
39
Entón algún dos fariseos de entre a multitude dixéronlle: "Mestre, reprende aos teus discípulos."
40
Respondendo díxo: Dígovos que se estos calan, as pedras gritarán.
41
Cando se achegou á cidade chorou sobre ela
42
dicindo: Se ti soubeses neste día o que conduce á paz! Pero agora está oculto aos teus ollos.
43
Porque virán días sobre ti cando os teus inimigos rodearante con barricadas, sitiarante e acosarante por todas partes.
44
Enmagaranche contra o chan e os teus fillos dentro de ti non deixarán pedra sobre pedra porque coñeceches o tempo da túa visitación.
45
E entrando no templo, empezou a botar fora aos que vendían
46
dicíndolles: Escrito está: " E a miña casa será casa de oración" pero vós convertéstela en cova de ladróns.
47
E ensinaba diariamente no templo. Os principais sacerdotes e os escribas e os máis prominentes do pobo procuraban matalo,
48
e non atopaban o xeito de facelo porque toda a xente estaba pendente del escoitándoo.