Capítulo 18

1 E Xesús ensináballes por parábola que lles era preciso estar orando sempre e non desanimarse, 2 dicindo: Había un xuíz nunha vila, que nin tiña temor de Deus, nin respetaba a persoa algunha. 3 Naquela vila había unha viúva, que ía de seguido canda el dicíndolle: Faime xustiza diante do meu contrario. 4 El non quixo facelo, pero logo acordou: Mesmo que nin lle temo a Deus, nin respeto a ningúen, 5 como esta viúva non deixa de molestar, fareille xustiza, non vaia ser que me faga esgotar a paciencia. 6 E dixo o Señor: entendede á resposta do xuíz inxusto. 7 E non será, que Deus lle fará xustiza aos seus escollidos cando lle piden axuda de día ou de noite? Non será paciente con eles? 8 Dígovos que pronto lles ha facer xustiza. Pero, cando veña o Fillo do Home, realmente atopará fe na terra? 9 Falou tamén esta parábola a uns que se tiñan por xustos e menosprezaban aos demáis. 10 Subiron 2 homes a orar no templo, un fariseo e o outro, un recadador de impostos. 11 O fariseo, en pé, oraba deste xeito: Deus, douche as grazas porque non son un estafador coma outros, nin adúltero, nin inxusto; nin como este recadador de impostos. 12 Fago xaxún dúas veces á semana, dou a décima parte de todo o que gaño. 13 Pero o recadador de impostos, en pé , a certa distancia, non quería nin levantar os ollos ao ceo, senón que petaba sobre o seu peito dicindo: Deus, ten piedade de min, que son un pecador. 14 Dígovos que o recadador baixou á súa casa como inocente, pero o outro non; porque todo o que se gabe será abaixado, pero o que se abaixa, será gabado. 15 Levábanlle aos bebés para que os tocara, pero os discípulos vendo esto, amoestábanos. 16 Máis Xesús, chamándoos ao seu carón, dixo: Deixade aos meniños achegarse a min, non llo impedir, porque dos que son semellantes a eles, é o reino de Deus. 17 De certo vos digo: calquera que non reciba o reino de Deus coma se fose un meniño, non entrará nel. 18 Un home importante preguntoulle: Mestre bo, que teño que facer para acadar a vida eterna? 19 Xesús contestoulle: Por que me dis bo? Ninguén e bo senón só un, Deus. 20 Ti sabes os mandamentos: Non cometas adulterio, Non mates, Non roubes, Non deas falso testemuño, honra a teu pai e a túa nai. 21 El dixo: Levo obedecendo todo iso dende novo. 22 Cando Xesús escoitou isto dixo: Aínda che queda unha cousa: vende todo o que posúes e repárteo entre os pobres, e terás tesouro nos ceos; ven e sígueme. 23 Pero oindo estas cousas, quedou apesarado, pois era moi rico. 24 Vendoo Xesús dixo: Que difícil é que os que posúen riquezas, entren no reino de Deus. 25 É máis doado para un camelo entrar polo ollo dunha agulla, que para un rico entrar no reino de Deus. 26 Os que escoitaban dixeron: Daquela, quen poderá salvarse? 27 El respondeu: o que é imposible para as persoas con Deus é posible. 28 Dixo Pedro: Velaquí, nós deixámolo todo, e seguímoste. 29 El díxolles: De certo vos digo que calquera que deixando casa, ou muller, ou irmáns, ou pais ou fillos polo reino de Deus, 30 recibirá moito máis neste tempo, e no futuro terá a vida eterna. 31 Xuntou aparte aos 12 e díxolles: Mirade, subimos a Xerusalén, e vanse cumprir todas as cousas escritas polos profetas sobre o Fillo do Home. 32 Vai ser entregado aos xentiles, e burlaranse del, aldraxarano e cuspirán nel, 33 e logo de ser azoutado, vano matar, e resucitará ao terceiro día. 34 Eles non puideron comprender nada do que lles dicía, pois o verdadeiro significado estaba oculto para eles e non entendían de que estaba a falar. 35 E aconteceu que chegando a Xericó, un cego estaba pedindo sentado á beira do camiño. 36 Escoitando o barullo, preguntaba que era o que estaba pasando. 37 Dixéronlle que Xesús o Narareno pasaba por alí. 38 Entón berrou dicindo: Xesús, Fillo de David, ten compaixón de min! 39 E os que ían por diante prohibianlle que berrara; pero el aín berraba con máís forza: Fillo de David, ten compaixón de min! 40 Xesús detívose e mandou que llo trouxeran; e cando estivo preto del, preguntoulle: 41 Que queres que faga por ti? El dixo: Señor, que recobre a vista. 42 Xesús dixolle: Recibe a vista, a túa fe foi a que te sanou. 43 E instantaneamente recuperou a vista, e seguíao dándolle a gloria a Deus, e a xente do pobo vendo o que pasara, louvaba a Deus.