1
Dicíalles tamén aos seus discípulos: había un home rico que tiña un administrador que foi acusado diante del por malgastar as súas pertenzas.
2
Entón chamouno e díxolle: que e o que está chegando aos meus oídos? presenta as contas da túa xestión, porque aínda non podes administrar o que posúo.
3
E o administrador dixo para si: que farei? O meu señor botoume da administración. Non teño forzas para cavar, e dame vergoña poñerme a pedir lemosna.
4
Xa sei o que farei para que cando me boten da administración, me acepten nas súas casas.
5
E chamando a cada un dos que lle debía ao seu señor, díxolle ao primeiro: Canto lle debes ao meu señor?
6
el díxolle: un cento de bocois de aceite. E díxolle: Toma a túa factura, senta e escribe axiña cincuenta.
7
Despois díxolle a outro: e ti, canto debes? el respondeu: cen medidas de trigo. El díxolle: toma a túa factura e escribe oitenta.
8
Aplaudiu o señor ao administrador inxusto pola astucia coa que actuara, pois os fillos deste mundo son máis prudentes nas súas cousas, que os fillos da luz.
9
E eu dígovos: facédevos amigos coas riquezas inxustas, para que cando falten, sexades acollidos nas moradas eternas.
10
O que é fiel no moi pouco, é fiel tamén no moito; e o que é inxusto no moi pouco, tamén é inxusto no moito.
11
Daquela, se non fostes dignos de confianza coa riqueza inxusta, quen vos vai confiar a riqueza verdadeira?
12
e senón fostes fieis co alleo, quen vos vai dar o voso?
13
Ningún criado pode servir a dous señores, porque detestará a un e amará ao outro, ou estimará a un e despreciará ao outro. Non podedes sevir a Deus e estar escravos das riquezas.
14
Os fariseos, que eran amantes dos cartos, escoitaban estas cousas e facíanlle burla.
15
El díxolles: sodes vós mesmos que vos xustificades diante das persoas, pero Deus coñece os vosos corazóns, porque o que tedes en alta estima, é idolatría diante de Deus.
16
A lei e os profetas foron ata Xoán; desde entón anúncianse as boas novas do reino de Deus, e todos queren entrar nel pola forza.
17
Pero é maís doado que o ceo e a terra pasen, que caia un til da lei.
18
Todo o que se divorcia da súa dona e casa con outra, comete adulterio; e o que casa coa que está divorciada do home, comete adulterio.
19
Había un home rico que vestía roupas de púrpura e liño fino, e que festexaba a diario con espléndidos banquetes.
20
E un mendigo chamado Lázaro repousaba ao pé do seu portal, cuberto de chagas,
21
desexando matar a fame que tiña co que caía da mesa do home rico; incluso os cans se achegaban a lamerlle as chagas.
22
Aconteceu que morreu o mendigo e foi levado polos anxos ao seo de Abraham; e morreu tamén o rico e enterrárono.
23
Estando no Hades
( lugar das almas que partiron )
estando en medio de tormentos alzando os ollos, viu a Abraham ao lonxe, e a Lázaro no seu seo.
24
E berrando dixo: Pai Abraham, ten compaixón de min, e manda a Lázaro canda min para que molle a punta do seu dedo na auga e refresque a miña lingua, pois estou atormentado nestas lapas.
25
Peró Abraham díxolle: fillo, lembra que mentres viviches, recibiches os teus bens, mentres que Lazaro recibiu males; pero aquí está sendo consolado, e ti atormentado.
26
Además disto hai un gran abismo que nos separa de vós, así que os que queren pasar de aquí a vós, non poden, e tampouco se pode cruzar de alá cara nós.
27
Entón el dixo: rógoche, pois, pai, que o mandes á casa do meu pai,
28
para que sexa testemuña aos meus cinco irmáns, e non veñan parar tamén a este lugar de tormento.
29
Pero Abraham díxolle: eles teñen a Moisés e aos profetas; que os escoiten a eles.
30
El dixo: non, pai Abraham, senón que si algún morto se lles aparece, arrepentiranse.
31
Pero Abraham díxolle: se non escoitan a Moisés e aos profetas, tampocou se van convencer se algún se levanta entre os mortos.