1
Entón todos o recadadores de impostos e outros pecadores estaban vindo a Xesús para escoitalo.
2
Tanto os fariseos coma os escribas murmuraban uns aos outros dicindo: "Este home lles da a benvida a pecadores e ata come con eles."
3
Xesús faloulles esta parábola dicindo:
4
Quen de vós, se ten cen ovellas e perde unha delas non deixa ás noventa e noveno deserto e vai trala perdida ata que a atopa?
5
Logo cando da con ela, cóllea no colo e alégrase.
6
Cando vai a casa xunta aos seus amigos e veciños dicíndolles: "Alégrádevos comigo pois atopei a miña ovella perdida."
7
Eu dígolles aínda máis, haberá alegría no ceo cando un pecador se arrepine, máis que noventa e nove persoas xustas que non precisan arrepentirse.
8
Ou que muller que ten dez moedas de prata se perde unha moeda non prende unha lámpada, barre a casa, e busca dilixentemente ata que a atopa?
9
E cando a atopa chama a todos os seus amigos e veciños dicíndolles: Alégrádevos comigo pois atopei a moeda que perdera.
10
Así dígolles hai gozo na presenza dos anxos de Deus por un pecador que se arrepinte.
11
Logo Xesús dixo: Certo home tiña dous fillos
12
e o máis xoven díxolle ao seu pai: Pai, dame agora toda a porción de bens que me toca. Así que dividiu as súas propiedades entre eles.
13
Non moitos días máis tarde, o máis xoven empacou* todo canto tiña e foise para un pais lonxano e aló malgastou os cartos mercando cousas que non precisaba e malgastando os seus cartos nunha vida descontrolada.
14
Entón, cando houbo gastado todo, unha gran fame* veu nese pais e empezou a estar en necesidade.
15
El foi e solicitou traballo a un dos cidadáns dese pais, quen o enviou aos seus campos a alimentar porcos.
16
E el con gusto comería as semillas dos algarrobos* que os porcos comían pois ninguén lle daba de comer.
17
Pero cando o mozo volveu en si dixo: Cantos servos que o meu pai contrata teñen suficiente comida e eu estou aquí morrendo de fame!
18
Voume de aquí e irei ao meu pai e direille: Pai pequei contra o ceo e á túa vista*.
19
Xa non son digno digno de ser chamado o teu fillo, faime coma un dos teus servos contratados."
20
Asi que o fillo mozo marchou e veu canda+ o seu pai. Namentres aínda estaba lonxe, o seu pai viuno e moveuse con compaixón e correu e apertouno e boicouno.
21
O fillo díxolle: Pai pequei contra o ceo e á túa vista. Non son digno de ser chamado o teu fillo.
22
O pai díxolle aos seus servos: Traede rápido a mellor túnica e poñédea sobre el e poñede un anel na súa man e sandalias nos seus pés.
23
Logo traede o carneiro máis engordado e matádeo. Faremos festa
24
pois o meu fillo estaba morto e agora está vivo. Él estaba perdido e agora foi atopado e todos comezaron a festexar.
25
Agora, o seu fillo maior estaba afora nos campos. Namentres viña e acercábase á casa escoitou música e baile.
26
Chamou a un dos servos e preguntoulle qué era aquilo.
27
O servo díxolle: O teu irmán volveu a casa e o teu pai matou o carneiro máis gordo, pois regresou ben.
28
O fillo maior estaba anoxado e non entrou. O seu pai saiu e suplicoulle.
29
Pero o fillo maior contestou e díxolle ao seu pai: "Mira, por moitos anos eu servinte e nunca rompín as regras, en cambio ti nunca me destes un carneiro xoven para que eu poidese festexar cos meus amigos,
30
pero cando o teu fillo, quen gastou todo vivindo con prostitutas ti mataches para el o carneiro máis gordo.
31
O pai díxolle ao fillo: Fillo ti sempre estás comigo e todo o meu é teu.
32
Pero era o propio para nós facer festa e estar contentos, pois o teu irmán estaba morto e agora está vivo, estaba perdido e agora foi atopado.