Capítulo 13

1 Naquel momento había alí algunhas persoas que lle contaron dos galileos cuxo sangue Pilato mixturara coa dos seus sacrificios. 2 Respondendo Xesús, dixo: Pensades que estes galileos eran máis pecadores que os outros galileos porque sufriron isto? 3 Dígovos que non; ao contrario, se non vos arrepentides, todos morreredes igual. 4 Ou pensades que aqueles dezaoito, sobre os que caeu a torre de Siloé e os matou, eran máis debedores que os outros habitantes de Xerusalén? 5 Dígovos que non; ao contrario, se non vos arrepentides, morreredes igual. 6 E lles contou esta parábola: Un home tiña unha figueira plantada na súa viña; foi buscar froitos e non encontrou. 7 Díxolle ao vinateiro: Mira, hai tres anos que veño a buscar froitos nesta figueira e non atopo. Cortaa. Para que esgotar mais a terra? 8 Entón el respondeu dicindo: Señor, deixaa ainda este ano, vou ver de cavar ao redor e de estercar, 9 e se da froito o ano que ven, ben; e senon, cortaa 10 Estaba Xesús ensinando na sinagoga nun dia de repouso, 11 e había alí unha muller enferma por causa dun espírito; estaba eivada e non podía endereitarse de ningunha maneira. 12 cando Xesús a veu, chamouna e lle dixo: Muller, estás libre da túa enfermidade. 13 Puxo as mans sobre ela, e no momento se endereitou e glorificaba a Deus. 14 Mais o oficial da sinagoga, indignado porque Xesús sanara en día de repouso, reaccionou dicindolle á multitude: Hai seis días para traballar; vinde, entón, neses días y sede sanados, e non en día de repouso. 15 Entón o Señor lle respondeu dicindo: Hipócritas, non desatades o voso boi ou o voso asno do presebe no día de repouso p e o levades a beber? 16 E esta que é filla de Abraham, á que o demo tivera atada durante dezaoito anos, non debería ser ceibada no día de repouso? 17 Todos os seus enimigos se avergoñaban ao dicir El isto, mais a multitude se alagraba por todas as cousas gloriosas que El facía 18 Entón dicía: A que se parece o reino de Deus e con que podo comparálo? 19 É parecido a un gran de mostaza que un home colleu e deitou na sua horta; creceu e se fixo unha árbore, e as aves fixeron niño nas súas polas 20 E dixo de novo: Co que compararei o reino de Deus. 21 É semellante ao lévedo que unha muller colleu e puxo en tres medidas de fariña ata que todo quedou fermentado 22 Pasaba Xesús por cidades e aldeas camiño de Xerusalén, ensinando. 23 E alguén lle dixo: Señor, son poucos ao que se salvan? E El respondeu: 24 Esfrozádevos por entrar pola porta estreita, porque vos digo que moitos tentarán entrar e non poderán. 25 Despois de que o dono da casa se erga e peche a porta, vós, estando fora, comezaredes a chamar a porta, dicindo: "Señor, ábrenos", El respondendo, dirá: "Non sei de quen sodes". 26 Entón comezaredes a dicir:"Comimos e bebimos contigo, e ensinaste polas nosas rúas"; 27 e El dirá: "Dígovos que non sei de quen sodes; afastádevos de min todos os que facedes maldade" 28 Alí serán os choros e o renxer de dentes cando vexades a Abraham, a Isaac e a todos os profetas no reino de Deus, e que a vos vós botan fóra. 29 E virán do Oriente e do Occidente, do Norte e do Sur, e sentarán á mesa no reino de Deus. 30 E alí, hai últimos que serán os primeiros e hai primeiros que serán últimos. 31 Nese intre chegaron os fariseos dicíndolle: Sal e marcha de aqui, porque Herodes quere matarte. 32 E lles dixo: Ide e dicídelle a ese raposo: "Eu boto fora demos e fago sanacións hoxe e mañán e ao terceiro día cumpro o meu propósito". 33 Pero hoxe, teño que seguir camiño, hoxe, mañán e pasado mañán; porque un profeta non pode morrer fóra de Xerusalén. 34 Xerusalén, Xerusalén, a que mata aos profetas e apedrea aos que se che envían! Cantas veces quixen xuntar aos teus fillos como a galiña xunta aos seus pitos baixo as súas ás, e non quixeche! 35 Velaí, a vosa casa queda baleira: e vos digo que non me veredes máis hasta que chegue o tempo no que digades: Bendito o que ven no nome do Señor"