Capítulo 9

1 Agora ben, mesmo pola súa parte o primeiro pacto tiña regras de culto e un santuario terreal. 2 Porque había preparado un tabernáculo na parte anterior onde estaban o candelabro, a mesa e o pan sagrado; este é o lugar santo. 3 E tras o segundo veo había un tabernáculo chamado o lugar santísimo, 4 que tiña o altar de ouro do incenso e a arca do pacto cuberta toda de ouro, na que había unha urna de ouro que contiña o maná e a vara de Aarón que reverdeceu e as táboas do pacto; 5 e sobre ela estaban os querubíns de gloria que daban sombra ao propiciatorio; pero non se pode falar agora destas cousas en detalle. 6 Dispostas así estas cousas, certamente entraban no primeiro tabernáculo os sacerdotes de seguido para dar culto a Deus. 7 Pero no segundo só entraba o sacerdote unha vez ao ano, non sen levar sangue, que é ofrecida por sí mesmo e polos erros que por ignorancia eran cometidos polo pobo; 8 dando a entender isto o Espírito Santo: que mentres o primeiro tabernáculo permanecera en pé, o camiño ao lugar santísimo non sería descuberto; 9 cousa que asemella para este tempo, segundo o que se presentan ofrendas e sacrificios que non poden facer perfecto na súa conciencia ao que está a servir, 10 posto que só teñen que ver con comidas e bebidas, e diferentes lavamentos e ordenanzas para o corpo, impostas ata o tempo sinalado da reforma %do perfecionamento%. 11 Pero cando Cristo aparaceu como sumo sacerdote das boas cousas vindeiras, a través dun tabernáculo meirande e perfecto, non feito por mans, é dicir, non desta creación, 12 e non por medio do sangue de chibos e becerros, senón por medio do seu propio sangue, entrou ao lugar santísimo unha vez para sempre obtendo a redención eterna. 13 Porque se o sangue dos chibos e dos touros, e a cinza da becerra esparexida sobre os que se contaminaron, santifican para a purificación da carne, 14 canto máis o sangue de Cristo, quen polo Espírito eterno se ofreceu a sí mesmo sen mancha a Deus, purificará a vosa conciencia de obras mortas para servir ao Deus vivo? 15 Polo tanto é mediador dun novo pacto, para que tendo morto unha vez para a redención das transgresións durante o primeiro pacto, os que foron chamados, reciban a promesa da herdanza eterna. 16 Porque onde hai testamento, é preciso que aconteza a morte do testador. 17 Pois un testamento é válido en caso de morte, xa que non entra en vigor mentres vive o testador. 18 De onde, nen sequera o primeiro entrou en vigor sen sangue; 19 porque unha vez proclamados por Moisés tódolos mandamentos da lei a todo o pobo, collendo o sangue dos becerros e dos chibos, con auga, lá escarlata e hisopo, asperxeu tanto o rollo coma a todo o pobo, 20 dicindo: este é o sangue do pacto que Deus vos mandou. 21 E do mesmo xeito asperxeu con sangue todo o tabernáculo e tódolos utensilios do servizo. 22 E segundo a lei, case todo é purificado con sangue, e non hai perdón sen derramamento de sangue. 23 Daquela, foi necesario que a representación destas cousas celestiais fosen purificadas deste xeito, pero as cousas celestiais mesmas, con sacrificios mellores ca estos. 24 Porque non entrou Cristo nun santuario feito por mans, representación do verdadeiro, senón no mesmo ceo, para presentarse agora na presenza de Deus por nosoutros. 25 E non para ofrecerse repetidamente a sí mesmo, como entra o sacerdote no lugar santísimo unha vez ao ano con sangue alleo; 26 de outra maneira, teríalle sido preciso padecer unha e outra vez dende a fundación do mundo, pero agora foi manifestado unha vez por todas na consumación dos tempos, para quitar o pecado por medio do sacrificio de sí mesmo. 27 E así como está establecido para as persoas que morran unha soa vez, e despois disto o xuízo, 28 así tamén o Mesías foi ofrecido unha vez e para sempre para levar sobre El os pecados de moitos, e ha aparecer por segunda vez, separado do pecado, para salvación dos que o agardan.