1
Agora ben, este é o punto principal do que se dixo: temos tal sumo sacerdote, que se sentou á dereita do trono da Maxestade nos ceos,
2
como servidor do santuario e do tabernáculo verdadeiro, que alzou o señor, non o home.
3
Porque todo sumo sacerdote está constituido para presentar ofrendas e sacrificios, polo que é preciso que éste tamén teña algo que ofrecer.
4
Así que, si El estivera na terra, nen sequera había ser sacerdote, habendo sacerdotes que presentan ofrendas segundo a lei;
5
que sirven ao que é copia e sombra das cousas celestiais, tal como Moisés foi advertido por Deus cando estaba a piques de alzar o tabernáculo; pois, El di: mira, fai tódalas cousas conforme ao modelo que che foi amosado no monte.
6
Pero agora, El acadou un servizo %ministerio% aínda mellor, sendo que tamén é mediador dun mellor pacto, baseado sobre mellores promesas.
7
Pois se aquel primeiro pacto non tivera fallas, non habería lugar para un segundo.
8
Porque reprochándolles, di El: mirade que veñen días, di o Señor, en que establecerei un novo pacto coa casa de Israel e coa casa de Xudá;
9
non coma o pactos que fixen cos seus ancestros o día que os tomei da man para sacalos da terra de Exipto; porque non permaneceron no meu pacto, e Eu desentendinme deles, di o Señor.
10
Porque este é o pacto que Eu farei coa casa de Israel despois daqueles días, di o Señor: porei as miñas leis na súa mente, e escribireinas nos seus corazóns. Eu serei o seu Deus, e eles serán o meu pobo.
11
E ningún deles ensinará ao seu cocidadán, ou a seu irmán, dicindo: coñece ao Señor. Porque todos me coñecerán, dende o menor ata o maior deles.
12
Pois terei misericordia das súas inxustizas, e endexamáis lembrarei os seus pecados.
13
Cando El dixo: un novo pacto, fixo caduco ao primeiro; e o que queda caduco e avellece, está preto a desaparecer.