1
Porque este Melquisedec, rei de Salem, sacerdote do Deus Altísimo, ( quen atopando a Abraham cando viña de volta da matanza %masacre%dos reis, e bendicíndoo,
2
a quen tamén Abraham lle deu a décima parte de tódalas cousas ), primeiro significa Rei de Xustiza, e logo, Rei de Salem, é dicir, Rei de Paz;
3
sen pai, sen nai, sen xenealoxía; non tendo principio de días nen fin de vida, sendo feito semellante ao Fillo de Deus, permanece sacerdote para sempre.
4
Considerade, entón, a grandeza de éste a quen Abraham o patriarca lle deu a décima parte do mellor do botín.
5
E en verdade os dos fillos de Leví teñen mandamento na lei de recoller a décima parte do pobo, é dicir, dos seus irmáns, anque sexan descendentes de Abraham, pois reciben o oficio de sacerdote.
6
Pero o que non descendía deles, recibiu a décima parte de Abraham e bendixo ao que tiña as promesas.
7
Sen lugar a discusión, o menor é bendito polo maior.
8
E, certamente, aquí reciben a décima parte persoas mortais, pero alí un que da testemuño de que vive.
9
E, por así dicilo, aínda Leví por medio de Abraham, deu a décima parte ao recibila del;
10
porque aínda estaba nos lomos do seu pai cando Melquisedec lle saiu ao encontro.
11
Agora ben, se a perfección era por medio do sacerdocio levítico ( pois o pobo recibiu a lei sobre esa base ), que necesidade había de que se levantara outro sacerdote segundo a orde de Melquisedec, e non nomeado segundo a orde de Aarón?
12
Porque cando muda o sacerdocio, necesariamente ocorre tamén un cambio da lei.
13
Pois aquel de quen se din estas cousas, pertence a outra tribo, da que ninguén serviu no altar.
14
Porque é evidente que o noso Señor descendeu de Xudá, unha tribo da que Moisés non dixo nada tocante aos sacerdotes.
15
E isto é aínda máis evidente, se se levanta outro sacerdote a semellanza de Melquisedec,
16
que chegou a selo, non sobre a base dunha lei de requisitos físicos, senón segundo o poder dunha vida indestructible.
17
Pois dáse testemuño de El: ti es sacerdote para sempre segundo a orde de Melquisedec.
18
Porque certamente, queda anulado o mandamento anterior pola súa fraxilidade e ineficacia
19
( pois a lei non perfeccionou nada ), pero hai unha introducción dunha mellor esperanza, pola que nos achegamos a Deus.
20
E por canto non foi sen xuramento, pois en verdade eles chegaron a sacerdotes sen xuramento,
21
pero El por un xuramento do que lle dixo: o Señor xurou e non se ha lamentar, "ti es sacerdote para sempre",
22
Por iso, Xesús veu ser fiador dun pacto mellor.
23
Os sacerdotes anteriores chegaron ser moitos, pois a morte impedíalles continuar,
24
pero El como permanece para sempre, ten un sacerdocio perpetuo.
25
Polo que tamén ten poder para salvar para sempre aos que se achegan a Deus por medio de El, vivindo sempre para interceder por eles.
26
Porque nos conviña ter tal sumo sacerdote: santo, inocente, incontaminado, separado dos pecadores e exaltado nas alturas máis aló dos ceos,
27
que non precisa, como aqueloutros sumos sacerdotes, ofrecer sacrificios a cotío, primeiro polos porpios pecados e logo polos pecados do pobo, poque isto fíxoo unha vez para sempre, cando se ofreceu a sí mesmo.
28
Porque a lei constitúe como sumos sacerdotes a persoas febles, pero a palabra do xuramento, que é despois da lei, constitúe ao Fillo, que é feito perfecto para sempre.