Capítulo 10

1 Porque tendo a lei meramente unha sombra das boas cousas vindeiras e non a imaxe mesma, nunca pode, por medio dos mesmos sacrificios que se ofrecen continuamente cada ano, perfeccionar aos que se achegan. 2 Doutro xeito, non deixarían de ser ofrecidos, posto que os que adoran, unha vez purificados, non terían xa máis conciencia de pecado? 3 Pero neles, faise memoria dos pecados cada ano. 4 Porque é imposible que o sangue de touros e chibos quite os pecados. 5 Polo que, entrando El no mundo, di: non quixeches sacrificio nen ofrenda, pero preparaches un corpo para min; 6 non te agradaches nos holocaustos polo pecado. 7 Daquela dixen: velaí, Eu veño ( no pergamiño do libro foi escrito sobre min ) para facer, oh Deus, a túa vontade. 8 Dicindo máis arriba: non quixeches sacrificios e ofrendas e holocaustos polo pecado, e non te agradaches neles, sendo ofrecidos segundo a lei, 9 entón dixo: velaquí Eu veño para facer a túa vontade. Quita o primeiro para que se estableza o segundo. 10 Por esta vontade é que fomos santificados mediante a ofrenda do corpo de Xesús Cristo unha vez para sempre. 11 E certamente, todo sacerdote mantense dia tras día servindo e ofrecendo moitas veces os mesmos sacrificios, que nunca poden quitar os pecados; 12 pero Este, ofrecendo un só sacrificio polos pecados para sempre, sentouse á destra de Deus, 13 agardando o que queda ata que os seus inimigos sexan postos coma seu repousapés. 14 Porque por unha ofrenda El perfeccionou para sempre aos que son santificados. 15 E tamén o Espírito Santo danos testemuña; porque despois de ter dito: 16 este é o pacto que farei con eles despois daqueles días, di o Señor, porei as miñas leis no seu corazón, e escribireinas na súa mente, 17 e non me lembrarei endexamáis dos seus pecados e transgresións. 18 Pero onde hai perdón destas cousas, xa non hai ofrenda polo pecado. 19 Daquela, irmáns, tendo a confianza de que no sangue de Xesús temos entrada ao Lugar Santísimo, 20 sangue que nos abriu un camiño novo e vivo, por medio do veo, isto é, pola súa carne, 21 e xa que temos un gran sacedorte sobre a casa de Deus, 22 acheguémonos con corazón sincero, con plena certeza de fe, tendo o noso corazón purificado libre de toda mala conciencia e lavado o noso corpo con auga limpa, 23 manteñamos firme a profesión da nosa esperanza, sen dubidar, porque fiel é o que prometeu; e 24 considerémonos uns aos outros para estímulo do amor e das boas obras , 25 non abandoando a nosa propia reunión %a nosa íntima reunión% (2ªTes 2:1) , como algúns acostuman facer, senón exhortándonos, e máis aínda cando vemos que o día está a achegarse. 26 Porque se seguimos a pecar voluntariamente logo de recibir o coñecemento da verdade, xa non queda sacrificio algún polos pecados, 27 senón unha terrible expectación de xuízo, e o ardor dun fogo que ha consumir aos adversarios. 28 O que rexeita a lei de Moisés, morre sen misericordia polo testemuño de dúas ou tres testemuñas. 29 Canto maior castigo pensades que ha merecer quen pisoteou ao Fillo de Deus, e tivo por inmundo o sangue do pacto polo que foi santificado, e ofendeu ao Espírito da graza? 30 Pois coñecemos ao que dixo: a vinganza é miña, Eu pagarei. E outra vez: o Señor ha xulgar ao seu pobo. 31 Cousa tremenda é caer nas mans do Deus vivo! 32 Pero lembrade os días pasados, cando despois de ter sido iluminados, soportastes unha gran loita de padecementos; 33 dunha banda, sendo expostos á vergoña pública con desaprobacións e aflicións, e doutra banda, sendo compañeiros dos que eran tratados así. 34 Porque tivestes compaixón dos prisioneiros e aceptastes con alegría o serdes despoxados dos vosos bens, sabendo que tedes para vós mesmos unha mellor e máis perdurable herdanza. 35 Polo tanto, non perdades a vosa confianza, que ten gran recompensa. 36 Porque precisades de paciencia, para que cando teñades cumprida a vontade de Deus, acadedes a promesa. 37 Porque de aquí a un intre, tan só un intre, o que ha de vir, virá, e non ha tardar. 38 Pero o meu xusto terá vida pola fe; e se retrocede a miña alma non se ha agrada nel. 39 Pero nós non somos dos que apostatamos para perdición, senón dos que gardan a fe para a preservación da alma.