1
E a fe é a certeza do que se espera, a convicción do que non se ve.
2
É por ela que foron aprobados os nosos ancestros.
3
Por fe é que entendemos que o universo foi constituido pola palabra de Deus, de xeito que o que se ve foi feito do que non se vía.
4
Pola fe Abel ofreceu a Deus un mellor sacrificio cá Caín, polo que acadou a aprobación de xusto, dando Deus testemuña das súas ofrendas, e aínda fala por medio dela, tendo morto. %e mesmo morto aínda fala por medio dela%
5
Pola fe Enoc foi levado ao ceo para non ver morte; e non se atopou porque Deus o trasladou; porque antes de ser levado recibiu testemuño de ter agradado a Deus.
6
E é imposible agradar a Deus sen fe; porque cómpre que o que se achega a Deus crea que El existe e que é galardoador dos que o buscan.
7
Pola fe Noé, sendo advertido por Deus sobre as cousas que aínda non se vían, con temor preparou unha arca para a salvación da súa casa, e mediante esa fe condeou ao mundo, e chegou ser herdeiro da xustiza que é segundo a fe.
8
Pola fe Abraham, ao ser chamado, obedeceu, saíndo para un lugar que había recibir como herdanza; e saiu sen saber cara onde ía.
9
Foi pola fe que habitou coma estranxeiro na terra da promesa coma en terra allea, vivindo en tendas coma Isaac e Xacob, coherdeiros da mesma promesa,
10
porque agardaba a cidade que ten alicerces, da que o seu arquitecto e constructor é Deus.
11
Tamén a mesma Sara recibiu a forza para concebir, xa fóra do tempo natural, pois tivo por fiel a quen o prometera.
12
Polo que tamén naceu de un (e este xa case morto) unha descendencia coma as estrelas do ceo en número e innumerable coma a area que está á beira do mar.
13
Todos eles morreron en fe, sen ter recibido as promesas, pero téndoas visto e aceptado con gusto dende lonxe, confensando que eran peregrinos e estranxeiros sobre a terra.
14
Porque os que din tales cousas, claramente dan a entender que buscan unha patria propia.
15
E se en verdade estiveran a pensar naquela patria de onde sairon, ocasión terían de ir de volta.
16
Pero en realidade desexan unha patria mellor, é dicir, celestial. Polo que, Deus non se avergoña de ser chamado Deus deles, pois tenlles preparada unha cidade.
17
Pola fe Abraham cando foi probado, ofreceu a Isaac; e o que recibira as promesas ofrecía ao seu unixénito;
18
respecto do que se dixo: en Isaac che será chamada descendencia.
19
El considerou que Deus era poderoso para levantar aínda de entre os mortos, de onde tamén, en sentido figurado, o volveu recibir.
20
Pola fe Isaac bendixo a Xacob e a Esaú; aínda respecto a cousas futuras.
21
Pola fe xacob, ao morrer, bendixo a cada un dos fillos de Xosé, e adorou, apoiándose no extremo do seu bastón.
22
Pola fe Xosé, ao morrer, mencionou o éxodo dos fillos de Israel, e deu instruccións sobre os seus ósos.
23
Pola fe Moisés, foi escondido polos seus pais ao nacer durante tres meses, porque viron que era un meniño fermoso e non tiveron medo do edicto do rei.
24
Pola fe Moisés, de grande, rehusou ser chamado fillo da filla do faraón,
25
escollendo máis ben ser maltratado co pobo de Deus, antes que gozar dos praceres temporais do pecado,
26
tendo por maiores riquezas o oprobio de Cristo que os tesouros de Exipto; porque tiña posta a mirada na recompensa.
27
Pola fe saiu de Exipto sen temer a ira do rei, porque permaneceu firme coma vendo ao Invisible.
28
Pola fe celebrou a Pascua e o asperxemento do sangue, para que o exterminador dos primoxénitos non os tocara.
29
Pola fe pasaron o mar Roxo coma por terra seca, e cando procuraron pasar os exipcios, afogaron.
30
Pola fe caeron os muros de Xericó, despois de ser rodeados por sete días.
31
Pola fe Rahab a rameira non morreu cos desobedentes, por ter recibido aos espías en paz.
32
E que más hei dicir? Pois non me chegaría o tempo para contar de Xedeón, Barac, Sansón, Xefté, David, Samuel e os profetas;
33
quen pola fe conquistaron reinos, fixeron xustiza, acadaron promesas, pecharon bocas de leóns,
34
apagaron a violencia do lume, escaparon do fío da espada; sendo febles, foron feitos fortes, fixéronse poderosos na guerra, puxeron en fuga a exércitos estranxeiros.
35
As mulleres recibiron aos seus mortos mediante a resurrección; e outros foron torturados, non aceptando a súa liberación, para obter unha mellor resurrección.
36
Outros experimentaron inxurias e azoutes, e mesmo cadeas e prisións.
37
Foron apedrados, aserrados, tentados, mortos a espada; andiveron de aquí para alá cubertos con peles de ovellas e de cabras; destituídos, aflixidos, maltratados
38
(dos que o mundo non era digno), errantes por desertos e montes, por covas e cavernas da terra.
39
E todos eles, sendo aprobados pola súa fe, non recibiron a promesa,
40
porque Deus tiña preparado algo mellor para nosoutros, para que eles non foran feitos perfectos sen nós.