1
Por iso, temos que poñer máis atención ao que escoitamos, non sexa que nos desviemos.
2
Pois se a palabra declarada por medio dos anxos resultou ser firme, e toda a transgresión e desobediencia recibiu xusto castigo,
3
como fuxiremos nós se descoidamos unha salvación tan grande? A que, despois de ter sido anunciada polo Señor, foinos confirmada polos que o ouviron,
4
testificando Deus con eles, tanto por sinais como por prodixios, e por diversos milagres e dons repartidos polo Espírito Santo segundo a súa propia vontade.
5
Porque non someteu aos anxos este mundo que está por vir do que estamos a falar.
6
Mais un testemuñou nalgures: que é o home para que te lembres del, ou o fillo do home para que o teñas en conta?
7
Fixéchelo un chisco menor aos anxos; coroáchelo de gloria e honor, e puxéchelo sobre as obras das túas mans;
8
sometíchelo todo baixo os seus pés. Porque ao estarlle todo sometido, non deixou nada que non lle someter. Mais agora non vemos tódalas cousas que lle están a ser sometidas.
9
Con todo vemos a Aquel que é pouco menor aos anxos, é dicir, a Xesús, coroado de gloria e honor polo padecemento da morte, para que pola graza de Deus gostara a morte por todos.
10
Porque conviña que Aquel, por quen son tódalas cousas, e por medio do que subsisten tódalas cousas, sendo quen de levar moitos fillos á gloria, perfeccionara por medio do padecemento ao autor da salvación deles.
11
Porque tanto o que santifica coma os santificados, son todos de Un; polo que El non se avergoña de chamálos irmans,
12
dicindo: "anunciarei o teu nome aos meus irmáns, no medio da congregación heiche loubar con cantos."
13
E outra vez máis: "Eu confiarei en El". E outra vez: "velaí, eu e mais os fillos que Deus me deu."
14
Por iso , como os fillos participan de carne e sangue, El tamén participou disto mediante a morte para anular o poder de aquel que tiña a morte, é dicir, o diaño;
15
e liberar a todos aqueles que por temor á morte están suxeitos a escravitude para toda a vida.
16
Porque de certo non ven axudar aos anxos, senón que ven na axuda da descendencia de Abraham.
17
Por iso tiña que asemellarse aos seus irmáns en todo, a fin de que chegase a ser un sumo sacerdote misericordioso e fiel nas cousas de Deus, para facer expiación polos pecados do pobo.
18
Xa que El mesmo padeceu sendo tentado no sufrimento, é poderoso para socorrer aos que son tentados.