1
Por tanto, santos irmáns, participantes do chamado celestial, considerade a Xesús, como o Apóstolo e Sumo Sacerdote da nosa fe.
2
Quen foi fiel ao que o chamou, como tamén o foi Moisés en toda a casa de Deus.
3
Porque El foi considerado digno de máis gloria ca Moisés, así como o construtor da casa ten máis honra que a casa mesma.
4
Porque toda casa ten un construtor, mais o que fai todas as cousas é Deus.
5
E Moisés foi fiel na casa de Deus como servo, para testemuña do que se diría máis tarde;
6
mais Cristo é Fillo fiel sobre a casa de Deus: casa del somos nós se nos aferramos á confianza e nos gloriamos na esperanza.
7
Polo que, como di o Espírito Santo: "se ouvides hoxe a súa voz,
8
non endurezades os vosos corazóns, como na rebelión, como no día da proba do deserto,
9
onde os vosos pais me tentaron ao pórrme a proba, aínda que xa viran as miñas obras durante corenta anos,
10
por iso, desgusteime con aquela xeración, e dixen: "sempre se desvían no seu corazón, e non recoñeceron os meus camiños;"
11
como xurei na miña ira: "non entrarán no meu sosego."
12
Tende coidado, irmáns, non sexa que algún de vós teña un corazón mao e incrédulo, para apartarse do Deus vivo.
13
Mais ben, alentádevos uns aos outros cada día, mentres se poida dicir: "hoxe"; non sexa que algún de vós se deixe endurecer polo engano do pecado.
14
Porque viñemos ser partícipes de Cristo, se é que mantemos firme ata o final a convicción,
15
xa que se nos di: "se ouvides hoxe a súa voz, non endurezades o voso corazón, como na rebelión."
16
Porque, quen foron os que se rebelaron cando ouviron? Acaso non foron todos os que saíron de Exipto guiados por Moisés?
17
E con quen se disgustou por corenta anos, non foi cos que pecaron, aqueles que caeron mortos no deserto?
18
E a quen xurou que non entrarían no seu sosego porque foron desobedientes?
19
Entón, vemos que non puideron entrar pola súa incredulidade.