1
Escoita, Israel!: Hoxe cruzas o Xordán para entrar a desposuír a nacións máis grandes en número e máis poderosas ca ti, cidades grandes e amuralladas ata os ceos,
2
un pobo grande e alto, os fillos dos anaceos, os que coñeces e dos que oíches dicir: "Quen poderá pararse diante dos fillos de Anac?"
3
Pero hoxe vas saber que é Iahveh o teu Deus quen pasa diante de ti: El é lume devorador, El vainos destruír, e El vainos humillar na túa presenza, para que os expulses e acabes con eles axiña, así como che dixo Iahveh.
4
Cando Iahveh o teu Deus os bote da túa presenza, non digas no teu corazón: "Pola miña xustiza foi que Iahveh me trouxo a posuír esta terra", senón que é pola maldade destas nacións que Iahveh as expulsa da túa presenza.
5
Non é pola túa xustiza nin pola rectitude do teu corazón que vas a posuír a súa terra, senón que é pola maldade destas nacións que Iahveh o teu Deus as expulsa da túa presenza, para confirmar a palabra que Iahveh xurou a teus pais Abraham, Isaac e Xacob.
6
Comprende, pois, que non é pola túa xustiza que Iahveh o teu Deus che dá esta boa terra para posuíla, pois ti es un pobo de dura cerviz.
7
Lémbrate: Non esquezas de que maneira provocaches a ira a Iahveh o teu Deus no deserto: Dende o día que saíches da terra de Exipto ata entrardes neste lugar, fostes rebeldes con Iahveh.
8
Mesmo en Horeb provocates a ira a Iahveh, e Iahveh anoxouse tanto contra vós que estivo a piques de vos destruír.
9
Cando subín ao monte para recibir as táboas de pedra, as táboas do pacto que Iahveh fixera con vós, quedei no monte corenta días e corenta noites; e non comín pan nin bebín auga.
10
E deume Iahveh as dúas táboas de pedra escritas polo dedo de Deus; e sobre elas estaban todas as palabras que Iahveh vos falou no monte, de entre o lume, o día da asemblea.
11
E foi ao rematar os corenta días e as corenta noites, que me deu Iahveh as dúas táboas de pedra, as táboas do pacto.
12
E díxome Iahveh: "Érguete; baixa axiña daquí, pois o teu pobo, o que sacaches de Exipto, corrompeuse. Afastáronse pronto do camiño que lles mandei; fixeron unha imaxe de fundición".
13
E falou Iahveh, dicíndome: "Vin a este pobo, e de certo que é pobo de dura cerviz.
14
Déixame destruílos e borrar o seu nome de debaixo dos ceos, e farei de ti unha nación máis grande e numerosa ca eles!"
15
E dei a volta, e baixei do monte coas dúas táboas do pacto nas miñas mans, e o monte estaba a ser devorado polo lume.
16
E velaí. Vin que pecarades contra Iahveh o voso Deus. Fixerádesvos un becerro de fundición; ben axiña vos afastastes do camiño que Iahveh vos tiña mandado!
17
Entón collín as dúas táboas e tireinas das miñas mans e esnaquiceinas diante dos vosos ollos.
18
E logo prostreime diante de Iahveh como fixera antes por corenta días e corenta noites; non comín pan nin bebín auga, por mor de todo o pecado que cometerades facendo o malo ante os ollos de Iahveh, para provocalo a ira.
19
Porque temín a ira e o furor co que Iahveh estaba anoxado contra vós para vos destruír. Pero esta vez tamén me escoitou Iahveh.
20
E anoxouse moito Iahveh contra Aarón, tanto como para destruílo; e orei tamén por Aarón naquel tempo.
21
E collín o obxecto do voso pecado, o becerro que vos fixerades, e queimeino no lume, e esnaquiceino, moéndoo ata que quedou tan fino coma o po; e botei o seu po ao torrente que baixaba do monte.
22
Tamén en Taberá, en Masah e en Kibrot-Hataava, seguistes provocando a ira a Iahveh.
23
E cando vos mandou Iahveh de Cades-barnea, dicindo: "Subide e tomade posesión da terra que vos dei", rebelástesvos contra o mandato de Iahveh o voso Deus; non lle crestes, nin obedecestes a súa voz.
24
Vós fostes rebeldes a Iahveh dende o día que vos coñecín!
25
Caín, entón, prostrado diante de Iahveh, os corenta días e as corenta noites, e fixen tal porque Iahveh dixérame que os ía destruír.
26
E orei a Iahveh, e dixen: "Oh Adonai*Señor* Iahveh! Non destrúas o teu pobo e a túa herdanza que pola túa grandeza redimiches, e aos que sacaches de Exipto coa túa forte man.
27
Lémbrate dos teus servos Abraham, Isaac e Xacob; non mires a dureza deste pob o, nin a súa perversidade, nin o seu pecado.
28
Non vaia ser que os da terra de onde os sacaches digan: Como Iahveh non puido metelos na terra que lles prometera, ou porque os aborrecía, sacounos para facelos morrer no deserto.
29
Pero eles son o teu pobo e a túa herdanza, que ti sacaches co teu gran poder e co teu brazo extendido".