Capítulo 7

1 Cando Iahveh teu Deus te teña introducido na terra na que vas entrar para tomares posesión e teñas botado de diante de ti a moitas nacións - os hititas, os xerxeseos, os amorreos, os cananeos, os ferezeos, os heveos e os xebuseos - sete nacións máis grandes e máis poderosas ca ti, 2 e cando Iahveh teu Deus chas entregue diante de ti e os teñas derrotado, destruiralas por completo. Non farás alianza con eles nin terás piedade deles. 3 Non *arranxarás matrimonio*emparentarás con eles nin darás a túa filla ao seu fillo, nin tomarás a súa filla para o teu fillo. 4 Porque apartaría os teus fillos de seguirme para servir a outros deuses; entón a ira de Iahevh encenderase contra ti e te destruirá inmediatamente. 5 Pero así é como faredes con eles: destruiredes os seus altares, destruiredes as súas estelas sagradas e derribaredes as imaxes de Asera e queimaredes no lume as súas imaxes talladas. 6 Porque ti es pobo santo para Iahveh teu Deus, Iahveh teu Deus te escolleu para ser pobo da súa propriedade, de entre todos os pobos que están sobre a superficie da terra. 7 Iahveh non vos amou nin vos escolleu por serdes máis numerosos que outro pobo, xa que erades o máis pequeno de todos os pobos, 8 mais porque Iahveh vos amou e por gardar o xuramento que lles fixo a vosos pais, sacouvos Iahveh con man forte e rescatouvos da casa de escravitude, da man de Faraón , rei de Exipto. 9 Entón recoñece que Iahveh o teu Deus é Deus, o Deus fiel que garda o seu pacto e a súa misericordia ata mil xeracións cos que o aman e gardan os seus mandamentos, 10 mais aos que o abominan daralles a recompensa na súa mesma cara para destruílos, e sen facerse esperar; dá o seu merecido ao que o aborrece na súa mesma cara. 11 Polo tanto, garda o mandamento e os estatutos e os decretos que eu che mando hoxe para cumplilos. 12 Porque sucederá que por ter escoitado estes decretos e telos gardado e postos por obra Iahveh o teu Deus gardará o seu pacto contigo e a misericordia que xurou a teus pais. 13 Amarate, bendicirate e te multiplicará. Tamén multiplicará o froito do teu ventre e o froito da túa terra, o teu cereal, o teu viño novo, o teu aceite, as crías das túas vacas e as camadas do teu rabaño na terra que El xurou a teus pais que che daría. 14 Serás máis bendicido que todos os pobos. Non haberá varón ou femia estéril, nin no teu gando. 15 Iahveh apartará de ti toda enfermidade, e non porá sobre ti ningunha das pragas*epidemia* malignas que coñeciches en Exipto, senón que as porá sobre os que te odian. 16 Destruirás a todos os pobos que Iahveh o teu Deus che entregue, o teu ollo non terá piedade deles. Tampouco servirás os seus deuses, porque isto será unha trampa para ti. 17 Se dixeras no teu corazón: Estas nacións son máis poderosas ca min, como poderei desposuílas? 18 Non teñas medo delas, recorda ben o que Iahevh teu Deus fixo con Faraón e a todo Exipto, 19 as grandes probas que viron os teus ollos, os sinais e as marabillas, a man poderosa e o brazo extendido co que Iahveh o teu Deus te sacou. Así fará Iahveh o teu Deus con todos os pobos aos que temes. 20 Ademáis Iahveh teu Deus enviará avespas contra eles, ata que perezan os que queden e se agochen de ti. 21 Non teñas medo na súa presenza, porque no medio de ti está Iahveh teu Deus, Deus grande e temible. 22 Iahveh o teu Deus botará estas nacións pouco a pouco de diante de ti. Non poderás terminar con elas axiña, non vaia ser que as feras do campo se multipliquen contra ti. 23 Mais Iahveh o teu Deus entregaráas diante de ti, e as confundirá con grande confusión ata que perezan. 24 Entregará os seus reis na túa man de xeito que fará desaparecer os seus nomes de debaixo dos ceos. Ningún home poderá facerche frente ata que os teñas destruídos. 25 Queimarás con lume as esculturas dos seus deuses. Non cobizarás a prata nin o ouro que as recobren, nin o collerás para ti, non sexa que por iso caias nunha trampa, porque son abominación a Iahveh o teu Deus. 26 Non traerás cousa abominable a túa casa, porque serás maldito coma ela. Aborreceralas e as abominarás , xa que é maldición*anatema*.