1
Entón Moisés chamou a todo Israel e dixo: "Escoita, Ó Israel, os estatutos e ordenanzas que vos falo hoxe nos vosos ouvidos para que os aprendades e os poñades por obra.
2
Iahveh o noso Deus fixo un pacto con nós en Horeb.
3
Non fixo este pacto cos nosos pais senón con todos nós, todos aqueles de nós que estamos vivos aquí.
4
Iahveh falou con vós cara a cara desde o medio do lume no monte,
5
naquela ocasión eu estaba entre Iahveh e vós para darvos a coñecer a palabra de Iahveh, xa que tiñades moito medo por causa do lume e non subistes ao monte. E El dixo:
6
Eu son Iahveh o teu Deus , que te saquei da terra de Exipto, da casa de escravitude.
7
Non terás outros deuses *na miña presenza*antes de min.
8
Non farás ningún ídolo, nin imaxe algunha do que está arriba no ceo, nin abaixo das augas, nin debaixo da terra.
9
Non te axeonllarás ante elas nin lles servirás, porque Eu son Iahveh o teu Deus, Deus celoso, que *levo a conta da maldade dos pais sobre os fillos *castigo o pecado dos pais nos fillos, e sobre a terceira e a cuarta xeración dos que me aborrecen,
10
pero que teño misericordia *coa milésima dos que*con miles, os que me aman e gardan os meus mandamentos.
11
Non tomarás en van o nome de Iahveh o teu Deus, porque Iahveh non*absolverá, exculpará* terá por inocente a quen tome o seu nome en van.
12
Gardarás o día de repouso para santificalo como mandou Iahveh o teu Deus.
13
Traballarás por seis días e farás todo o teu traballo,
14
mais o sétimo día é *o* día de repouso para Iahveh. Non farás ningún traballo, nin ti nin o teu fillo, nin a túa filla, nin o teu servo, nin a túa serva, nin o teu boi, nin o teu asno, nin ningún dos teus animais, nin o extranxeiro que vive nas túas cidades, para que o teu servo e a túa serva descansen coma ti.
15
Recorda que fuches escravo na terra de Exipto, e que Iahveh o teu Deus te sacou de alí con man forte e brazo extendido, por iso, Iahevh o teu Deus mándache que gardes*fagas* o día de repouso.
16
Honra a teu pai e a túa nai, como Iahevh o teu Deus cho mandou, para que os teus días sexan prolongados sobre a terra que Iahevh che dá.
17
Non matarás*asasinarás, cometerás homicidio*.
18
Non cometerás adulterio.
19
Non roubarás.
20
Non declararás en falso contra o teu próximo.
21
Non cobizarás a muller do teu próximo, nin desexarás a casa do teu próximo, nin o seu eido, nin o seu servo, nin a súa serva, nin o seu boi, nin o seu asno, nin nada que sexa do teu próximo.
22
Iahevh falou estas palabras diante de toda a asemblea no monte, de entre o medio do lume, da escuridade e das tebras, con voz potente e non engadiu máis nada. E escribiunas en táboas de pedra e deumas.
23
E cando escoitastes a voz de entre medio da escuridade, mentres o monte ardía en lume, achegástevos a min, todos os xefes das vosas tribos e os vosos anciáns.
24
E dixeches: Velaí que Iahveh noso Deus nos amosou a súa gloria e a súa grandeza e escoitamos a súa voz do medio do lume. Hoxe vimos que Deus lle fala ao home e este pode *sobrevivir*vivir.
25
Agora pois, por que morreremos? Porque este grande lume devoraranos, se seguimos escoitando a voz de Iahevh, morreremos.
26
Porque, quen é o mortal que escoitou a voz do Deus vivo falando do medio do lume, como nós, e sobreviviu?
27
Achégate ti, e escoita o que Iahevh noso Deus di, entón dinos todo o que Iahveh noso Deus che diga, e escoitaremos e o faremos.
28
Iahveh escoitou o son das vosas palabras mentres me falabades e díxome: Escoitei as palabras deste pobo, o que eles che falaron; ben falado en todo canto che dixeron.
29
Quen me dera que eles sempre tivesen tal corazón que me temeran e gardaran para sempre todos os meus mandamentos para que lles fose ben a eles e a seu fillos para sempre!
30
Vai e dilles: Volvede ás vosas tendas.
31
Mais ti, queda comigo, para que Eu che diga todos os mandamentos, os estatutos e os decretos que lles ensinarás, para que os cumpran na terra que lles dou como posesión.
32
E teredes coidado de facer como Iahevh o voso Deus vos mandou, non vos desviedes nin á dereita nin á esquerda.
33
Andade polo camiño que Iahveh o teu Deus che mandou co fin de que vivades e vos vaia ben e prolonguedes os vosos días na terra que ides posuír.