1
Israel, agora escoita as leis e os decretos que eu vos ensino para que os cumprades, e para que vivades e tomedes posesión da terra que Iahveh, o Deus dos vosos pais, vos dá.
2
Non engadiredes nada ás palabras que eu vos mando nin quitaredes nada delas, para que gardedes os mandamentos de Iahveh o voso Deus que eu vos mando.
3
Os vosos ollos viron o que Iahveh fixo en Baal Peor, xa que todo home que seguiu a Baal Peor, Iahveh, o voso Deus, destruíuno do medio de ti.
4
Mais vós, os que vos mantivestes fieis a Iahveh o voso Deus, seguides vivos ata o día de hoxe.
5
Velaí que tal e como mo orenou Iahevh o meu Deus, vos ensinei as leis e os decretos para que así os cumprades en medio da terra na que ides entrar para posuíla.
6
Así que gardádeos e poñédeos por obra, porque esa será a vosa sabedoría e a vosa intelixencia diante dos ollos dos pobos que ao escoitar todos estes estatutos dirán: "Esta grande nación é un pobo grande e intelixente".
7
Porque, que grande nación ten un deus tan perto dela como está Iahveh o noso Deus sempre que o invocamos?
8
Ou que nación grande ten estatutos e decretos tan xustos como toda esta lei que hoxe poño diante de vós?
9
Polo tanto, cóidate e garda a túa alma con dilixencia, para non esqueceres as cousas que os teus ollos viron e non se aparten do teu corazón en todos os días da túa vida, senón que llas transmitas a teus fillos e a teus netos.
10
Recorda o día que estiveches diante de Iahveh o teu Deus en Horeb, cando Iahveh che dixo: Xúntame o pobo para que Eu lles faga escoitar as miñas palabras, para que aprendan a respectarme todos os días que vivan na terra e llelas aprendades aos vosos fillos".
11
Entón achegástesvos e permanecestes ao pé do monte e o monte ardía con un lume que chegaba ata o mesmo ceo: escuridade, nube e densas tebras.
12
E falouvos Iahveh desde o medio do lume e escoitastes o murmurio, mais non percibiades figura algunha, senón unha voz.
13
E revelouvos o seu pacto, co que vos mandou cumprir os dez mandamentos, os que escribiu en dúas lousas de pedra.
14
Iahveh ordenoume naquela ocasión que vos ensinara os estatutos e decretos para que os cumprirades na terra na que iades entrar para posuíla.
15
Así que tende moito coidado, xa que non vistes figura algunha o día que Iahveh vos falou en Horeb desde o medio do lume,
16
non sexa que vos corrompades e vos fagades un ídolo en forma de estatua masculina ou feminina,
17
ou de calquera animal que está na terra ou semellante a calquera ave que voa no ceo,
18
imaxe de calquera animal que se arrasta pola terra ou semellante a calquera peixe das augas subterráneas.
19
Non sexa que cando levantes os ollos ao ceo e vexas o sol, a lúa, as estrelas e todas as constelacións celestes, te sintas impulsado a adoralos e servilos, xa que Iahveh o teu Deus deullos a todos os pobos debaixo dos ceos.
20
Pero a vós escolleuvos Iahvehv e sacouvos do forno de ferro, de Exipto, para que sexades a súa herdanza como o sodes agora.
21
E Iahveh enfadouse contra min pola vosa culpa e xurou que eu non pasaría o Xordán nin entraría na boa terra que Iahveh o teu Deus che dá como herdanza.
22
Eu morrerei nesta terra e non cruzarei o Xordán, mais vós pasaredes e tomaredes posesión desta terra boa.
23
Tende coidado, non sexa que esquezades o pacto que Iahveh o voso Deus fixo con vós, e fagades imaxe de talla da figura de calquera cousa, porque Iahevh volo prohíbiu.
24
Porque Iahveh o teu Deus é lume consumidor, Deus celoso.
25
Cando enxendredes fillos e netos e teñades permanecido moito tempo na terra e vos corrompades e teñades feito un ídolo coa forma de calquera cousa e fagades o malo diante dos ollos de Iahevh o teu Deus para provocalo a ira,
26
poño hoxe por testemuña contra vós o ceo e a terra, que pronto seredes totalmente exterminados da terra onde ides pasar o Xordán para posuíla. Non viviredes por moito tempo nela, senón que seredes totalmente destruídos.
27
Iahveh espallaravos entre os pobos, e quedarán moi poucos entre as nacións onde vos levará.
28
Alí serviredes a deuses feitos pola man do home, de madeira e de pedra que non ven, nin escoitan, nin comen, nin ulen.
29
Mais desde alí buscarás a Iahveh o teu Deus e acharalo se o buscas con todo o teu corazón e con toda a túa alma.
30
Nos derradeiros días, cando esteas agoniado e te sobreveñan todas estas cousas, volverás a Iahveh o teu Deus e escoitarás a súa voz.
31
Xa que Iahveh o teu Deus é Deus compasivo; non te desamparará nin te destruirá, nin esquecerá o pacto que El fixo con teus pais.
32
Pregunta desde un extremo dos ceos ata o outro sobre os días pasados anteriores a ti, desde o día que Deus creou o home sobre a terra. Aconteceu algunha vez ou foi oída cousa semellante a esta?
33
Escoitou algún pobo a voz de Deus falando desde o medio do lume, coma ti a escoitaches, e seguiches*seguiu* vivo?
34
Procurou algún deus tomar para si unha nación de entre as outras con probas, sinais e prodixios, con guerra e man forte, con brazo extendido e feitos aterradores, como Iahevh o teu Deus fixo en Exipto diante dos teus ollos?
35
Amosóuseche para que soubeses que Iahveh é Deus, e fóra del non hai outro. O Señor fixo que ouvises a súa voz desde os ceos para te disciplinar,
36
fixo que viras o seu grande lume sobre a terra e escoitaches as súas palabras de entre medio do lume.
37
Porque El amou a teus pais, por iso escolleu a súa descendencia despois deles, e te sacou coa súa presenza de Exipto co seu grande poder,
38
botando de diante de ti nacións máis grandes e máis poderosas ca ti, para facerche entrar e darche a terra deles por herdanza, como ata hoxe.
39
Polo tanto, recoñece hoxe e reflexiona no teu corazón que Iahevh é Deus arriba nos ceos e abaixo na terra, non hai outro.
40
Así pois gardarás os meus estatutos e os meus mandamentos que eu che ordeno hoxe, para que che vaia ben a ti e a teus fillos despois de ti, para que prolongues os teus días na terra que Iahveh che entrega para sempre.
41
Entón Moisés sinalou tres cidades ao outro lado do Xordán,
42
ao oriente, para que fuxira alí o homicida que, sen querer, matara o seu veciño sen telo odiado previamente, *e fuxindo a unha destas cidades, salvara a súa vida*e vivise fuxindo aunha destas cidades:
43
Beser no deserto, sobre a meseta, para os rubenitas, Romot en Galaad para os gaditas e Golán en Basán para os de Manasés.
44
Esta é, entón, a lei que Moisés puxo diante dos israelitas.
45
Estes son as testemuñas, os estatutos e as ordenanzas que Moisés deu aos israelitas cando saíron de Exipto,
46
cerca do val do Xordán no val frente a Bet Peor, na terra de Sehón, rei dos amorreos, que vive en Hesbón, a quen Moisés e os israelitas derrotaron cando saíron de Exipto.
47
E tomaron posesión da súa terra e da terra de Og, rey de Basán, os dous reis dos amorreos que estaban ao outro lado do Xordán cara o oriente,
48
desde Aroer, que está na beira do val de Arnón ata o monte Sión, é dicir, Hermón,
49
con todo o Arabá ao outro lado do Xordán, ao oriente, ata o mar de Arabá, ao pé das faldras do monte Pisga.