Capítulo 29

1 Estas son as palabras do pacto que o Señor mandou a Moisés que fixera cos fillos de Israel na terra de Moab, ademais do pacto que fixera con eles en Horeb. 2 Moises convocou a todo Israel e díxolles: Vistes todo o que o Señor fixo a Faraón na terra de Exipto diante dos vosos ollos, a todos os seus servos e a toda a súa terra, 3 as grandes probas que viron os vosos ollos, aqueles grandes sinais e maravillas. 4 Mais ata o de agora, o Señor non vos deu un corazón para entender, nen ollos para ver nen ouvidos para ouvir. 5 Eu vos conducín coarenta anos polo deserto, as vosas roupas non se gastaron enriba de vós e non se gastaron as sandalias nos vosos pés. 6 Non comestes pan nen bebistes viño nen sidra para que saibades que eu son o Señor o voso Deus. 7 Cando chegastes a este sitio, Sehón, rey de Hesbón, e Og, rey de Basán, sairon ao voso paso para pelexar, mais vencémolos. 8 Logo collemos a súa terra e lla dimos como herdanza aos rubenitas, aos gaditas e á media tribu de Manasés. 9 Gardade, pois, as palabras deste pacto e poñédeas en práctica, para que prosperedes no que fagades. 10 Hoxe estades todos vós na presenza do Señor o voso Deus: os vosos xefes, as vosas tribos, os vosos anciáns e os vosos oficiais, todos os homes de Israel, 11 os vosos nenos, as vosas mulleres e o forasteiro que está dentro dos teus campamentos, desde o leñador ata o que saca a auga. 12 para que entres no pacto co Señor o teu Deus, e no xuramento que o Señor o teu Deus fai contigo hoxe, 13 co fin de instituirte hoxe como pobo e que El sexa o teu Deus, tal e como llo dixera e como llo xurara aos teus pais Abraham, Isaac e Jacob 14 E non fago só con vos este pacto e e este xuramento, 15 senon que tamén cos que están hoxe aquí con nós na presenza do Señor noso Deus, e cos que non están hoxe aquí con nós 16 (xa que vos sabedes como viviamos na terra de Exipto e como cruzamos polas nacións polas cales pasastes). 17 Ademais, vistes as súas abominacións e os seu ídolos de madeira e de pedra, de prata e de ouro, que tiñan con eles, 18 non vaia ser que vaian entre vós home ou muller, familia ou tribo, cuio corazón se alonxe do Señor o noso Deus para ir e servir aos deuses daquelas nacións, non vaia ser que haxa entre vós una raíz que produza froito velenoso e absintio. 19 Cando esa persoa ouza as palabras desta maldición, felicitaráse a si mesmo dicindo: Terei paz ainda que ande na teima do meu corazón; destruindo así o regado xunto co seco. 20 O Señor non querrá perdoalo nunca, senon que a ira do Señor e o seu celo se acenderán cotra ese home e toda a maldición que está escrita neste libro caerá sobre el, e o Señor borrará o seu nome de debaixo do ceo. 21 E o Señor apartarao para mal de entre todas as tribos de Israel, conforme a todas as maldicións do pacto escrito no libro desta lei. 22 E a xeración que virá, os vosos fillos que cheguen despois de vós e o extranxeiro que veña de terra lonxana, cando vexan as pragas e as enfermidades coas que o Señor a aflixiu, dirán: 23 Toda a terra é xofre, sal e calcinación, sen sembrar, non xermina nada e a herba non crece nela, como na destrucción de Sodoma e de Gomorra, de Adma e de Zeboim que o Señor destruiu na súa ira e no seu furor. 24 E dirán as nacións: Por que fixo así o Señor nesta terra? Por que ardor desta ira? 25 E os homes dirán: Porque abandoaron o pacto que o Señor, o Deu dos seus pais, fixo con eles cando os sacou da terra de Exipto. 26 E eles foron e serviron a outros deuses e os adoraron, deuses que non coñecían e que El non lles dera. 27 Por iso, ardeu a ira do Señor contra aquela terra, para traer sobre dela toda a maldición que está escrita neste libro. 28 O Señor arrincounos da súa terra con ira, con furor e con carraxe e botounos para outra terra, ata o día de hoxe. 29 As cousas secretas pertencen ao Señor o noso Deus, mais as cousas reveladas nos pertencen a nós e aos nosos fillos para sempre, para que gardemos todas as palabras desta lei.