Capítulo 28

1 Se escoitas atentamente a voz do Señor, o teu Deus, tendo coidado de cumprir todos os seus mandamentos que che mando hoxe; o Señor, o teu Deus, poñeráte sobre todas as nacións da terra. 2 Se escoitas a voz do Señor o teu Deus, todas estas bendicións virán sobre ti e te acadarán,. 3 Bendito serás na cidade e bendito serás no campo. 4 Bendito o fruto do teu ventre, o fruto da túa terra, o fruto do teu gando, a cría das túas vacas e as crías das túas ovellas. 5 Bendita será a túa cesta e a túa artesa. 6 Bendito será ando entredes e benditos seredes cando saiades. 7 O Señor derrotará aos teus inimigos que se levanten contra ti na túa presenza, sairán cotra ti por un camiño e fuxirán por sete camiños. 8 O Señor mandará que a bendición sexa contigo nos teus graneiros e en todo o que poña nas túas mans e bendecirá a túa terra que o Señor, o teu Deus che dará. 9 Estableceráte o Señor como pobo santo para si, tal como cho xurou, se gardas os mandamentos do Señor o teu Deus e andas nos seus camiños. 10 Entón todos os pobos da terra verán que se invoca o nome do Señor sobre ti e teranche medo. 11 O Señor darache abundantes bens, o froito do teu ventre, o froito do teu gando e o producto da túa terra, na terra que xurou que lle daría aos teus pais. 12 O Señor abrirá para ti o seu tesouro, os ceos para dar chuvia a túa terra no seu tempo e para bendecir e para bendecir toda a obra da túa man, ti prestarás a moitas nacións, mais ti non pedirás prestado. 13 Se escoitas os mandamentos que o Señor, o teu Deus, te ordena hoxe, o Señor te porá na cabeza e non no rabo, sempre estarás por riba e nunca por baixo; 14 non te desvies de nengunha das palabras que che ordeno hoxe, nen á dereita nen á esquerda, para ir tras doutros deuses e servílos 15 Mais se non obedecer ao Señor, o teu Deus, gardando os mandamentos e estatutos que che ordenou, estas maldicións virán sobre ti e te acadarán: 16 Maldito serás no campo e maldito serás na cidade. 17 Malditos serán a o teu cesto e a túa artesa. 18 Maldito o froito do teu ventre e o froito da túa terra, o crecemento do teu gando e as crías dos teus rabaños. 19 Maldito cando entres e cando saias. 20 O Señor enviará sobre ti maldición, desconcerto e consternación, ata seres destruido e ata morreres axiña, por causa da maldade dos feitos cos que me abandonache. 21 O Señor fará que se che apegue a peste ata que desaparezas da terra na que entrache para tomar posesión. 22 O Señor feriráte con tise, con febres, con inflamación e con grande queimadura, con sequía, con cornecho e con míldio, que te perseguirán ata que desaparezas. 23 E o ceo que está sobre a túa cabeza será de bronce e o a terra que está debaixo de ti será de ferro. 24 E o Señor fará que a que a chuvia para a túa terra sexa pó e cinza; baixará do ceo sobre ti ata que te destrúa. 25 O Señor fará que sexas derrotado diante dos teus enimigos, sairás contra eles por un camiño e fuxirás diante deles por sete camiños e serás exemplo de terror para todos os reinos da terra. 26 Os teus cadáveres serán alimento para as aves do ceo e para os animais da terra e non haberá ninguén que os espante. 27 O Señor feriráte coas úlceras de Exipto e con tumores, coa sarna e coa tiña, das que non sandarás. 28 O Señor feriráte con loucura, con cegueira e con confusión de espírito. 29 Andarás as apalpadas ao medio día coma o cego anda a tentas na escuridade, e non prosperarás nos teus camiños; mais ben serás maltratado e roubado sen que ningén te salve. 30 Casarás cunha muller, mais outro home a violará, construirás unha casa, mais non vivirás nela, plantarás unha viña, mais non disfrutarás do froito. 31 O teu boi será degolado diante dos teus ollos, mais non comerás del, o teu asno seráche roubado diante de ti e non se che devolverá, a túa ovella será dada aos teus inimigos e non terás quen te salve. 32 Os teus fillos e as túas fillas serán entregados a outro pobo, os teus ollos o verán e desfalecerán por eles, mais non poderás facer nada. 33 Un pobo que ti non coñeces comerá o producto da terra e de todo o teu traballo e non serás máis que un pobo oprimido e roto para sempre. 34 E volveráste tolo polo que verán os teus ollos. 35 Feriráte o Señor nos xeonllos e nas pernas con pústulas malignas das que non sandarás desde a planta do pé ata a coroa. 36 O Señor levaráte a ti e ao teu rei, ao que teña escollido para ti, a unha nación que nen ti nen os teus pais coñecíades, e alí servirás a outros deuses de madeira e de pedra. 37 E volveraste asombro, refrán e burla entre todos os povos onde o Señor te leve. 38 Botarás moita semente ao campo, mais recollerás pouco, porque a lagosta comerá todo. 39 Plantarás e cultivarás viñas, mais non beberás o viño nen recollerás as uvas, porque comeraas o verme. 40 Terás oliveiras por todo o teu territorio, mais non te unxirás con aceite, porque as túas oliveiras deixarán caer o froito. 41 Terás fillos e fillas, mais non serán teus, porque marcharán para o cativerio. 42 A lagosta consumirá todas as túas arbores e o froito da túa terra. 43 O estranxeiro que estea no medio de ti, subirá por riba de ti cada vez máis, mais ti irás cada vez máis para abaixo. 44 El prestarache, mais ti non lle prestarás a el. El será a cabeza e ti serás a cola. 45 Todas estas maldicións virán sobre ti e te seguirán e te acadarán ata que sexas destruido, porque ti non escoitache a voz do Señor, o teu Deus, non gardache os seus mandamentos e estatutos que El che mandou. 46 E estes sinais e maravillas quedarán sobre ti e sobre a túa descendencia para sempre. 47 Xa que non serviches ao Señor, o teu Deus, con alegría e con corazón gozoso, cando tiñas abundancia de todas as cousas, 48 servirás aos teus enimigos, os cais o Señor enviará contra ti: na fame, na sede, na nudez e na escaseza de todas as cousas. El porá sobre o teu pescozo un xugo de ferro ata que te destrua. 49 O Señor levantará contra ti unha nación de loxe, desde o cabo da terra, que caerá en picado coma unha aguia, unha nacion da que non entederás a lingua, 50 unha nación de rostro duro que non respetará ao ancián nen terá compaixón polo neno. 51 Comerá a cría do teu gando e o froito da túa terra, ata que sexas destruido. Tampouco che deixará grao, nen mosto, nen aceite, nen as crias do teu gando, nen as crias do teu rabaño, ata que te faga desaparecer. 52 Esa nación sitiará todas as túas cidades, ata que os muros altos e fortificados nos que ti confiabas caian por terra. Asediaráte en todas as túas cidades, por toda a terra que o Señor, o teu Deus che deu. 53 Entón comerás o froito do teu ventre, a carne dos teus fillos e das túas fillas que o Señor che deu, no asedio e na angustia cos que te oprimirá o teu enimigo. 54 O home máis doce e máis delicado que hai no medio de ti, será malo co seu irmán , coa muller á que ama e co resto dos fillos que lle queden, 55 e non dará a ningún deles a carne dos seus fillos que comerá, porque senon non lle quedará para si mesmo no asedio e na angustia cos que o teu enimigo te oprimirá en todas as portas das cidades. 56 A muller máis refinada e delicada que hai no medio de ti, que non ousaría por a planta do pé en terra por ser delicada e tenra, será mala co seu esposo que ama, tamén co seu fillo, coa súa filla, 57 coa placenta que saia do seu seo e cos fillos que dea a luz, porque os comerá en secreto por falta de outra cousa, no asedio e na angustia co que o teu enimigo te oprimirá nas portas das túas cidades. 58 Se non tes coidado de pór en práctica todas as palabras desta lei que están escritas neste libro, respetando este nome glorioso e temible, o Señor, o teu Deus, 59 entón o Señor fará máis horribles as pragas e as pragas dos teus descendentes, pragas grandes e longas, e enfermidades malignas e duradeira. 60 Traerás sobre ti todas as enfermidades de Exipto das que tiñas temor e non te deixarán. 61 Tamén todas as enfermidades e toda praga que non están escritas no libro desta lei, o Señor as traerá sobre ti ata que sexas destruido. 62 E quedaredes uns poucos, ainda que fosedes unha multitude como as estrelas do ceo, porque non recibistes ao Señor, o teu Deus. 63 Acontecerá que tal e como o Señor se complacía con vós para prosperarvos e multiplicarvos, así o Señor se deleitará en vós para facervos morrer e destruirvos; e seredes arrincados da terra na cal entrastes para posuíla. 64 Ademáis o Señor dispersaráte entre todos os pobos dun extremo da terra ata o outro extremo da terra e alí servirás a outros deuses de madeira e de pedra que nen ti nen os teus pais coñecerades. 65 E entre esas nacións non terás descanso, e non haberá repouso para o teu pé, senon que alí o Señor daráche un corazón asustado, esmorecemento de ollos e desesperación de alma. 66 E terás a vida pendente dun fío; estarás aterrado pola noite e polo día, e non terás a túa vida segura. 67 De mañán dirás: Oh, se fose pola tarde!. E pola tarde dirás: Oh, se fose de mañán! Por causa do terror do teu corazón con que temerás e polo que verán os teus ollos. 68 E o Señor fará que volvas a Exipto en barcos, polo camiño do que eu che dixera: Nunca máis volverás a velo. E alí poñeredesvos en venta coma escravos e escravas aos vosos enimigos, mais non haberá quen vos compre.