Capítulo 30

1 Cando todas estas cousas veñan sobre ti, a bendición e a maldición que eu poño diante de ti, recordarálas entre todas as nacións nas que te desterrei, 2 e volvas ao Señor, o teu Deus, ti e os teus fillos e lle obedezas con todo o teu corazón e con toda a túa alma segundo o que El che ordeno hoxe, 3 entón o Señor, o teu Deus, farache volver da túa catividade, e terá compaixón de ti e te recollerá de novo de entre todos os pobos onde o Señor, o teu Deus, te teña dispersado. 4 Se os teus desterrados están nos confins, de alí te traerá o Señor, o teu Deus e de alí faráche volver. 5 E o Señor, o teu Deus, levaráte á terra que os teus pais posuiron e ti posuirála; El prosperaráte e multiplicaráte máis ca os teus pais. 6 Ademais, o Señor, o teu Deus, circuncidará o teu corazón e o corazón dos teus descendentes, para que ames ao Señor, o teu Deus, con todo o teu corazón e toda a túa alma, a fin de que vivas. 7 O Señor, o teu Deus, porá todas estas maldicións sobre os enimigos e sobre os que te queren mal xa que te perseguiron. 8 E ti voltarás a escoitar a voz do Señor e gardarás todos os seus mandamentos que te ordeno hoxe. 9 Entón, o Señor, o teu Deus, faráche prosperar abundantemente en todas as obras das túas mans, no froito do teu ventre, no froito do teu gandoe no producto da túa terra, pois o Señor alegraráse en ti de novo para ben, tal e como se alegrou cos teus pais, 10 porque obedecerás á voz do Señor, o teu Deus, gardando os seus mandamentos e os seus estatutos que están escritos neste libro da lei e escoitarás a voz do Señor, o teu Deus, con todo o teu corazón e con toda a túa alma 11 Este mandamento que te mando hoxe non é moi difícil para ti, nen está fora do teu alcance. 12 Non está no ceo para dicires: Quen subirá por nós ao ceo para traernolo e facernolo ouvir para que o obedezamos? 13 Nen está mais alá do mar para dicires: Quen cruzará o mar por nós para traernolo e para facernolo escoitar, a fin de que o cumpramos? 14 Pois a palabra está perto de ti, na túa boca e no teu corazón, para que a gardes. 15 Mira que hoxe puxen diante de ti a vida e o ben, a morte e o mal, 16 porque che mando hoxe amar ao Señor, o teu Deus, andar polos seus camiños e gardar os seus mandamentos, os seus estatutos e os seus decretos para que vivas e te multipliques, para que o Señor, o teu Deus, te bendiga na terra na que vas entrar para posuila. 17 Mais se o teu corazón se desvía e non escoitas, senon que te deixas arrastrar e adoras outros deuses e os servides, 18 eu declaro hoxe que certamente morreredes. Non aumentaredes os vosos días na terra para onde vas, cruzando o Xordán para entrar nela e posuíla. 19 Poño por testemuñas contra de vós ao ceo e a terra xa que puxen ante ti a vida e a morte, a bendición e a maldición. Escolle, entón a vida para que vivas, ti e mais a túa descendencia, 20 amando ao Señor, o teu Deus, escoitando a súa voz e achegándote a El, porque iso é a túa vida e a prolonga dos teus días, para que vivas na terra que o Señor xurou dar aos teus pais Abraham, Isaac e Xacobe.