Capítulo 26

1 Cando entredes na terra que o Señor o teu Deus te deu por herdanza e tomes posesión dela e vivas alí, 2 collerás as primicias de todos os froitos que recollas da terra que o Señor o teu Deus che dá, e porálas nunha cesta e irás ao lugar que o Señor o teu Deus escolla para establecer alí o seu nome. 3 Irás onda o sacerdote que estea de servicio naqueles días e diráslle: Declaro hoxe ao Señor, o meu Deus, que entrei na terra que o Señor xurou darlla aos nosos pais. 4 O sacerdote collerá a cesta da túa man e colocaráa diante do altar do Señor, o teu Deus. 5 E contestarás e dirás diante do Señor, o teu Deus: O meu pai foi un arameo errante que baixou a Exipto e viviu alí, sendo poucos. Mais alí chegou a ser unha pobo grande, forte e numeroso. 6 Mais os exipcios maltrataronnos, oprimironnos e impuxeronnos cruel servidume. 7 Entón chamaron polo Señor, o Deus dos nosos pais e o Señor escoitou a nosa voz e viu a nosa aflicción, o noso traballo e a nosa opresión. 8 E o Señor sacounos de Exipto coa súa man forte e o seu brazo extendido, con grande terror, sinais e milagres 9 e trouxonos a este lugar e deunos a terra, unha terra na que mana leite e mel 10 Agora, velaí que trouxen a este lugar as primicias dos froitos da terra que ti, oh Señor, me deches". Entón porálas diante do Señor, o teu Deus, e adorarás diante do Señor, o teu Deus. 11 E alegraráste, ti e mais o levita e o estranxeiro que estea no meio de ti por todo o ben que o Señor, o teu Deus, che deu a ti e a túa casa. 12 E cando remates de dar todo o décimo das túas colleitas no terceiro ano, ano do décimo, entón darás ao levita, ao forasteiro, ao orfo e á viuva para que podan comer nas túas cidades ata que se farten. 13 E dirás diante do Señor, o teu Deus: Saquei da miña casa a parte consagrada e xa lla din ao levita, ao estranxeiro, ao orfo e á viuva conforme aos mantamentos que ti me mandaches, non transgredin ningún dos teus mandamentos nen os esquecín. 14 Non comín dela cando estaba de loito, nen collín dela mentres era inmundo, nen lle ofrecín parte aos mortos. Escoitei a voz do Señor, o meu Deus, e fixen conforme a todo o que me mandache. 15 Mira desde a túa morada santa, desde os ceos, e bendí ao teu pobo Israel e a terra que nos deche, unha terra na que mana leite e mel, como xurache aos noso pais. 16 O Señor, o teu Deus, mandache hoxe que cumpras estes preceptos e decretos. Terás coidado de cumprílos con todo o teu corazón e con toda a túa alma. 17 Hoxe declarache que o Señor é o teu Deus, que andarás nos seus camiños e que gardarás os seus preceptos, os seus mandamentos e os seus decretos, e que escoitarás a súa voz. 18 O Señor declarou hoxe que ti eres o seu pobo, o seu tesouro especial, como El prometeu, e que debes de gardar todos os seus mandamentos, 19 El poráte en alto sobre todas as nacións que creou para gabanza, renome e honra, e serás un pobo consagrado ao Señor, o teu Deus, como El dixo.