1
Se hai litixo entre dous homes e van ao tribunal e o xuiz os xulga, os xustos serán absoltos e os culpables condenados.
2
Se o culpable merece ser azoutado, o xuiz fará que se deite e será flaxelado na súa presenza co numéro de azoutes de acordo co seu crime.
3
Pode darlle coarenta azoutes, pero non máis, non sexa que lle dea moitos máis que estes e o teu irmán quede humillado ante os teus ollos.
4
Non porás buceira ao boi mentres trille.
5
Cando dous irmáns viven xuntos e un deles morre e non ten fillo, a muller do finado non sairá fora da familia. O cuñado achegaráse a ela e a tomará por muller e cumprirá con ela o seu deber de cuñado.
6
O primoxénito que ela dea a luz, levará o nome do irmán defunto, para que o seu nome non desapareza de Israel.
7
Mais se o home non quer tomar a súa cuñada, entón a muller irá ata a porta dos ancianos e dirá: o meu cuñado négase a establecer un nome para o seu irmán en Israel. Non quere cumprir conmigo a súa obriga de cuñado.
8
Entón os ancianos da cidade chamarán por el e lle falarán. E se el insiste e di: Non quero tomála,
9
entón a súa cuñada achegarase a el diante dos anciáns, quitarálle a sandalia do pé e cuspirálle á cara e ela dirá: Asi se lle fai a un home que non quere construir a casa do seu irmán.
10
En Israel se lle chamará "A Casa da sandalia quitada"
11
Si dous homes pelexan, un é mais o seu irmán, e a muller de un deles se achega para librar ao seu home do que está batendo nel, e ela extende a súa man e lle agarra as súas vergoñas,
12
entón cortaraselle a man; os teus ollos non terán compaixón.
13
Non terás na túa bolsa pesas diferentes, unha grande e unha pequena.
14
Non terás na túa casa medidas diferentes, unha grande e unha pequena
15
Terás peso completo e xusto, terás medida completa e xusta, para que se multipliquen os días que o Señor che da na terra.
16
Porque todo o que fai estas cousas, todo o que comete inxustiza, é abonimación para o Señor, o teu Deus.
17
Recorda o que che fixo Amalec no camiño cando saístes de Exipto,
18
como che saiu ao encontro e como te atacou por detrás cando ti estabas canso e fatigoso, e el non temeu a Deus.
19
Así ocorrirá cando o Señor o teu Deus che dea descanso de todos os teus enimigos ao teu derredor, na terra que o Señor o teu Deus che para que tomes posesión dela, borrarás a memoria de Amalec de debaixo do ceo. Non esquezas.