1
Fillos sodes vós de Iahveh o voso Deus; non vos rasuraredes nin vos raparedes a vosa fronte como sinal de dó polos mortos.
2
Pois es un pobo santo para Iahveh o teu Deus, e Iahveh escolleute para serlle un pobo de exclusiva propiedade de entre os demais pobos sobre a face da terra.
3
Non comerás nada abominable.
4
Estes son os animais que poderedes comer: o boi, o año e o cabrito,
5
o cervo, a gacela o corzo, a cabra salvaxe, o antílope e o carneiro montés.
6
E poderedes comer de todo animal rumiante que teña os cascos partidos e fendidos en dúas partes.
7
Dos rumiantes, ou dos que teñan os cascos fendidos non comeredes o camelo, a lebre e o coello, porque mesmo que rumian non teñen os cascos partidos en dous. Estes serán inmundos para vós.
8
E o porco tampouco, porque aínda que ten os cascos fendidos, non rumia, será inmundo para vós. Non comeredes da carne deles nin tocaredes os seus cadáveres.
9
De todo o que hay na auga poderedes comer isto: todo o que teña aleta e escama,
10
pero todo o que non teña aleta ou escama non o comeredes, é inmundo para vós.
11
Comeredes toda ave limpa.
12
E estas son as aves das que non comeredes: a aguia, o voitre barbado, a aguia mariña,
13
o crebaosos, o miñato e ningún dos falcónidos,
14
e ningún dos córvidos,
15
a avestruz, a curuxa, a gaivota e o falcón,
16
o moucho, o ibis e o cisne,
17
o pelícano, a grúa, o corvo do mar,
18
a cegoña e calquera tipo de garza, a bubela e o morcego.
19
Todo insecto alado será inmundo para vós; non se comerá.
20
Comeredes toda ave limpa.
21
Non comeredes ningún corpo apodrentado. Poderasllo dar ao estranxeiro que está nas túas cidades, e el poderá comelo, ou véndello a un estranxeiro, porque ti es un pobo santo para Iahveh o teu Deus. Non cocerás o cabrito no leite da súa nai.
22
Fielmente darás o décimo de todo o produto da túa sementeira e todo o que produce o teu campo cada ano.
23
No lugar que El escolla para que habite alí o seu nome, comerás o décimo do teu gran, do teu viño e do teu aceite, e das primicias do teu gando e do teu rabaño, para que aprendas a temer a Iahveh o teu Deus todos os días.
24
Pero se o camiño é moi longo par ti, de xeito que non o podes levar por mor de estra lonxe do lugar onde Iahveh o teu Desu escolla para que habite alí o seu nome, cando Iahveh o teu Desu te bendiga,
25
entón cambiaralo por cartos, e collerás os cartos e levaralos ao lugar que Iahveh o teu Deus escolla.
26
E poderás empregar os cartos en todo canto desexe a túa alma: en bois, en ovellas, en viño ou bebidas fermentadas e en todo canto che apeteza. E alí comerás diante de Iahveh o teu Deus, e alegraraste ti e maila túa casa.
27
Non desampararás o levita que viva nas túas cidades, porque el non ten parte nin herdanza contigo
28
Ao final de cada tres ano, apartarás o décimo de todos os teus produtos daquel ano e gardarédelos dentro das túas portas;
29
e virá o levita que non ten parte nin herdanza contigo, e o estranxeiro, o orfo e a viúva que vive nas túas cidades, e comerán a fartar, para que Iahveh o teu Deus te bendiga en toda obra que fagas coa túa man.