1
Estes son os decretos e os estatutos que teredes coidado de cumprir na terra que Iahveh, o Deus de teus pais che deu para que a posúas todos os días que vivas sobre a terra.
2
Destruiredes por completo tódolos lugares onde as nacións que vós estades desposuíndo adoran os seus deuses: nos cumios das montañas, sobre os outeiros e debaixo de toda árbore frondosa.
3
Derrubaredes os seus altares e esnaquizaredes as súas estelas, queimaredes a lume as súas imaxes de Asera e destruiredes as imaxes dos seus ídolos. Extirparedes así os seus nomes daquel lugar.
4
Non faredes así con Iahveh o voso Deus,
56
senón que o lugar que Iahveh o voso Deus escolla de entre todas as vosas tribos para poñer o seu nome e facer morada, ese procuraredes, e alí iredes. E traeredes alí os vosos holocaustos, os vosos sacrificios, a décima parte do voso, a contribución das vosas mans, as vosas ofrendas votivas, as vosas ofrendas voluntarias, e os primoxénitos dos vosos gandos e dos vosos rabaños.
7
E habedes comer alí na presenza de Iahveh o voso Deus coas vosas familias e alegrarédesvos de todo o voso traballo no que Iahveh o teu Deus te teña bendicido.
8
Non habedes facer así como nosoutros estamos a facer hoxe; que cadaquén faga como ben lle pareza,
9
pois ata o de agora aínda non chegastes ao descanso e á herdanza que Iahveh o teu Deus che dá.
10
Pero cando pasedes o Xordán e vos asentedes na terra que Iahveh vos fai herdar, e El vos dea repouso de todos os inimigos arredor de vós, e vivades con seguridade,
11
entón acontecerá que levaredes ao lugar que Iahveh o voso Deus escolla para morada do seu nome todo canto eu vos mando: os vosos holocaustos, os vosos sacrificios, os vosos décimos e a ofrenda da vosa man e as promesas que elixistes facer a Iahveh.
12
E alegrarédesvos en Iahveh o voso Deus, vós, vosos fillos e vosas fillas, os vosos servos e as vosas servas e o levita que estea nas vosas cidades, xa que non ten herdanza entre vós.
13
Ten conta de non ofreceres os teus holocaustos en calquera sitio que vexas;
14
senón que alí donde Uahveh escolla nunha das túas tribos, alí será que ofrecerás os teus holocaustos, e alí farás todo canto eu che mando.
15
No entanto, poderás matar e comer carne onde sexa que vivas e segundo o teu desexo, como a bendición que Iahveh o teu Deus che dá. Poderá comer dela tanto o impuro coma o limpo, así sexa gacela ou cervo.
16
Só que non comeredes o sangue, verterédelo como a auga sobre a terra.
17
Tampouco poderás comer dentro das túas cidades o décimo do teu gran, ou do teu viño ou do teu aceite, nin as prim icias do teu gando ou do teu rabaño, nin ofrendas votivas que teñas prometido, nin as túas ofrendas voluntarias, nin as ofrendas das túas mans,
18
senón que o comerás diante de Iahveh o teu Deus no sitio que Iahveh teu Deus escolla, ti, teu fillo e túa filla, o teu servo e a túa serva, e o levita das túas cidades; e alegraraste diante de Iahveh o teu Deus por todo canto presentes da túa man.
19
Ten conta de non desamparares o levita mentres vivas na túa terra.
20
Cando Iahveh o teu Deus ensanche as túas fronteiras así como che prometeu e digas: "Vou comer carne" porque tes desexo de comer carne, daquela poderás comer toda canta carne queiras.
21
Se está lonxe de ti o lugar que Iahveh o teu Deus escolla para que habite alí o seu nome, entón sacrificarás do teu gando e do teu rabaño que Iahveh che deu, como eu che mandei, e dentro das túas cidades poderás comer tanto como a túa alma desexe.
22
Comerala como son comidos a gacela ou cervo. poderán comela tanto o impuro coma o limpo.
23
Só ten conta de ser firme en non comeres o sangue, porque o sangue é a vida, e non has comer a vida coa carne.
24
Non o comerás; verteralo como a auga sobra a terra.
25
Non o comerás, para que che vaia ben a ti, e a teus fillos despois de ti, cando terás feito o correcto aos ollos de Iahveh.
2627
Pero as cousas consagradas, que che pertenzan, as túas ofrendas votivas, colleralas e irás ao lugar que Iahveh escolla. Alí ofrecerás os teus holocaustos, a carne e o sangue, sobre o altar de Iahveh teu Deus; o sangue dos teus outros sacrificios será vertido sobre o altar de Iahveh teu Deus, pero poderás comer a carne.
28
Garda e obedece estas palabras que Eu che mando, para que che vaia ben a ti e máis a teus fillos despois de ti para sempre, pois terás feito o bo e o recto diante dos ollos de Iahveh teu Deus.
2930
Cando Iahveh teu Deus destrúa diante de ti ás nacións a onde ti vas para desposuílas e as desposúas, e vivas na súa terra, aínda despois de ter sido destruídas diante de ti, ten conta de non tropezares e ires detrás deles e de non pescudar sobre os seus deuses dicindo: "Como será que estes adoraban os seus deuses, para facer eu igual?"
31
Non farás así a Iahveh teu Deus, pois eles fixeron cos seus deuses todo canto aborrece Iahveh, porque mesmo queiman a seus fillos e fillas no lume para os seus deuses.
32
Coidaredes de cumprir con todas estas cuestións que eu vos mando. Non lle poñas nin lle quites.