1
E viñeron os homes de Quiriat-jearim, colleron a arca do Señor e leváronna para a casa de Abiadab no outeiro. E consagraron ao seu fillo Eleazar para que gardase a arca do Señor.
2
Pasou moito tempo, vinte anos, desde que o día en que a arca quedou en Quiriat-Iearim. E Toda a casa de Israel estrañaba ao Señor.
3
Entón Samuel falou a toda a casa de Israel dicindo: Se tornades al Señor con todo o voso corazón, botade de entre vós os deuses alleos e as Astorets e volvede os vosos corazóns ao Señor e servídeo só a El, e El vos librará da man dos filisteos.
4
Os fillos de Israel quitaron os baales e as Astorets e serviron só ao Señor.
5
Samuel dixo: Reunide en Mizpa a todo Israel e eu orarei ao Señor por vós.
6
E se reuniron en Mizpa, sacaron auga e vertéronna diante do Señor. Xaxuaron aquel día e dixeron alí: Pecamos contra o Señor. E Samuel xulgou aos fillos de Israel en Mizpa.
7
Cando os filisteos escoitaron que os fillos de Israel se xuntaran en Mizpa, os principes dos filisteos subiron contra Israel. Cando escoitaron isto, os fillos de Israel tiveron medo dos filisteos.
8
Entón os fillos de Israel lle dixeron a Samuel: Non deixes de clamar ao Señor noso Deus por nós, para que El nos libre da man dos filisteos.
9
Samuel colleu un año de leite e ofreceullo ao Señor en holocausto. E Samuel clamou ao Señor por Israel e o Señor lle respondeu.
10
Mentres Samuel estaba ofrecendo o holocausto, os filisteos se achegaron para pelexar con Israel. Mais o Señor mandou un trono tal aquel día contra os filisteos que os confundiu e foron derrotados diante de Israel.
11
Os homes de Israel sairon de Mizpa perseguindo aos filisteos, feríndoos ata máis alá de Bet-car.
12
Despois Samuel colleu unha pedra e colocouna entre Mizpa e Sen, e chamouna Eben-Ezer, dicindo: Ata aquí nos axudou o Señor.
13
Os filisteos foron sometidos e non volveron máis dentro das lindes de Israel. E a man do Señor estivo contra dos filisteos toda a vida de Samuel.
14
As cidades que os filisteos colleran a Israel, foronlles devoltas, desde Ecrón ata Gad, e Israel liberou o seu territorio da man dos filisteos. E houbo paz entre Israel e os amorreos.
15
Samuel xulgou en Israel todos os días da súa vida.
16
Todos os anos facía un percorrido por Betel, Gilgal e Mizpa e xulgaba a Israel en todos estes lugares.
17
Despois volvía a Ramá, xa que alí estaba a súa casa, e alí xulgaba a Israel. E edificou un altar ao Señor.