1
Cando Samuel era vello, nomeou aos seu fillos xuices de Israel.
2
O nome do seu primoxénito era Xoel, e o nome do segundo Abías, eran xuices en Beerseba.
3
Mais os seus fillos non andiveron polos mesmos camiños que el, senon que se desviaron tras das gañancias deshonestas, aceptaron regalos e pervertiron o dereito.
4
Daquela se xuntaron todos os anciáns de Israel e foron onda a Samuel a Ramah
5
e lle dixeron: Velaí que envelleciches e os teus fillos non andan nos teus camiños. Dános un rei como todas as nacións para que nos xulgue.
6
Mais a palabra non foi agradable diante de Samuel: dános un rei para que nos xulgue. E Samuel orou ao Señor.
7
E o Señor lle dixo a Samuel: Atende a voz do pobo en todo o que che pidan, xa que non te reseitaron a ti, senon a min para que non sexa rei sobre eles.
8
Agora compórtanse igual que cando os fixen sair da terra de Exipto, abandonándome e servindo a outros deuses, así está a facer agora contigo.
9
Agora escoita a súa voz. Mais os advertirás e lles farás saber o proceder do rei que governará sobre eles.
10
Entón Samuel dixo todas as palabras do Señor para o pobo que pedira rei.
11
E dixo: así será o xeito de gobernar do rei que reinará sobre vós. Tomará aos vosos fillos, poráos ao seu servizo nos seus carros e entre a cabaleiría e correrán diante dos carros.
12
Nomeará para o seu servizo comandantes de mil e de cincuenta e a outros para labrar os seu campos e as súas colleitas e outros a facer as súas armas de guerra e equipos para os seus carros de guerra.