Capítulo 6

1 A arca de Iahveh estivo sete meses en terra dos filisteos. 2 Entón os filisteos chamaron aos sacerdotes e aos adiviños, dicindo: Que faremos coa arca de Iahveh? Decídenos como a devolveremos ao seu lugar 3 E dixéronlles: Se enviades a arca do Deus de Israel, non a enviaredes valeira, senon que a devolveredes cunha ofrenda expiatoria. Entón seredes sandados e saberedes que a súa man non se apartou de vós. 4 E os filisteos perguntaron: que ofrenda expiatoria lle podemos devolver? e eles dixeron: cinco tumores de ouro e cinco ratos de ouro tantos como o número dos principes filisteos, porque a mesma praga estivo tanto sobre vós como cobre os vosos principes. 5 Entón, faredes imaxe dos vosos tumores e imaxe dos ratos que estragaron a vosa terra e daredes a gloria ao Deus de Israel, quizais así El alixeire a súa man sobre vós, sobre os vosos deuses e sobre a vosa terra. 6 Por que endureceredes os vosos corazóns, como endureceron os seus corazóns os exipcios e o faraón? Cando El os tratou con dureza, non deixaron ir ao pobo e marcharon? 7 Agora pois, tomade e preparade un carro novo e dúas vacas con crías as cales nunca foron xunguidas. Xunguide as vacas ao carro e levade os cuxos a casa, lonxe delas. 8 E collede a arca de Iahveh e colocádea no carro e poñede ao carón da caixana caixa os obxetos de ouro que lles daredes como ofrenda de expiación. Despois, deixádea ir e que marche. 9 Observade: se sube polo camiño dos seu territorios a Bet-semes, entón saberemos que non foi a súa manque nos feriu, senon que nos sucedeu por casualidade. 10 Entón os homes fixeron así. Colleron dúas vacas con crías, xunguíronnas ao carro e pecharon aos seus cuxos na corte. 11 Colocaron a arca de Iahveh no carro e a caixa cos ratos de ouro e a figura dos seus tumores. 12 E as vacas colleron o camiño dereito cara Bet-semes. Ían polo camiño bruando mentres andaban e non se desviaron nen a dereita nen a esquerda. Os principes filisteos as seuguiron ata o linde de Bet-semes. 13 A xente de Bet-semes esta a segar o trigo no val, levantaron os ollos e viron a arca e se alegraron de véla. 14 O carro chegou ao campo de Xosué, o bet-semita, e parou onda unha grande pedra. Eles partiron a madeira do carro e ofreceron as vacas en holocausto ao Iahveh. 15 Os levitas baixaron a arca de Iahveh e a caixa que estaba con ela, na que estaban os obxetos de ouro e as colocaron sobre unha grande pedra e os homes de Bet-semes ofreceron holocaoustos ao Iahveh naquel día. 16 Cando os cinco príncipes filisteos viron isto, volveron ese mesmo día para Ecrón. 17 Estes son os tumores de ouro que os filisteos entregaron coma ofrenda de expiación ao Señor: un por Asdod, un por Gaza, un por Ascalón, un por Gat e un por Ecrón. 18 E os ratos de ouro correspondían a todas as cidades dos filisteos as que pertencían aos cinco principes, tanto de cidades fortificadas como de aldeas sen muralla. A grande pedra sobre a que colocaron a arca do Señor, ainda hoxe é testemuña no eido de Xosué o bet-semita. 19 O Señor feriu aos homes de Bet-semes porque miraron dentro da arca do Señor. Castigou a cincuenta mil setenta homes de todo o pobo e a xente chorou porque o Señor ferira ao pobo con grande mortandade. 20 Os homes de Bet-semes dixeron: Quen pode estar diante do Señor, Deus Santo? Quen subirá alonxandose de nós? 21 E enviaron mensaxeiros aos habitantes de Quiriat-jearim, dicindo: Os filisteos devolveron a arca do Señor, baixade e subídea con vós