Capítulo 5

1 Cando os filisteos capturaron a arca de IHVH, leváronna de Eben-Ezer a Asdod. 2 E os filisteos colleron a arca de IHVH e metéronna no templo de Dagón e puxéronna xunto a Dagón. 3 Ao día seguinte, cando se ergueron as xentes de Asdod, velaí que Dagón estaba prostrado por terra diante da arca de IHVH e colleron a Dagón e o puxeron no seu sitio. 4 Ao dia seguinte, erguéronse de novo, velaí que Dagón caera prostrado polo chan diante da arca de IHVH, e a cabeza e as mans de Dagón estaban cortadas no limiar, quedándolle só o tronco a Dagón. 5 Por iso ata hoxe os sacerdotes de Dagón e todos os que entran no seu templo non pisan o limiar de Dagón en Asdod. 6 E a man de IHVH se agravou sobre Asdod e destruíunos e feriunos con tumores, tanto en Asdod como nos seus territorios. 7 Cando os homes de Asdod viron o que pasaba, dixeron: A arca de IHVH non debe de quedar entre nós, xa que a súa man é dura sobre nós e sobre o noso deus Dagón. 8 Entón, enviaron e convocaron a todos os principes filisteos e dixeron: Que imos facer coa arca do Deus de Israel? E eles responderon: Que a arca do Deus de Israel se traslade a Gat. E trasladaron a arca do Deus de Israel. 9 Ocurriu que cando a trasladaran, houbo grande confusión xa que a man de IHVH caeu contra da cidade; feriu con tumores aos homes da cidade desde o menor ao maior. 10 Entón enviaron a arca de IHVH a Ecrón. Sucedeu que cando a arca de IHVH chegou a Ecrón, os ecronitas clamaron dicindo: Traeron a arca do Deus de Israel ata nós para matarnos a nós e ao noso pobo. 11 Entón, enviaron e reuniron a todos os principes dos filisteos e dixeron: Sacade de aquí a arca do Deus de Israel e que volva para o seu lugar, de xeito que non nos mate a nós e ao noso pobo. Porque había un medo mortal por toda a cidade. A man de Deus fora moi pesada alí. 12 E os homes que non morreron, foron feridos con tumores e o clamor da cidade subiu ata o ceo.