1 Samuel 4

1 A palabra de Samuel chegaba a todo Israel. Cando Israel saiu para enfrentarse aos filisteos, acampou en Ebenezer, mentres que os filisteos acamparan en Afec. 2 Os filisteos se puxeron en orde de combate para enfrentarse a Israel. Entablada a batalla, Israel foi derrotado diante dos filisteos, quen mataron como a catro mil homes no campo de batalla. 3 Cando a tropa volveu ao campamento, os anciáns de Israel dixeron: Por que o Señor nos fixo perder diante dos filisteos? Collamos con nós en Silo a arca da alianza de IHVH para que vaia no meio de nós e nos libre do poder dos nosos inimigos. 4 Entón o pobo mandou xente a Silo e trouxero de alí a arca da alianza de IHVH dos exércitos que está enriba dos querubíns. Os dous fillos de Elí, Ofni e Finees, estaba coa arca da alianza de Deus. 5 Cando a arca da alianza entrou no campamento, todo Israel berrou tan forte que tremou a terra. 6 Ao escoitar os filisteos o berro, dixeron: Qué é ese grande berro no campamento dos hebreos?. Entón entenderon que a arca do Señor chegara ao campamento. 7 Os filisteos tiveron medo e dixeron: Deus entrou no campamento. E engadiron: Ai, de nós! Porque non acontecera nada como isto antes. 8 Ai, de nós! Quen nos librará da man destes deuses poderosos? Estes son os deuses que feriron aos exipcios no deserto con todas as pragas. 9 Tende ánimo e sede homes, oh, filisteos, para que non cheguedes a ser escravos dos hebreos coma eles foran escravos vosos. Sede homes e pelexade. 10 Os filisteos pelexaron, Israel foi derrotado e cada quen fuxiu para a súa tenda. A matanza foi moi grande, xa que caeron trinta mil soldados de infanteria de Israel. 11 A arca de Deus foi capturada e morreron Ofni e Finees, os dous fillos de Elí. 12 Un home da tribo de Benxamín correu desde o campo de batalla e chegou a Silo no mesmo día coas vestiduras rachadas e ca cabeza cuberta de po. 13 Cando chegou, Elí estaba sentado na súa cadeira xunto ao camiño, porque o seu corazón tremaba pola arca de Deus. Cando o home chegou coa nova à cidade, toda a cidade berraba. 14 E ao escoitar Elí o ruido dos berros dixo: Que é este rebumbio? Entón o home achegouse correndo e lle deu a nova. 15 Elí tiña noventa e oito anos, e os seu ollos cegaran e non podía ver. 16 O home lle dixo a Elí: Eu son o que veu do campo de batalla. Fuxín hoxe da batalla. Elí perguntou: Como foron as cousas, meu fillo? 17 O que trouxo a nova respondeu: Israel fixiu diante dos filisteos, ademais houbo grande matanza entre o pobo, tamén morreron os teus dous fillos Ofni e Finees e a arca de IHVH foi capturada. 18 Cando mencionou a arca de IHVH, Elí caeu do seu asento cara atrás, xunta a porta, rompeu a caluga e morreu, xa que era un home maior e pesaba moito. Elí xulgara en Israel por coarenta anos. 19 A súa nora, a muller de Finees, estaba embarazada e xa a punto de parir, ao escoitar a nova de que a arca de Deus fora capturada e que o seu sogro e o seu home morreran, axeonllouse e deu a luz, porque lle viñeron as dores de parto. 20 Ao momento en que morria, as mulleres que estaban con ela lle dixeron: Non temas, porque pariches un fillo. Mais ela non respondeu nen puxo atención. 21 Mais chamou ao neno Icabod e dixo: Marchou a glroria de Israel, por ter sido capturada a arca de Deus e pola morte do seu sogro e do seu home. 22 Ela dixo: Marchou a gloria de Israel porque a arca de Deus foi capturada.