1
O neno*Samuel de rapza* Samuel ministraba para o Señor na presenza de Elí. A palabra do Señor era escasa naqueles días e non abundaban as visións.
2
Un día, estando Elí deitado no sitio de costume (os seus ollos comenzaban a oscurecerse e non podía ver ben),
3
cando a lámpada de Deus aínda non se apagara e Samuel estaba deitado no templo do Señor preto da arca de Deus,
4
o Señor chamou a Samuel e el repondeu:"Estou aquí".
5
Entón correu cara Elí e lle dixo: Aquí estou, xa que me chamaches. Mais Elí respondeu: Non te chamei, volve a deitarte. E el deitouse.
6
O Señor volveu a chamalo*volveuno a chamar*: Samuel!. E Samuel ergueuse, foi cara a Elí e díxolle: Aquí estou, xa que me chamaches". Elí respondeu: Non te chamei, meu fillo, volve a deitarte.
7
Samuel aínda non coñecía a Iahveh*Señor*, nin se lle revelara aínda a palabra de Iahveh.
8
O Señor volveu a chamar a Samuel por terceira vez. E el ergueuse, foi cara Elí e lle dixo: Aquí estou, xa que me chamaches. Entón Elí entendeu que o Señor estaba chamando ao*polo* rapaz.
9
E díxolle Elí a Samuel: Vai e déitate, e se El te chama, dirás: Fala, Señor, que o teu servo escoita. E Samuel foi e deitouse no cuarto.
10
Entón Iahveh presentouse e o chamou como nas outras ocasións: Samuel, Samuel! E Samuel repondeu: Fala que o teu servo escoita.
11
E Iahve díxolle a Samuel: Estou por facer en Israel unha cousa que fará tremer os ouvidos dos que oian.
12
Ese día cumprirei en Elí todo o que dixen sobre a súa casa, desde o principio ata o fin.
13
Porque lle fixen saber que estou ao punto*a piques* de xulgar a súa casa para sempre por causa do pecado que el xa coñecía, porque os seus fillos trouxeron sobre si unha maldición e el non os reprendeu.
14
Polo tanto xurei á casa de Elí que o seu pecado non será expiado xamais, nin con sacrificios nin con ofrendas.
15
Samuel deitouse ata pola mañá. Entón abriu as portas da casa de Iahveh. Mais Samuel tiña temor de lle contar a visión a Elí.
16
Así que Elí chamou a Samuel e lle dixo: Samuel, meu fillo. Aquí estou, respondeu Samuel.
17
Elí dixo: Que palabra El che falou? Rógoche que non ma ocultes. Así che faga Iahveh e aínda máis se me ocultas algo de todas as palabras que El che falou.
18
Entón Samuel contoullo todo, sen ocultarlle nada. E Elí dixo: El é Iahveh, que faga o que*mellor* lle pareza.
19
Samuel creceu e Iahveh estaba con el. Non deixou sen cumprir ningunha das súas palabras.
20
E todo Israel desde Dan ata Beerseba soubo que Samuel fora confirmado como profeta de Iahveh.
21
E Iahveh volveu a aparecer en Silo, pois era alí onde se revelaba pola súa palabra a Samuel.