1
Entón Ana orou e dixo: O meu corazón alégrase no Señor, a miña fortaleza exáltase no Señor, a miña boca fala sen medo contra os meus inimigos, xa que me alegro na túa salvación.
2
Non hai ninguén máis santo que o Señor, non hai outro fóra de ti, nin rocha coma o noso Deus.
3
Non presumades con tanto orgullo, nin saia arrogancia da vosa boca, porque o Señor é Deus de sabedoría e El é quen pesa as accións.
4
Os arcos dos fortes son quebrados, mais os débiles cínguense de poder.
5
Os fartos contrátanse por pan e deixan de ter fame os famentos. Aínda a estéril pare sete fillos e a que ten moitos desfalece.
6
O Señor dá a morte e dá a vida, fai baixar ao Seol e fai subir.
7
O Señor empobrece e enriquece, humilla e tamén exalta.
8
Ergue do pó o pobre, levanta da esterqueira o necesitado para que sente cos príncipes e herde un sitio de honor, xa que as columnas da terra son do Señor e sobre elas asentou o mundo.
9
El garda os pés dos seus amigos, mais silencia os malvados nas tebras, xa que o home non se impón pola forza.
10
Os que se enfrentan ao Señor serán abatidos, El tronará desde os ceos contra deles. O Señor xulgará os confíns da terra, dará vigor ao seu rei, e afirmará o poder do seu unxido.
11
Despois Elcana volveu a Ramá, a súa casa, e o neno Samuel quedou ao servizo do Señor na presenza do sacerdote Elí.
12
Mais os fillos de Elí eran homes indignos. Non coñecían o Señor
13
nin os costumes dos sacerdotes para co pobo. Cando alguén ofrecía sacrificio, mentres se cocía a carne, viña o criado do sacerdote cun garfo de tres dentes na man,
14
metíao na cazola, na pota, na caldeira ou no caldeiro e todo o que o garfo sacaba, collíao para o sacerdote. E así facían en Silo con todos os israelitas que ían ata alí.
15
Ademais antes de queimar a graxa, viña o criado do sacerdote e dicíalle ao home que ofrecía o sacrificio: "Dálle ao sacerdote a carne para asar, pois non acepta a carne cocida, senón carne crúa.
16
E se o home lle dicía: "Primeiro hai que queimar a graxa e despois toma todo o que queiras". El respondíalle: "Non, dáma a min agora, senón collereina pola forza".
17
O pecado destes mozos era moi grande ante o Señor, porque menosprezaban as ofrendas do Señor.
18
Samuel, ainda neno, ministraba diante do Señor con roupa sacerdotal
(n.d.t.: no orixinal "efod")
de liño.
19
Súa nai facíalle unha túnica pequena cada ano, e traíalla cando subía co seu home para o sacrificio anual.
20
Eli bendicía a Elcana e á súa muller e dicía: "Que Deus che dea fillos desta muller no lugar do que ela ofreceu ao Señor". E volvían para a súa casa.
21
O Señor visitou a Ana, que concibiu e pariu tres fillos e dúas fillas. E Samuel crecía*medraba* diante do Señor.
22
Sendo Elí xa moi ancián, escoitou todo o que os seus fillos estaban facendo a todo Israel, como se deitaban coas mulleres que servían á entrada da tenda de reunión
23
e preguntoulles: "Por que facedes estas cousas? Cousas malas que escoito falar a todo o pobo".
24
Non, fillos, non é bo o rumor que escoitei, pois afastades o pobo do Señor.
25
Se un home peca contra outro, Deus mediará por el. Mais se un home peca contra o Señor, quen intercederá por el? Mais eles non escoitaron as palabras do seu pai, porque o Señor xa decidira que morreran.
26
E o xove*mozo* Samuel ía crecendo*medrando* en estatura e en graza diante do Señor e diante dos homes.
27
Un home chegou onda Elí e díxolle: "Así di o Señor: Non me revelei á casa do teu pai cando eles eran escravos en Exipto na casa de Faraón?
28
Non vos escollín de entre todas as tribos de Israel para ser os meus sacerdotes, para subir ao meu altar, para queimar incenso, para levar efod diante de min? Deille á casa do teu pai todas as ofrendas encendidas polos fillos de Israel.
29
Por que pisades os meus sacrificios e as miñas ofrendas que demandei para a miña casa e honras aos teus fillos máis que a min, engordándovos co mellor de cada ofrenda do meu pobo Israel?
30
Por tanto, o Señor, Deus de Israel, declara: "Eu dixéralle á túa familia e a familia do teu pai que andariades diante de min para sempre". Mais agora o Señor di: "Lonxe de min todo isto, porque eu honrarei aos que me honran e os que me desprezan serán tidos en pouco.
31
Polo tanto, veñen días nos que quitarei a túa forza e a forza da casa do teu pai, e non haberá ancián na túa casa.
32
Verás con angustia todo o ben que lle fago a Israel, mais nunca haberá vello*ancián* na túa casa.
33
Non cortarei do meu altar a algún dos teus, para consumir os teus ollos e facer esmorecer a túa alma, todos os nacidos na túa casa morrerán na forza da vida.
34
En canto os teus dous fillos, Ofni e Finees, este será o sinal para ti: os dous morrerán o mesmo día.
35
Mais levantarei para min un sacedorte fiel que fará conforme os desexos do meu corazón e da miña alma. E levantarei unha casa duradeira e el andará diante de meu unxido.
36
E todo o que quede vivo da túa casa, virá e se prostrará diante del por unha moeda de prata ou por unha torta de pan e diralle: Dáme un dos traballos sacerdotais para que poida comer un anaco de pan.