Capítulo 3

1 Asimesmo, vós, mullerres, sometédevos aos vosos maridos, de maneira que se algún deles é desobediente á palabra, poida ser gañado sen palabra algunha pola vosa conducta 2 ao ver a vosa conducta casta e respetuosa 3 E que os vosos adornos non sexan externos: peiteados ostentosos, xoias de ouro ou vestidos luxosos, 4 senon que sexa o interno, cun adorno incorruptible dun espirito pacífico e sereno, o que é precioso diante de Deus 5 Porque así tamén se adornaban noutro tempo as santas mulleres que esperaban en Deus, suxeitas aos seus homes. 6 Así obedeceu Sara a Abraham, chamándoo señor, e si facedes o ben e non estades asustadas por ningún medo, vós chegastes a ser fillas dela. 7 E vós, maridos, de igual maneira, convivide coas vosas mulleres con compresión, como cun vaso máis fráxil, xa que é muller, dándolle honra como a coherdeira do regalo da vida, para que as vosas oracións non sexan estorbadas 8 En fin, sede todos dun mesmo sentir, compasivos, fraternais, misericordiosos e de espírito humilde; 9 non pagando mal por mal, ou insulto por insulto, senon máis ben bendecindo, porque fostes chamados co propósito de herdar bendicion 10 O QUE QUEIRA AMAR A VIDA E VER DÍAS BONS, RETEÑA A SUA LINGUA DO MAL E OS SEU BEIZOS NON FALEN MENTIRAS. 11 AFÁSTESE DO MAL E FAGA O BEN; PROCURE A PAZ E SÍGAA. 12 PORQUE OS OLLOS DO SEÑOR ESTÁN SOBRE OS XUSTOS, E OS SEUS OUVIDOS ATENTOS AS SUAS ORACIONS; MAIS O ROSTRO DO SEÑOR ESTÁ NA CONTRA DOS QUE FAN O MAL. 13 14 Quen vos poderá facer mal se amosades celo polo bo? Mais sodes benaventurados ainda que que sufrísedes por causa da xustiza. E NON TEÑADES TEMOR DELES NEN VOS TURBEDES. 15 senon santificade a Cristo coma o Señor dos vosos corazóns, estando sempre preparados para presentar defensa ante todo o que vos pida razón da esperanza que hai en vós, 16 mais facédeo con mansedume e respeto; tendo boa conciencia, para que naquilo que sodes calumniados, sexan avergoñados os que difaman a vosa boa conducta en Cristo. 17 Xa que é mellor padecer por facer o ben, se así é a vontade de Deus, que por facer o mal. 18 Porque tamén Cristo morreu polos pecados unha soa vez para levarnos a Deus, o xusto polos inxustos, morto na carne mais vivificado no espírito; 19 o que tamén foi e pregou aos espíritos encarcelados, 20 quen noutro tempo foran desobedientes, cando Deus agardaba con paciencia nos dias de Noé durante a construcción da arca, na que uns poucos, isto é oito persoas, foron salvadas polas augas. 21 E como simbolo disto, o bautismo que agora vos salva (non quitando a suciedade do corpo, senon como unha petición a Deus dunha boa conciencia) pola resirección de Xesús Cristo, 22 quen está a dereita de Deus, subiu ao ceo despois de que se lle someteran anxos, autoridades e potestades.