1
Xa que Cristo padeceu na carne, armádevos vós tamén do mesmo propósito, pois quen padeceu na carne terminou co pecado, para
2
vivir o tempo que lle queda na carne, xa non para os desexos humanos, senon para a vontade de Deus.
3
Porque o tempo pasado xa foi suficiente para ter feito o que agrada aos xentís, tendo andado en sensualidade, luxurias, borracheiras, orxías, esmorgas e idolatría abominable.
4
E así lles extrana que non andedes con eles no mesmo desenfreno de vicios, e vos insultan;
5
mais eles darán conta naquel día que está preparado para xulgar aos vivos e aos mortos.
6
Porque con este fin foi predicado o evanxeo aínda aos mortos, para que aínda que sexan xulgados na carne como homes, vivan no espírito conforme a vontade de Deus.
7
Mais o fin de todas as cousas está perto; sede pois prudentes e de espírito sobrio para a oración.
8
Sobre todas as cousas, sede ferventes no voso amor os uns polos outros, xa que o amor cubre multitude de pecados.
9
Sede hospitalarios os uns para os outros, sen murmurar.
10
Como cada un de vós recibiu un don especial, úseo servindo os uns aos outros como bons administradores da multiforme graza inmerecida de Deus.
11
O que fala, que fale conforme a palabra de Deus; o que sirve, que o faga pola fortaleza que da Deus, para que en todo Deus sexa glorificado mediante Xesús Cristo, a quen pertence a gloria e o poder polos séculos dos séculos. Amén.
12
Amados, non vos sorprendades polo lume da proba que saiu de en medio de vós para probarvos, como se algunha cousa rara estives acontecendo;
13
mais ben, na medida en que compartides os padecementos de Cristo, alegrádevos, para que tamén na revelación da sua gloria vos alegredes moito.
14
Se vos aldraxan polo nome de Cristo, benaventurados sodes, pois o espírito da gloria e de Deus repousa en vós. Certamente, por eles El é blasfemado, mais por vós é glorificado.
15
Que de ningún xeito sufra algún de vós como asasino, ou ladrón, ou malfeitor, ou por entremetido.
16
Mais se algún sofre como cristián, que non tse avergoñe, senon que, como tal, glorifique a Deus.
17
Porque é tempo de que o xuizo comece pola casa de Deus; e se comeza primeiro por nós, cal será o fin dos que non obedecen o evanxeo de Deus?
18
E SI O XUSTO SE SALVA CON DIFICULTADE, QUE SERÁ DO IMPIO E DO PECADOR?
19
Por conseguinte, os que sofren conforme á vontade de Deus, encomenden as suas almas ao Creador, facendo o ben.